Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 03 de decembro de 1998 Páx. 12.939

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 25 de novembro de 1998 pola que se establecen e regulan os plans e programas de actuacións, axudas e subvencións en favor dos galegos residentes no exterior, para o exercicio de 1999.

A vivencia común de tódolos galegos pertencentes á Galicia exterior, o crecente e fortalecido enlazamento que manteñen coa Galicia territorial e o prestixio acadado polas súas comunidades, centros e asociacións nos pobos e países nos que están inseridos, débese moi principalmente a un sinxelo afondamento do sentimento de galeguidade e ás actuacións dirixidas a prol das súas actividades.

Esa realidade, que tanta esperanza xera, xustifica e require non soamente mante-las accións executadas nos anos precedentes senón incrementalas e melloralas. Os progresos na colaboración entre as distintas comunidades galegas, o crecemento en comparti-la identidade común, máis alá das distancias e por riba de características particulares ou de condicionamentos xeográficos, e mesmo ese aumento no compromiso e na relación con Galicia e coas súas institucións propias, proban e expresan os logros dunha Galicia máis integrada e solidaria.

O conxunto das actividades que levan adiante as comunidades galegas segue tres pautas xerais: os plans e programas establecidos e regulados que elabora a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, as indicacións e rumbos suxeridos polo presidente da Xunta de Galicia e as iniciativas nadas nas inquedanzas que xorden no seo do Consello de Comunidades Galegas e nas propostas dos seus órganos permanentes.

Moitos dos programas, tanto por un interese espertado e sempre crecente, e pola participación da que son obxecto, adquiriron un enraizamento tan forte e tan fondo que hoxe en día xa son imprescindibles e esixen melloras e aumentos e non tan só unha continuidade. A evidencia da súa forza leva necesariamente cara a unha conveniente ampliación.

A pesar do custoso que é acadar unha avaliación da rendibilidade social, porque nunca deixan de ser accións dos homes, non se pode pasar por alto que os resultados dos programas desenvolvidos dependen moito do traballo, do entusiasmo e da xenerosidade dos membros de todas e de cada unha das comunidades, así como da capacidade operativa e organizativa dos seus dirixentes.

Unha certa atención ós resultados obtidos nalgúns programas salientables, abonda para afondar no convencemento da súa eficacia humana. Aquelas accións que se dirixen ás persoas de maiores idades e que veñen cumprir, nalgunha medida, un deber de solidariedade para con elas, agradecendo os seus esforzos e compensando ese permanente afervoamento pola terra, constitúen un dos máis claros sinais de acerto.

Convén neste sentido subliña-los froitos do moi enraizado e sonado programa Reencontros, por canto corresponde ó sentido encadeamento dos galegos de elevada idade e de longa e afastada ausencia coas súas orixes familiares e territoriais, facilitándolle-lo desprazamento temporal a Galicia, no que a revivencia dos recordos, dos pasados tempos, das relacións persoais, do redescubrimento de lugares gardados na memoria ou xa un pouco esvaídos, recuperan e avivan unha emoción alentadora e unha estimulación vital que son bo remedio para anos e ausencia.

As demandas de solicitudes para a participación nos Reencontros creceron nos últimos anos e, facilmente, pódese sospeitar, atendendo ós comentarios e conversas nos centros, que aínda se incrementarán polo atraente que para todos eles é o Ano Xacobeo

en Compostela, derradeiro deste século no que tivo lugar a súa emigración. E se eles xamais esqueceron lugares e paisaxes, xentes e tradicións, agora, nesta tan sinalada anualidade, crecen os desexos e as ilusións por viaxar á terra e visita-lo Apóstolo. Para satisfacer no posible esas ansias dos nosos maiores por achegarse a Santiago de Compostela, con certa excepcionalidade nos requisitos, prográmase un Reencontro Xacobeo 99 para o que se concederán axudas parciais de viaxe.

De xeito semellante senten os nosos maiores que residen noutras terras de España e nos países de Europa, porque tamén desexan apaixonadamente achegarse á súa terra. Para todos eles o programa «Vacacións para lembrar», tan ben acollido desde a súa implantación, é xerador dun sentimento crecente de identidade e de unión con Galicia. No seo dos centros e das súas comunidades, exercen un importante labor de testemuñas da realidade que atopan nas súas estadías e nas excursións que fan durante elas. E aínda máis, xunto cos outros membros das comunidades ás que pertencen, exercen como verdadeiros embaixadores e propagandistas de Galicia, das súas belezas e riquezas, dos seus atractivos, da súa monumentalidade e tradicións.

Ámbolos dous programas, que veñen achegando con periodicidade e continuidade ás persoas maiores da galeguidade ata Galicia neses temporais retornos que tan grandemente os reaniman e que revitalizan dalgunha maneira os seus corpos e os seus espíritos, terán unha cobertura máis ampla no presente ano, tanto por atender esa crecente demanda de prazas canto polo obxectivo de propiciárlle-la celebración xacobea que tanto devecen xa desde hai tempo.

A pervivencia da galeguidade, o mantemento das comunidades galegas no mundo, a continuidade e pulo dos seus quefaceres e a mesma e necesaria proxección de Galicia por parte dos galegos de sangue e de herdanza, depende moi esencialmente de tódalas actividades dirixidas a fomentar e favorece-la integración xeracional. A partir dalgunhas experiencias xa contrastadas, estudiadas e cuantificadas, é coñecido que os impactos e as impresións que nos mozos descendentes de galegos, cando dispoñen dun contacto directo e persoal con Galicia, teñen unha forza tal que non soamente abraian coa realidade descuberta senón que, ademais, comproban o que tantas veces escoitaron ós seus avós e marabíllanse ante as manifestacións dunha cultura antiga, duns costumes enraizados e dunha variedade envexable nas paisaxes.

O enriquecemento persoal que proporciona ós mozos ese intercambio de experiencias xuvenís, que teñen lugar nos campamentos que se celebran nos distintos albergues de Galicia, coa valiosa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, é un dos mellores medios para favorece-la identificación coa terra dos seus ascendentes. E, por outra banda, serven para unha amigable confrontación dos coñecementos, dos feitos vitais, das culturas propias e dos valores duns mozos que proceden de sociedades e de mundos culturais moi distintos e distantes.

Outras accións dirixidas á mocidade, como son as formativas, as culturais e deportivas, teñen unha máis doada avaliación que aquelas que inflúen nos sentimentos, xa que nelas é posible cotexar datos e cifras, cuantificar asistencias e aprecia-los resultados obtidos. Pero, aínda así, moitos dos graos da súa eficacia no persoal e no comunitario non poden medirse con facilidade nin coa exactitude requirida. Considerar números de alumnado, de profesorado e de cursos non abonda para decatarse do interese que uns e outros poñen en cada unha das súas actividades. Tampouco son suficientes para aprecia-la repercusión real na incorporación da mocidade ás tarefas colectivas dos centros nin para valora-la fondura do seu compromiso.

Tamén neste importante sector xuvenil da galeguidade, advertiuse, especialmente nos últimos anos, un forte afán por estar presente en Compostela e, en xeral, en Galicia, durante o singular evento do Xacobeo 99. Quizais por este motivo tamén creceu a cantidade de peticións para participar nos campamentos e noutras actividades que poidan desenvolverse en Galicia e, desde unha necesaria sensibilidade, a secretaría xeral procurará dar satisfacción a eses desexos dos mozos descendentes de galegos e pode ser exemplo desa atención a convocatoria dun campamento especial que, baixo o nome «Camiño de Santiago», se celebrará para os mozos do exterior e que terá tamén carácter de peregrinación.

