O Concello de Betanzos, en sesión plenaria realizada o pasado 1 de outubro de 1998, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da unidade de execución integral número catorce. Promotor: Construcciones Dovfra, S.L.
O que se fai público para a súa executividade, sinalándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá presentarse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do seguinte ó desta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere oportuno.
Betanzos, 23 de outubro de 1998.
Manuel Lagares Pérez
Alcalde-presidente
10987