Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 03 de decembro de 1998 Páx. 13.020

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Universidades, pola que se fan públicas as listas de aspirantes admitidos e excluídos, por documentación, nas bolsas para alumnos que cursen estudios de primeiro ou segundo ciclo nas universidades galegas no curso 1998-1999, complementarias ás bolsas e axudas ó estudio de carácter xeral do MEC.

Por Orde do 17 de setembro de 1998 (DOG nº 206, do 23 de outubro) convócanse bolsas para alumnos que cursen estudios de primeiro ou segundo ciclo nas universidades galegas no curso 1998-1999, complementarias ás bolsas e axudas de carácter xeral do Ministerio de Educación e Cultura (Orde do 30 de xuño, BOE do 22-7-1997), establecéndose que os servicios da Dirección Xeral de Universidades, comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na citada orde, e publicará unha resolución no DOG, indicando os lugares onde estarán expostas as listas de admitidos e excluídos, por documentación, sinalando, se é o caso, as causas da exclusión.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a relación de solicitantes admitidos e excluídos, por documentación, das bolsas para alumnos que cursen estudios de primeiro ou segundo ciclo nas universidades galegas no curso 1998-1999, convocadas por Orde do 17 de setembro de 1998 (DOG do 23 de outubro), exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais e dos vicerrectorados de estudiantes das tres universidades de Galicia. Tamén se poderá acceder ás devanditas listas a través da páxina web da Xunta de Galicia (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral de Universidades, Servicio de Apoio e Orientación ós Estudiantes Universitarios).

Segundo.-Sinalar, de se-lo caso, a causa ou causas de exclusión.

Terceiro.-Outorgar un prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan formular perante a Dirección Xeral de Universidades as reclamacións que coiden oportunas.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1998.

José Eduardo López Pereira

Director xeral de Universidades

10864