Igualmente no eido deportivo celebrarase para as seleccións ou equipos deportivos dos centros galegos, federados nos respectivos países, a contenda polo trofeo da Xunta de Galicia denominado Xacobeo 99.

Un crecemento na preparación e nos niveis artísticos das agrupacións folclóricas dos centros, os éxitos que obtiveron en actuacións no propio seo da galeguidade e en actos públicos abertos ás sociedades nas que se achan, a continuada incorporación ós seus cadros de nenos e mozos, e a súa mesma contribución para unha mellor estima pola identidade galega por parte doutros pobos, están incidindo nun aumento de grupos artísticos e culturais e, por conseguinte, aumentando as esixencias de maiores respostas nas accións específicas. Outra razón, e non pequena, é que canto máis se favorezan esas actividades e afeccións moito maior será a vitalidade das comunidades. Para contribuír á súa promoción terá lugar, no presente ano, a Exposición de Artes Plásticas Xacobeo 99, como remate dos distintos certames para a Galicia exterior.

Desde a experiencia acumulada nos últimos tempos e desde un exame obxectivo dos resultados conseguidos, pódese afirmar con rotundidade que foron abondosos e acertados os fins propostos como eficaces e positivos. Unha realidade asociativa cada día máis sólida e máis sensible culturalmente vén favorecendo o coñecemento de Galicia e dos galegos, os símbolos culturais propios e os sinais claros do que é Galicia e mailos galegos.

Referendan con claridade ese xeral acerto as mesmas respostas dos centros e ese progresivo incremento da participación nas distintas actividades realizadas, tanto aquelas xurdidas neles como aqueloutras que proveñen de convocatorias e planificacións xerais. O aumento cualitativo en moitas delas, como xa diciamos, presenta un conveniente aumento na súa programación.

Tampouco é bo esquecerse de deixar constancia dunha maior vitalidade das comunidades que posibilita a realización dun maior número de accións directas e indirectas na súa vida social e nas súas valiosas achegas ó desenvolvemento da Galicia total. As actuacións en atencións socio-asistenciais, sanitarias, recreativas, deportivas, artísticas, formativas e culturais contribúen dun xeito moi importante a vigoriza-los proxectos que día tras día se propoñen, e, ademais, a mellora-la presencia e proxección de Galicia no exterior.

Desde unha visión da galeguidade, moi consolidada e firme, que asenta unha común identidade e que favorece unha colaboración máis consistente no acadamento dos obxectivos comúns, o ordenamento e estructuración dos programas de acción veñen axustándose cada día máis ás necesidades humanas, sociais e corporativas, atendendo ás presentacións asociativas e coidando de perfecciona-los fundamentais valores de unidade, de solidariedade e de colaboración nos ámbitos das nosas comunidades. Potencia-la participación de todos, mulleres e homes, nenos e mozos, sen diferenciar idades nin sexos, nin lugares de residencia, sen facer distincións por razón das entidades e das condicións, antes ben co confesable empeño de propicia-lo interese por uns obxectivos comúns e compartibles e coa sensibilidade necesaria ante o devir dos tempos e coidando dos acontecementos que neles se presentan, como é esta celebración do Ano Santo e Xacobeo en Santiago de Compostela e Galicia, é sólido propósito e firme

intención:

-Contribuír a unha máis forte vinculación entre tódalas comunidades galegas co ánimo de que a colaboración dunhas con outras e do seu conxunto con Galicia favoreza un xeito novo da vivencia común que faga máis fecunda a unidade e que aumente e afonde a pertenza viva á galeguidade.

-Fomenta-la presencia do galego no mundo a través dunha imaxe nítida e auténtica encarnada nos galegos do exterior, que poden dar cada día máis e mellor unha proxección de Galicia, pola que contribúan á difusión da súa realidade xeográfica, cultural, histórica, artística, turística e económica, tan necesaria nestes tempos nos que tódolos pobos desexan ser ben identificados.

-Continuar nesa acción de actualizada axuda con respecto ás demandas asistenciais e ás atencións sociais que presentan moitos galegos do exterior, principalmente coas que proceden de causas como a idade ou as situacións carenciais, das crises de saúde, do sobrevir de incapacidades e das oscila

cións monetarias e económicas, especialmente nos países iberoamericanos.

-Propiciar unha maior integración das xeracións novas a través dunha multiplicidade de accións atraentes que esperten interese por participar nas actividades dos centros. Para conseguilo coidaranse a calidade dos programas de intercambios xuvenís, os contidos das accións formativas, as convocatorias de concursos e certames artísticos, os equipamentos deportivos e preparación cualificada dos distintos equipos, as actividades de música, danza e teatro e aqueloutras de natureza recreativa e festiva, xa que o conxunto de todas elas estimula unha progresiva incorporación de mozos descendentes de galegos ás manifestacións da vida asociativa dos centros e, mediante ela, asegura a súa continuidade no porvir, xa que achegan enerxía e pulos novos para manter, desde a renovación, unha puxanza desexable.

-Perfeciona-los sistemas de comunicación para dispoñer de máis áxiles e rápidos enlaces entre tódolos centros e destes coas distintas institucións de Galicia, introducindo as novas tecnoloxías de información e dotando a cada unha das comunidades dos medios necesarios e axeitados para recibi-la información e os diferentes programas dos distintos medios de comunicación galegos.

-Afirma-lo compromiso de seguir servindo á Galicia exterior, procurando sempre un fortalecemento da unidade de toda ela, nos seus centros e asociacións, nas súas entidades e agrupacións, de forma que todos e cada un deles sintan e vivan cada día máis e máis fondamente a súa galeguidade, como un sentimento que, desde os enraizamentos comúns, empuxa con esperanza cara ó futuro. O fortalecemento das comunidades galegas do exterior, sen descriminación ningunha posible, antes ben desde a equidade e desde unha axuda marcadamente institucional, quere procura-la convivencia harmónica, fomenta--la creatividade, incrementa-la identidade humana e cultural e un adecuado crecemento de cada unha delas sen que sexan obstáculos nin os lugares nin os niveis sociais de calquera clase.

Serán, pois, criterios de equidade e de obxectividade os que rexan, desde unha planificación coherente e obxectiva da realidade, as asignacións dos recursos, e a cobertura das necesidades e os apoios para con todos e cada un dos proxectos realizables. Seguindo nesa liña de accións, potenciadora de iniciativas e de programas xerais, sen perde-la atención debida ás particularidades que xorden como é neste ano a celebración do Xacobeo 99, provocador de tantos desexos e intereses nos ámbitos de tódalas comunidades galegas, continuarase axudando a acada--las maiores realizacións, os proxectos máis cotiáns e ás empresas máis ambiciosas.

Unha continuada e incesante adecuación nos procedementos de xestión, orientados nunha pauta de eficacia, deséñase nos plans de acción, co ánimo de axustalos ás necesidades, propostas e obxectivos das mesmas comunidades, ás directrices que impón

o tempo actual e coa pretensión de atender ás aspiracións comúns e ás propias de cada unha das comunidades no exterior. Todo ese conxunto de actuacións pódese, con moita brevidade, expresar da maneira seguinte:

A solidariedade, dentro do conxunto das accións propias da secretaría xeral é un dos principios fundamentais que inspiran e conforman as accións asistenciais e sociais. Tradúcese á realidade cando se achega a esa pluralidade marcadamente asistencial e ás diferentes atencións de carácter benéfico-social, porque son elas, precisamente, as que requiren unha comprensión das situacións e as que esixen unha axuda cabal e axustada.

Baixo as demandas de axudas sociais que se presentan, hai sempre carencias polas circunstancias vitais que afectan a persoas e familias e situacións de precariedade nas institucións benéficas e asistenciais, xa que requiren axudas constantes e periódicas e plurais apoios puntuais. Estas situacións preséntanse moi marcadamente nas persoas da terceira idade, en moitas institucións que as asisten e acollen e nalgúns países nos que se sofren alteracións e crises económicas.

Os casos individuais e as dificultades das entidades de carácter social que teñen e afrontan os galegos da diáspora, apreman unha resposta que é debida e xusta por moitas razóns históricas e humanas e que impide diminuí-las atencións e as axudas. Os problemas son moi ben coñecidos polos dirixentes e asociados das nosas comunidades, que veñen colaborando decididamente, con desvelo, delicadeza e traballo, no seguimento das situacións e na atención ás peticións seguindo a regulamentación correspondente.

Son, pois, os estados permanentes ou temporais de necesidade e carencias, os labores que os centros e as entidades asistenciais e sanitarias desenvolven e as mesmas evolucións biolóxicas da poboación galega do exterior, as que fan obrigado o mantemento e perfeccionamento en cantidade e calidade do plan de axudas e accións asistenciais.

Polo que concirne ás accións formativas, ben sabido é que cada día é maior e máis xeneralizada unha demanda de formación axustada ós tempos actuais, pois os cambios sociais, tecnolóxicos e culturais que presenta a sociedade, os mesmos avances e progresos nos saberes e nos coñecementos específicos das ciencias, requiren facilita-la conseguinte elevación dos niveis de preparación e de capacitación. A mellora profesional e o incremento dos instrumentos técnicos supoñen responder axeitadamente as propostas que neste eido teñen os galegos do exterior e os seus descendentes.

Os mozos que, dunha maneira preferente, son os que máis se benefician destas accións ó seren máis apurados polas aspiracións de futuro e os máis urxidos pola chamada do porvir, constitúen a maioría dos protagonistas neste plan e dos seus programas de desenvolvemento e aplicación. Sen embargo, a súa ordenación quere dirixirse a moita máis xente

que xa non é tan nova, especialmente nas materias da formación cultural, dos saberes básicos e das preparacións profesionais e laborais.

De aí que calquera das iniciativas xurdidas nas comunidades e asociacións que estea encamiñada a una mellora dos niveis culturais, de formación da personalidade humana nos plurais aspectos que son propios das súas ansias e dunha capacitación laboral ampla e diversificada, sexan tamén obxectivos incluíbles neste plan, por canto, e así é entendido, sempre contribúen a un enriquecimento persoal. Subliñaremos coa sinceridade necesaria que calquera actividade dirixida a favorece-la formación infantil e xuvenil é merecente de todo apoio, xa que non só resulta vantaxosa para cada un dos que a poidan recibir senón tamén por canto revitaliza a actividade do centro no que se fai ou imparte.

Unha maior cantidade das iniciativas e solicitudes, por parte das comunidades e asociacións, está encamiñada cara ós mozos e nenos, por canto o mesmo feito de celebrar e segui-los cursos nos locais sociais favorece a presencia neles e propicia unha progresiva incorporación á vida asociativa.

Moita é a estima polos cursos dedicados ó estudio e perfeccionamento dos saberes relativos á cultura galega, e así o demostran as persistentes solicitudes que seguen a medrar cada ano. Ademais do permanente interese pola lingua e literatura galegas, percíbese, e cada día máis, un crecente reclamar doutras materias, tales como a historia, a xeografía, as artes, os costumes e tradicións, o que mostra ben claramente unha visión máis ampla do cultural e, de conformidade con eses novos afáns de aproveitamento, esixe un axeitamento dos contidos que se van comunicar e ensinar.

Novas disciplinas, profesións e tecnoloxías, tales como as derivadas da informatización, da electrónica e dos adiantos nos sistemas de comunicación, ou ese avivamento de actividades e quefaceres xa antigos e tradicionais, como poden ser hoxe os teatrais ou os da cociña, requiren igualmente unha programación dirixida ás novas aprendizaxes e ós perfeccionamentos dos vellos saberes.

Por outra banda, non é posible esquece-las necesidades que presenta a preparación na actividade empresarial e nese amplo conxunto da formación ocupacional. Unha e outra son atendidas mediante axudas directas, subvencións ós distintos centros e, nalgúns casos, coa colaboración das asociacións de empresarios galegos no exterior. Algunhas novidades nos métodos de formación profesional están xa establecidas con carácter permanente.

Nun resumo xeral e introductorio cabe sinalar que cada día máis se presenta unha petición de aprendizaxes artesanais propias da cultura popular de Galicia, e que precisaron xa dunha resposta efectiva a través do establecemento de cursos especiais dedicados ó seu ensino, e iso a pesar de que algunha das modalidades é de moi recente difusión. Polo

número de alumnado que solicita e que asiste, débense valorar como un acerto.

A pesar de certas dificultades debidas á cronoloxía e ós tempos escolares en determinados países, os mozos do exterior teñen cada vez máis desexos de cursa-los estudios universitarios e superiores nas universidades e centros de ensino superior e de especializacións de Galicia. O programa de axudas para facilitárlle-lo cumprimento dese desexo vense mantendo, incrementando o número de axudas, así como as informacións e as xestións para acada-las axudas que outras institucións e fundacións poidan conceder.

O interese pola identidade orixinaria está fortemente apegado ós galegos do exterior e os desexos de acrecentamento nas bases culturais desta, presenta a necesidade de establecer contactos directos coa nosa cultura, que teñen que ser permanentes, áxiles e proveitosos, tal e como pretende unha programación de accións culturais. As formas e as expresións propias, o atraente das tradicións e dos costumes, a mesma evolución na creatividade galega precisan estar incesantemente vivas no seo dos centros, das comunidades e das súas xentes. Segundo vai aumentando o coñecemento persoal de Galicia dos mozos, vai tamén aumentando o seu interese cultural e, polo tanto, a súa demanda de actividades desa natureza.

A apertura dos horizontes culturais e ese aumento na curiosidade polas distintas manifestacións das culturas, xerou unhas actitudes nin exclusivistas nin pechadas ante o fenómeno cultural. Xa non teñen hoxe cabida as posicións restrictivas. Os centros e as comunidades móstranse cada día máis receptivos ás expresións culturais e, xunto a esa receptividade, queren incrementa-los fundamentos e coñecementos nos que se asenta a propia identidade cultural galega. Os seus afáns pola mellor identificación tanto queren afondar nos sentimentos das peculiaridades propias como comprobala por vía da actualidade e contrastala co xuízo e aprecio que dela teñen os outros pobos.

Os concursos culturais que, por parte da secretaría xeral, se están a facer cada ano, dirixidos ós galegos do exterior e moi especialmente á mocidade, tanto a aquela que soamente participa nas actividades dos centros como aqueloutra que asiste ás actividades de campamentos en Galicia, encaixan con exactitude e eficacia na promoción das inquedanzas culturais e posibilitan o reflexo da creatividade cultural e artística e o aproveitamento acadado en tódalas accións culturais que desenvolven os centros.

Neste sentido, hai que subliña-los coidados dirixidos a favorece-la capacidade creativa e as súas manifestacións segundo os diferentes modos de expresión, estimulando tódolos procedementos posibles con respecto á mesma diversidade dos centros, condicionada polas influencias socioculturais da súa radicación e polas diferentes idades dos seus membros e aínda polas preferencias que eles demostran por un xénero concreto de expresión.

Nos eidos culturais é conveniente apreciar dúas vertentes. Unha e principal: a conformación do crecemento cultural dos galegos da diáspora, potenciador da súa identidade ó profundar nas súas raíces e polo contacto coas súas expresións tradicionais e actuais. A outra é esa proxección de Galicia que os galegos do exterior están a facer desde sempre, sendo axentes eficaces na difusión da nosa cultura. Unha atención a ámbalas dúas vertentes continuará promovéndose por tódolos medios axeitados, desde as mostras dos nosos artistas, as exhibicións de traballos da nosa artesanía, a propagación das nosas riquezas monumentais e turísticas e o fomento permanente das máis variadas actividades culturais, dentro e fóra das nosas comunidades do exterior.

Froitos xa acadados e que veñen demostra-los resultados do plan cultural, son ese relevante aumento no número de grupos de danza, música e canto nos centros, que é un fiel reflexo do perfeccionamento acadado por moitos deles na práctica desas expresións artísticas e que, por iso, contaxia as ansias da súa práctica ós outros centros e comunidades. É indubidable que as actuacións e a calidade duns grupos folclóricos inflúe decisivamente no nacemento e traballo doutros. De xeito semellante acontece con outras artes como son o establecemento de grupos teatrais, que representan o noso teatro,que veñen recibindo, xunto coas axudas ordinarias para o seu mantemento e labor, o influxo que provén das preparacións especializadas dos seus directores e monitores a través dos cursos de alto nivel que organiza a secretaría xeral.

Por outra banda, as publicacións propias que aumentaron no seu conxunto temático e a dotación constante dos fondos das bibliotecas dos centros, promoven e favorecen unha constante actualización da evolución e enriquecimento da nosa cultura.

A dilixencia en difundi-las actividades e publicacións entre unhas e outras comunidades proporciona un coñecemento recíproco dos quefaceres que desenvolven todas elas. A distribución de publicacións alleas, tanto xerais como especializadas, nas que se recolle a actualidade artística, social, económica e literaria de Galicia, tamén achega elementos para soster un contacto directo e actual co devir xeral da terra que enriquece a tódalas comunidades do exterior e ós seus membros.

A pervivencia da Galicia exterior nos tempos, a continuidade das súas comunidades e a mesma puxanza delas no porvir, depende moi principalmente da mocidade descendente dos galegos e do axeitamento dos plans de accións xuvenís. Moitos son, xa hoxe en día, os mozos da terceira e da cuarta xeración, sobre todo nalgúns países, que están incorporados á vida social dos centros e moitos deles, fillos e netos duns galegos que emigraron hai tempo, forman os seus cadros directivos ou están á fronte dalgunha das súas agrupacións artísticas e deportivas.

Non é novidade ningunha afirmar que as novas xeracións son xa as depositarias das maiores espe

ranzas para a continuidade do asociacionismo galego no exterior, e son tamén as que reclaman unhas respostas máis amplas e eficaces das nosas comunidades. Queren medios humanos e materiais, estímulos e actividades axeitadas á mocidade, para participar activamente na vida dos centros.

Un crecente protagonismo da mocidade esixe manter e incrementar aqueles programas establecidos e que teñen, entre outros, por obxectivos os seguintes: o intercambio de experiencias entre os mesmos mozos, a promoción do deporte en tódalas categorías e modalidades nas que están comprendidos, a satisfacción das distintas afeccións artísticas, o aumento dos cursos de preparación e de especialización e unha continuada incentivación da súa participación en certames e concursos.

Aínda que aqueles medios e procedementos posibles ó servicio da mocidade galega do exterior están dispostos e forman parte dos programas específicos dirixidos a ela, procúranse incorporar aqueles atractivos que favorezan as súas motivacións características para unha maior participación e responsabilidade.

Novas instalacións de centros, orixinadas polos de recente creación ou por aqueloutros que mercaron edificios, nun lexítimo desexo de facerse propietarios dos locais ou dos inmobles, as necesidades de reparación, recuperación ou de remodelación de locais antigos, e a mesma ampliación dalgúns servicios para mellora-las actividades, constitúen, ano tras ano, unha das atencións máis elementais e importantes que requiren unha planificación equilibrada e práctica nas axudas e subvencións dedicadas tanto ás necesidades estructurais como ás de equipamentos.

Nalgúns países e en determinadas áreas xeográficas teñen moitísima significación e importancia os proxectos e ampliacións de servicios sanitarios e asistenciais daquelas entidades e institucións de atención social creadas polas nosas comunidades, así como a substitución e renovación dos equipamentos das distintas agrupacións, o incremento de medios instrumentais e, nos últimos anos, a dotación de equipos de comunicación e de sistemas de información axeitados ós avances tecnolóxicos do momento.

Cómpre dicir e é ben coñecido que os esforzos e a dedicación das persoas, por moi boa que sexa a estructura organizativa e funcional, non chegan para alcanza-la eficacia que prentenden os centros desde as súas aspiracións e posibilidades, se non contan, ó mesmo tempo, coa instrumentalización técnica actual e útil para axilizar e potencia-lo traballo e favorece-la consecución dos obxectivos.

Recollendo polo tanto a experiencia acadada, os propósitos, as necesidades e os contidos dos plans ata aquí enunciados, é lóxica unha obrigada regulación de procedementos, requisitos, condicións, prazos, contías e beneficios. Mais non abondaría para xustifica-lo establecemento e vixencia da presente orde. O imperativo legal, certamente, esixe un rigoroso cumprimento. Pero tamen é verdade, que deben

terse presentes aquelas urxencias sociais que presenta o mesmo decorrer do tempo, as eventualidades que xorden e os mesmos feitos continxentes, co fin de estima-las tarefas todas nunha orde dirixida cara á eficacia e ó futuro.

Aínda axustando conciezudamente toda unha ampla e concreta planificación ós medios e posibilidades orzamentarias, é preciso, para alcanza-los fins establecidos, ademais dunha constante achega de todos, engadir imaxinación, dilixencia e un bo facer orientados cara a un aproveitamento máximo dos recursos dos que se dispón e procura-la mellor rendibilidade dos esforzos persoais, comunitario e xeral.

Atendendo a todo o exposto e desde ese conxunto de principios e de obxectivos, esta consellería,

DISPÓN:

Plan de accións asistenciais e sociais

Programa 1: axudas asistenciais individuais.

Artigo 1º.-Obxecto e características.

1. A finalidade deste programa é a concesión de prestacións económicas directas, individuais, extraordinarias e non periódicas, de carácter social, dirixidas ós galegos residentes no estranxeiro que, non estando en idade de xubilación por ancianidade, sexan inválidos ou enfermos por motivo de enfermidade permanente, imposibilitados para desenvolveren calquera tipo de actividade laboral, así como aqueles que se atopen en situacións de infortunio familiar, entendendo por tal feitos graves de carácter excepcional sucedidos no seo da unidade familiar. Tamén poderán ser beneficiarios deste programa aquelas persoas en situación de precariedade pertencentes a colectividades galegas de países inmersos en profundas crises económicas. Están destinadas a cubri-las necesidades básicas de subsistencia como manutención, aloxamento e asistencia sanitaria, no primeiro caso, e a resolve-la continxencia familiar nos outros casos.

2. Estas axudas teñen como obxectivo atender aqueles casos de especial gravidade, de acordo co contido do parágrafo primeiro, non comprendidos no ámbito de actuación do Decreto 728/1993, do 14 de maio, do Ministerio de Traballo e Seguridade Social polo que se establecen as pensións asistenciais por ancianidade.

3. Estas axudas destinaranse ós países iberoamericanos, debido á súa situación actual e da nosa comunidade alí residente, aínda que puideran ser atendidos os casos de especial e de grave necesidade sen distinción en canto ó lugar de residencia sempre que esta sexa no estranxeiro.

Artigo 2º.-Solicitantes.

Poden ser solicitantes destas axudas tódolos emigrantes naturais de Galicia que, residindo nos seus domicilios privados, non teñan ingresos superiores ó importe da pensión non contributiva vixente en España no momento da publicación desta orde.

Os solicitantes terán que cumprir, en cada caso, os seguintes requisitos:

a) Seren naturais de Galicia.

b) Teren o seu lugar de residencia nos países iberoamericanos ou, nos casos de especial gravidade, en calquera lugar no estranxeiro.

c) Careceren de bens e ingresos que non permitan o nivel mínimo de subsistencia, computándose todo tipo de rendas incluso as axudas, públicas ou privadas, de natureza semellante a esta sempre que non cubran as súas necesidades básicas.

d) Residiren en domicilios particulares e non pertenceren a organizacións, comunidades, institucións que polas súas regras ou estatutos estean obrigados a prestarlles asistencia, nin residiren ou estaren internados en centros hospitalarios ou residencias de anciáns, caso no que podería estar incluído e amparado polo programa 2 desta mesma orde.

Ademais, en cada caso, terán que cumpri-los seguintes requisitos:

1. Axudas por invalidez ou enfermidade permanente.

e) Ter menos de sesenta e cinco anos de idade. No caso de ser menor de idade ou estar incapacitado presentará a solicitude o seu pai ou titor.

f) Encontrarse nunha situación de invalidez ou enfermidade permanente que o incapacite para desenvolver calquera tipo de actividade laboral.

2. Axudas en casos extraordinarios de urxente necesidade.

g) Seren cabezas de familia na que sucedera un infortunio familiar, entendéndose por tal feitos graves de carácter excepcional sucedidos no seo da unidade familiar.

3. Axudas en casos de precariedade en países en crise económica.

h) Pertencer á colectividade galega de países inmersos en profundas crises económicas.

i) Ser maior de sesenta e cinco anos de idade.

Artigo 3º.-Contía da axuda.

1. As accións previstas nos puntos 1 e 3 do artigo 2º a contía da axuda será por un importe total de corenta mil pesetas.

2. Nos supostos previstos no punto 2 do mencionado artigo, a contía da axuda será fixada en función da gravidade xustificada da situación, do número de solicitudes e das dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 4º.-Natureza das axudas.

As axudas teñen carácter persoal e intransferible. As axudas non orixinan ningún dereito subxectivo para os beneficiarios e estarán, en todo caso, condicionadas ás dispoñibilidades orzamentarias do exercicio, previstas para esta finalidade.

Artigo 5º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) A solicitude segundo modelo normalizado do anexo 1 da presente orde.

b) Documento no que consten os seus ingresos económicos ou, en caso de imposibilidade de presentalo, poderá constituír documentación suficiente unha declaración xurada responsable.

c) Documento xustificativo da súa condición de galego e dos seus datos persoais.

d) No caso de incapacidade permanente para desenvolver actividades laborais, certificado médico, segundo o modelo normalizado do anexo 1, realizado polos servicios médicos dunha sociedade galega ou española que preste servicios na área de saúde. Cando o certificado médico anterior non poida ser expedido pola sociedade galega ou española aludida, poderá admitirse como válido un certificado médico expedido por calquera centro de saúde pública oficial (centros médicos nacionais, provinciais ou municipais) do país de residencia, referendado pola dirección médica das ditas sociedades galegas ou españolas. Nas axudas extraordinarias en caso de urxente necesidade, os xustificantes que poidan servir como comprobantes das condicións imprescindibles establecidas no punto 2 do artigo 2º deste programa e, se é o caso, informe do centro galego correspondente á zona de residencia do interesado.

e) Outros documentos xustificativos do estado de necesidade.

Artigo 6º.-Prazo e lugar de presentación.

As solicitudes correspondentes ós puntos 1 e 3 do artigo 2º presentaranse, xunto co resto da documentación, nas entidades galegas dos países de destino da convocatoria que teñan recoñecida a galeguidade ou que estean consideradas como colaboradoras, finalizando o prazo de presentación de solicitudes o día 31 de marzo de 1999.

As solicitudes correspondentes ó punto 2 do artigo 2º presentaranse na Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña) na época do ano na que se produza a continxencia xunto cun informe do centro, quedando condicionada a súa concesión á existencia de crédito na partida orzamentaria correspondente.

Artigo 7º.-Tramitación e resolución.

1. As entidades galegas receptoras da documentación realizarán unha revisión técnica das solicitudes e, unha vez comprobado que está completa e correcta, enviarana, para unha maior simplificación do trámite e eficacia, ó día seguinte do remate do prazo, ós centros coordinadores seguintes:

-En Arxentina:

-Centro Gallego de Bos Aires.

-Oficina Delegada da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

-En Brasil:

-Peña Galega da Casa de España do Río de Janeiro/Hospital de Beneficencia.

-Real Sociedad Española de Beneficiencia de Salvador-Bahía.

-En Cuba:

-Sociedade Cultural Rosalía de Castro da Habana.

-Oficina administradora de comunidades galegas, Centro Gallego da Habana.

-En Uruguai:

-Casa de Galicia de Montevideo.

-En Venezuela:

-Hermandad Gallega de Caracas.

2. Os centros coordinadores, designados no punto anterior, efectuarán unha segunda revisión, realizando o exame técnico das solicitudes e informarán periodicamente, en todo caso, os días 1 de marzo e 5 de abril, á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas do número de solicitudes correctas recibidas de cada un dos centros correspondentes á súa área xeográfica.

3. En cada un destes países a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poderá constituír unha comisión, para a que nomeará un representante na persoa dun funcionario e na que estarán, así mesmo, representados os centros receptores das solicitudes en función do número de solicitudes presentadas e o seu peso específico dentro da colectividade galega. Así mesmo poderá asistir un representante do consello de residentes correspondente á demarcación na que se celebra a comisión, preferentemente galego, por razóns de coñecemento e integración na comunidade galega asentada nese país e, polos mesmos motivos, preferiblemente pertencente e representante dalgún dos centros constituíntes da comisión.

4. Os galegos residentes naqueles países de Iberoamérica non citados no punto 1 do artigo 7º poderán remiti-las súas solicitudes á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

5. De constituírse, a comisión avaliadora reunirase dentro do prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ó remate do prazo de presentación de instancias, e levantará acta da relación provisional de persoas seleccionadas, que se expoñerá ó público nos taboleiros de anuncios dos centros durante sete días naturais. Durante este período os interesados poderán presenta-las correspondentes reclamacións e o centro coordinador poderá pedirlles ós preseleccionados canta documentación coide oportuna para comproba-la veracidade dos datos citados nas solicitudes. No oitavo día natural, o centro coordinador elevará informe e, se é o caso, a proposta de modificacións xunto coa oportuna documentación xustificativa e informe do centro no que foi pre

sentada a correspondente solicitude, ó secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas que, despois dos trámites legais oportunos, comunicará a resolución aprobatoria ós interesados e ós centros coordinadores, que se expoñerá publicamente nos taboleiros de anuncios.

6. De non constituírse a dita comisión, os centros coordinadores deberán remitir á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas as solicitudes recibidas, xunto con toda a documentación, no prazo de 5 días a partir do remate do prazo de presentación.

7. A selección dos beneficiarios efectuarase, segundo o tipo de axuda, en función do crédito dispoñible no caso do punto 1 do artigo 2º e do crédito dispoñible e das circunstancias que poidan ser alegadas no caso do punto 2 de dito artigo.

Artigo 8º.-Seguimento.

1. A solicitude de axuda supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que considere necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións da axuda.

A falsidade dos datos e documentos achegados implicará a denegación ou, se é o caso, a devolución da axuda na súa totalidade e sen prexuízo das responsabilidades que puideran derivarse do dito acto.

2. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias persoais, podendo a dita secretaría xeral, se así o considera, anula-la subvención e dispoñer do citado crédito para conceder axudas ós solicitantes con peticións inicialmente desestimadas.

Artigo 9º.-Pagamento.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas arbitrará o método de pagamento ós beneficiarios, de forma directa mediante cheque bancario.

Programa 2: axudas asistenciais a entidades galegas.

Artigo 10º.-Obxecto e características

O programa ten por obxecto subvenciona-las entidades galegas que presten determinados servicios asistenciais e residenciais á colectividade de asociados de orixe galega que carezan de medios económicos, nos seguintes supostos:

1. A través de axudas para a comida e, se é o caso, de transporte dos familiares directos dos asociados, cando estes residan en centros asistenciais, de forma que se posibilite o contacto diario entre eles.

2. A través das axudas indirectas para solventa-las cotas ou achegas destinadas a mante-la protección

asistencial e sanitaria que veñen prestando as entidades galegas ás persoas de orixe ou ascendencia galega en situación de paro, xubilación con mínimos ingresos, desprotexidos en materia de previsión social ou carentes de protección que, doutro modo, non terían este tipo de cobertura no seo destes centros galegos.

3. A través de axudas ás entidades galegas que teñen en funcionamento fogares diurnos, entendendo como tales os lugares onde as persoas da terceira idade poden realizar actividades lúdicas, recreativas e de terapia ocupacional que desenvolvan a súa psicomotricidade coa finalidade de aumenta-la calidade de vida, permitindo que o ancián avellente no seu medio, permanecendo no seu fogar. Ademais, deberán ter servicio de comedor nos que poidan recibi-la comida de mediodia a un prezo módico e outras prestacións de tipo social-asistencial en calquera das súas diversas modalidades.

4. A través de axudas a entidades galegas que presten servicios de asistencia ós transeúntes galegos necesitados que se acheguen a estes centros en demanda de atención.

Artigo 11º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades galegas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

b) Que conten con residencias para anciáns ou con centros sanitarios onde reciban asistencia os seus asociados ou que desenvolvan programas específicos de asistencia social a asociados e transeúntes.

Artigo 12º.-Documentación.

Solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo 2 da presente orde, que será subscrita pola persoa que teña a representación legal da entidade solicitante.

No caso dos puntos 1 e 2 do artigo 10 presentarase tamén relación das persoas ás que se destinará a axuda, segundo o modelo oficial do anexo 2 da presente orde.

No caso do punto 3 do artigo 10, xuntarase inicialmente relación explicativa dos transeúntes atendidos en 1998 e orzamento estimativo de gastos destinados a estas atencións para 1999.

Artigo 13º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

As solicitudes serán enviadas á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra, Praza da Quintana, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 31 de marzo de 1999.

Artigo 14º.-Tramitación e resolución.

O secretario xeral dictará resolución, que comunicará ás entidades solicitantes en función de:

-Número de asociados galegos do centro ou entidade asistencial e grao de necesidade dos posibles beneficiarios.

-Número de residentes do centro ou ingresados nel, contía do seu orzamento.

Artigo 15º.-Pagamento e xustificación.

O pagamento realizarase logo de presentación, dentro do exercicio orzamentario, de certificación do secretario da entidade, co visto e prace do seu presidente, facendo consta-lo nome, apelidos, enderezo, concepto e, se é o caso, a contía individual destinada como axuda a cada beneficiario.

Artigo 16º.-Seguimento.

1. A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que considere necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

2. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias, podendo esta secretaría xeral toma-la resolución que corresponda.

Programa 3: vacacións para lembrar.

Artigo 17º.-Obxecto e características.

1. O programa ten por obxecto ofrecer unhas vacacións ós galegos e ós seus cónxuxes asentados noutras comunidades autónomas de España ou noutros países de Europa, para desfrutaren e coñeceren a realidade actual da terra onde naceron, con actividades de convivencia e culturais referidas á nosa lingua, historia, así como os nosos costumes tradicionais; constitúe un achegamento á súa terra, á que están vinculados por lazos permanentes, familiares e sentimentais.

2. Este programa é o resultado do acordo de colaboración entre a Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

3. As características básicas deste programa son:

a) Desprazamento dos seleccionados desde os lugares de partida fixados pola secretaría xeral ata o lugar de residencia en Galicia.

b) Estadía durante un período de 14 días nunha residencia de tempo libre de Galicia ou noutro establecemento hoteleiro, coa correspondente programación de actividades recreativas e culturais.

4. Poderase, cando as circunstancias así o aconsellen, dirixi-lo programa a colectividades de galegos residentes fóra de España, realiza-la estadía noutra área xeográfica ou noutro establecemento residencial, notificándose nestes casos as bases que

serán de aplicación a través da correspondente convocatoria.

Artigo 18º.-Solicitantes.

Poderán ser solicitantes:

1. As persoas que cumpran as seguintes condicións:

a) Ser natural de Galicia.

b) Residir noutra Comunidade Autónoma de España ou noutro país de Europa.

c) Ter ela ou o seu cónxuxe máis de 60 anos de idade.

d) Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas irreversibles discapacitantes e estar en condicións físicas para realiza-la viaxe programada.

e) Non ter participado nos últimos seis anos, en anteriores edicións deste programa.

f) Non ter recursos económicos suficientes.

2. Os cónxuxes das persoas que soliciten o programa por aplicación do punto anterior, cumprindo así mesmo o contido das alíneas d) e e)

Artigo 19º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 3 da presente orde, selada polo centro galego correspondente.

b) Fotocopia do DNI ou do pasaporte.

c) Fotografía actual tamaño carné.

d) Fotocopias da liquidación e da primeira páxina da declaración da renda correspondente ó ano 1997. Se o solicitante reside noutro país presentará documentación equivalente.

e) Certificado médico, segundo o modelo do anexo 3 desta orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas no artigo 18º alínea d) deste programa.

f) Se é o caso, documento xustificativo de estar xubilado.

Artigo 20º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

As solicitudes acompañadas do resto da documentación presentaranse nas entidades galegas das comunidades e países de destino da convocatoria que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de marzo de 1999.

Artigo 21º.-Tramitación e resolución.

1. As entidades galegas receptoras da documentación, unha vez comprobado que está correcta e completa, enviarana o mesmo día de remate do prazo á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comu

nidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña) acompañada do certificado, segundo o modelo do anexo 3-B, no que se relacionen as solicitudes presentadas, mencionando o coordinador do programa designado polo centro respectivo.

2. A selección dos participantes efectuarase estimando, na orde que segue, como preferente :

a) No ter participado en edicións anteriores deste programa.

b) Os casos en que polo menos un dos cónxuxes posúa a condición de xubilado ou que teña máis de 65 anos de idade.

3. A secretaría xeral resolverá a concesión, tendo en conta as preferencias sinaladas no punto anterior, en función de:

a) Situación económica dos solicitantes.

b) Idade dos solicitantes.

c) Estado de saúde.

Artigo 22º.-Seguimento.

1. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa, no caso de concesión.

2. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias orixinais, podendo a dita secretaría xeral dicta-la resolución que considere oportuna.

Programa 4: reencontros.

Artigo 23º.-Obxecto e características.

1. Ten por obxecto promove-la consecución do reencontro das persoas de orixe galega residentes no exterior, con carácter ordinario en Iberoamérica, cos seus familiares e coa súa terra, superando tempos de separación do polo menos 20 anos.

2. Este programa poderá realizarse de acordo coas modalidades seguintes:

2.1. Acción social, superando tempos de separación de polo menos 20 anos, coas seguintes submodalidades:

a) Acción directa, executado pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, coa colaboración da Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos.

c) Acción concertada en colaboración con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia.

2.2. Axudas para viaxes, executada pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Esta modalidade poderá realizarse en acción directa e concertada en colaboración cos concellos, empresas e asociacións sen ánimo de lucro de Galicia.

3. Características básicas da modalidade de acción directa:

a) Pasaxe de avión de ida e volta para os seleccionados desde os lugares de partida fixados pola secretaría xeral ata os aeroportos de Galicia.

b) Estadía durante un período máximo de 14 días, preferentemente no mes de outubro, nunha residencia de tempo libre ou noutro establecemento residencial de Galicia, programándose actividades e excursións que favorezan o reencontro coa súa terra.

c) Estadía cos seus familiares en Galicia, ata completar un período máximo de 3 meses, sendo pola súa conta durante este tempo os gastos de aloxamento, manutención, etc.

d) Serán por conta da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas os gastos derivados da selección dos beneficiarios e os de transporte derivados da alínea a) deste punto. Serán por conta da Dirección Xeral de Servicio Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociales os gastos derivados da alínea b) deste punto.

e) A secretaría xeral poderá nomear, nos países de destino da convocatoria con máis número de participantes, persoal capacitado en asistencia médica e social para a súa participación no programa en funcións sanitarias, asistenciais e de organización.

f) Así mesmo poderán organizarse accións destinadas a persoas ou grupos con vínculos familiares directos mantendo como obxectivo prioritario o reencontro en Galicia.

4. Características básicas nas modalidades en colaboración con concellos, empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia:

a) Pasaxe de avión de ida e volta para os seleccionados desde os lugares de partida fixados polo concello organizador ata os aeroportos de Galicia.

b) Estadía cos seus familiares en Galicia ata completar un período máximo de 3 meses, sendo ó seu cargo durante este tempo os gastos de aloxamento, manutención, etc. Cando a acción sexa organizada por unha mancomunidade de concellos ou cando o número de participantes no programa sexa suficientemente grande poderase, de acordo coa Dirección Xeral de Servicios Sociais, programa-la estadía dos participantes nun establecemento hoteleiro por un período máximo de 14 días.

c) Os gastos derivados da alínea a) deste punto correrán a cargo da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas e do concello organizador.

d) Nesta modalidade trátase de dalles ós concellos e ás empresas o protagonismo nas accións que teñan como finalidade o reencontro dos galegos que cumpran os requisitos xerais do programa, coas súas familias residentes no municipio ou no ámbito de actuación da empresa. A selección dos beneficiarios correrá a cargo do concello ou da empresa coa axuda e colaboración das entidades galegas da Galicia do exterior e da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

e) Enviarase unha circular ampliando a información sobre a posta en marcha desta modalidade do programa.

5. Características básicas na modalidade de axuda para viaxes:

a) As axudas consistirán ordinariamente no pagamento da metade do custo do traslado a Galicia. Con carácter extraordinario e para os residentes en Cuba as axudas poderán chegar ó 80 por cento do custo do traslado. Así mesmo poderase establecer, se así se programase, coa mesma porcentaxe de achega, a estadía dentro do programa de vacacións da 3ª idade que leva a cabo a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais por un período máximo de 14 días. A execución do programa terá lugar dentro dos 12 meses seguintes á finalización do prazo de presentación de solicitudes.

b) A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, á vista das solicitudes presentadas establecerá as datas e lugares nas que se desenvolverá o programa de acordo co departamento colaborador. Así mesmo establecerá a forma e prazo en que os interesados deberán achega-la cantidade en concepto de porcentaxe de custo e en proba da conformidade da viaxe. Entenderase que os que non cumpren este requisito desisten da solicitude.

6. Os beneficiarios de calquera modalidade deste programa gozarán durante a súa estadía específica en Galicia da cobertura sanitaria do Servicio Galego de Saúde en casos de urxencia, nos termos establecidos no convenio de asistencia sanitaria e por un período non superior a tres meses.

Artigo 24º.-Solicitantes.

1. Poderán ser solicitantes deste programa na modalidade de acción social aqueles emigrantes naturais de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter sesenta ou máis anos de idade.

b) Levar polo menos 20 anos sen volver a España.

c) Ter familiares de ata cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estadía en Galicia.

d) Que non padezan enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas irreversibles discapacitantes, e que estean en condicións físicas para realizar unha viaxe de longa duración.

e) Que non teñan recursos económicos suficientes.

Poderán ser solicitantes deste programa na modalidade de axudas para viaxes:

2.1. As persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser natural de Galicia.

b) Residir con carácter ordinario en Iberoamérica.

c) Ter ela ou o seu cónxuxe máis de 60 anos de idade, podendo por razóns extraordinarias alegadas e con carácter de excepcionalidade rebaixa-la dita idade ata os 55 anos.

d) Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas discapacitantes e estar en condicións físicas para realiza-la viaxe programada.

e) Non ter participado en anteriores programas desta secretaría xeral de viaxes de reencontros con Galicia.

2.2. Os cónxuxes das persoas que soliciten o programa por aplicación do punto anterior, cumprindo así mesmo, o contido das alíneas b), d) e e).

2.3. Os fillos de galegos, con máis de 60 anos de idade, que posúan a nacionalidade española e cumpran, así mesmo, os requisitos sinalados nas alíneas b), d) e e) do punto 2.1.

Artigo 25º.-Documentación.

A documentación das persoas solicitantes deberá estar integrada por:

1. Na modalidade de acción social:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 4 desta orde.

b) Documento no que consten os seus ingresos económicos. En caso de imposibilidade de presentalo, poderá constituír documentación suficiente unha declaración xurada responsable.

c) Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de galego ou no caso do punto 2 do artigo 24º da súa orixe galega.

d) Certificado médico, segundo o modelo do anexo 4 da presente orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas na alínea d) do artigo 24º.

e) Fotografía actual tamaño carné.

2. Na modalidade de axudas para viaxes:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 4 BIS desta orde.

b) Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de galego ou, se é o caso, da súa orixe galega e da nacionalidade española.

c) Certificado médico, segundo o modelo do anexo 4 BIS da presente orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas na alínea d) do artigo 24.2.1.

d) Fotografía actual tamaño carné.

e) Os cónxuxes no caso de solicitar este programa deberán engadi-la seguinte documentación:

-Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de cónxuxe solicitante.

-Certificado médico, segundo o modelo do anexo 4 BIS da presente orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas na alínea d) do artigo 24.2.1.

-Fotografía actual tamaño carné.

Artigo 26º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación:

As solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación, nas entidades galegas dos países de destino da convocatoria que teñan recoñecida a galeguidade ou que estean consideradas como colaboradoras.

2. Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de marzo de 1999.

Artigo 27º.-Tramitación e resolución.

1. Nas modalidades de acción directa e axudas para viaxes os centros galegos farán a tramitación das solicitudes polo mesmo método e comisión que as sinaladas no artigo 7º, números 1, 2, 3, 4, 5 e 6 desta orde, pero considerando para este programa como centros coordinadores os seguintes:

-En Arxentina:

*Centro Gallego de Bos Aires.

*Centro Galicia de Bos Aires.

*Oficina Delegada da S.X.R.C.G.

-En Brasil:

*Peña Galega da Casa de España do Río de Janeiro.

*Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador -Bahía.

-En Cuba:

*Sociedad Cultural Rosalía de Castro da Habana.

*Oficina Administradora de Comunidades Galegas. Centro Gallego da Habana.

-En Uruguai:

*Casa de Galicia de Montevideo.

*Unión de Sociedades Galegas de Montevideo.

-En Venezuela:

*Hermandad Gallega de Caracas.

2. A selección dos participantes na modalidade de acción directa efectuarase en función de:

-Idade dos solicitantes e tempo sen volver a Galicia.

-Situación económica.

-Grao de consanguinidade e de afinidade dos familiares que residan en Galicia.

-Estado de saúde.

-Terán prioridade aqueles solicitantes que, cumprindo as condicións da convocatoria, teñan o seu cónxuxe seleccionado.

3. A selección dos participantes na modalidade de axudas para viaxes farase en función de:

-Idade dos solicitantes, con preferencia os maiores de 65 anos.

-Tempo sen volver a Galicia.

-Estado de saúde.

-Orixe galega, con preferencia os nacidos en Galicia.

4. A concesión ten carácter de provisionalidade en canto non sexa avalada polo doutor encargado dos recoñecementos e, no caso da modalidade de acción directa, polos familiares do solicitante que residan en Galicia.

5. Na modalidade de Acción Social a concesión é de carácter individual.

Na modalidade de Axudas para Viaxes, a selección do beneficiario implicará a do seu cónxuxe, no caso de ser solicitada.

6. Nas modalidades b) e c) do artigo 23, 2.1, a selección correrá a cargo dos concellos ou empresas, mentres que a tramitación se fará a través dos centros galegos designados por estes.

Artigo 28º.-Seguimento.

1. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa, no caso de concesión.

2. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicar á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias orixinais, podendo esta secretaría xeral dicta-la resolución que considere oportuna.

Programa 5: cursos de terapia ocupacional.

Artigo 29º.-Obxecto.

Promove-la realización de accións que posibiliten a creación de grupos de persoas da terceira idade de orixe galega residentes no exterior para o desenvolvemento das súas capacidades e aptitudes con finalidade de carácter terapéutico e formativo-ocupacional.

Artigo 30º.-Características dos cursos.

a) Duración: 50 horas impartidas como máximo en 3 semanas.

b) Lugar: as residencias de anciáns ou as instalacións dos centros galegos.

c) Modalidades: clases presenciais teórico-prácticas coa finalidade de desenvolve-las capacidades manuais e intelectuais sobre artesanía, moldeado, pintura, barro, tecidos, vimbio, entre outras especialidades.

d) Desenvolvemento curricular: os contidos que se impartirán seguirán a programación das unidades didácticas editadas para este programa pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, e os materiais necesarios para as clases prácticas axustaranse ás relacións que, segundo os traballos que se van realizar, se indican nas ditas unidades.

e) Requisito de concesión: mínimo 20 participantes por curso.

Artigo 31º.-Contido das axudas.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo:

a) Do custo de desprazamento do profesorado ata o lugar de celebración do curso.

b) Do custo da compensación económica ó persoal docente.

c) Excepcionalmente, poderáse atende-los gastos de estadía do profesorado no lugar de celebración do curso.

d) Do custo do material e o seu envío para imparti-lo curso.

2. Os centros faranse cargo de:

a) O custo da manutención e do aloxamento do profesorado. Con carácter de excepcionalidade, debidamente fundamentada, poderán subvencionarse estes custos de estadía.

b) Proporciona-las instalacións axeitadas.

c) Proporciona-lo material funxible necesario.

Artigo 32º.-Solicitantes.

Centros galegos que desenvolvan labores de tipo asistencial, que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 33º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 5 desta orde.

b) Relación das persoas que desexan participar no curso, expresando apelidos e nome, número do DNI ou pasaporte, idade, lugar de nacemento e a súa residencia efectiva.

Artigo 34º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1999.

Artigo 35º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución que comunicará ás entidades solicitantes en función de:

-Número de persoas solicitantes do curso.

-Interese temático dos diversos cursos solicitados.

-Número de persoas solicitantes de orixe galega.

Tamén a secretaría xeral resolverá sobre a concesión do curso e comunicarallo ó centro galego, que estará condicionado ás dispoñibilidades orzamentarias existentes.

Será preceptivo que os centros designen unha persoa que coordine as xestións desta actividade coa secretaría xeral debendo indica-lo seu nome e apelidos, número de teléfono e horario de localización.

Artigo 36º.-Seguimento.

1. Ó remate do curso a entidade enviará a esta secretaría xeral unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas considere necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Plan de accións formativas

Programa 6: axudas para estudios universitarios destinadas a emigrantes galegos ou ós seus descendentes.

Artigo 37º.-Obxecto e características.

1. A finalidade deste programa é potencia-la realización de estudios universitarios, nas facultades e escolas técnicas superiores, polos galegos, os seus fillos e netos, con residencia familiar no estranxeiro, que non teñan acabada a súa primeira carreira, con especiais aptitudes para o estudio e carentes de medios económicos suficientes para consegui-lo seu primeiro título universitario.

2. Este programa poderá ser obxecto de acordo de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 38º.-Contido das axudas.

As axudas destinaranse a cubri-los seguintes gastos durante o curso 1998-1999:

a) Académicos derivados dos estudios.

b) De estadía e manutención.

c) Da viaxe de ida e volta entre o lugar da súa residencia familiar e Galicia.

Artigo 39º.-Número e contía das axudas.

Convocaranse 20 bolsas de estudios por un importe unitario máximo anual de 500.000 pesetas. Este número de bolsas poderá ser ampliado ata 25, no caso de que o número de solicitudes que cumpran os requisitos esixidos así o aconsellase. En función do rendemento académico do beneficiario, a axuda poderase renovar ata completa-lo ciclo de estudios.

Artigo 40º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as persoas que acrediten documentalmente os seguintes requisitos:

a) Ser galego, fillo ou neto de galego.

b) Que os seus pais ou titores legais carezan de medios suficientes e teñan fixada a súa residencia no estranxeiro.

c) Que nos tres últimos anos fosen estudiantes nos sistemas educativos oficiais vixentes en España ou no seu país de residencia mantendo nos seus estudios suficiente rendemento.

d) Que estean cursando no momento da convocatoria estudios de grao medio, no seu último curso, ou estudios universitarios e desexen finaliza-la súa primeira carreira nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo.

Artigo 41º.-Documentación.

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 6 da presente orde.

b) Documento acreditativo da súa condición de galego ou ascendencia galega.

c) Documentos xustificativos da residencia no estranxeiro dos seus pais ou titores legais.

d) Xustificación documental dos ingresos económicos da unidade familiar ou, no caso de traballar por conta propia, declaración xurada responsable.

e) Documentación na que conste o expediente académico do solicitante, con expresión das disciplinas cursadas e as cualificacións obtidas nos tres últimos cursos académicos inmediatamente anteriores ó que estea cursando na actualidade, así como a escala de notas aplicada polos centros onde realizou os estudios.

f) Xustificación das cualificacións obtidas no curso 1998-1999 ou, no caso dos países nos que o curso académico coincide cos anos naturais, as correspondentes ó curso 1998.

g) Os solicitantes que se matriculen por primeira vez nunha universidade galega deberán presentar un dos dous xustificantes seguintes:

-De recepción da presentación ante a facultade elixida da documentación necesaria para a validación das disciplinas cursadas.

-Certificación que acredite a superación das probas de acceso á universidade.

Artigo 42º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación:

As solicitudes, xunto coa documentación correspondente, deberán ser enviadas á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo:

-Ata o 31 de marzo de 1999 para a documentación relacionada no artigo 41º alíneas a), b), c) e d).

-Ata o 20 de xullo ou o 30 de setembro de 1999 para a documentación relacionada no artigo 41º alínea e), nas convocatorias de xuño e setembro.

-Ata o 30 de setembro de 1999 para a documentación relacionada no artigo 41º alínea g).

Artigo 43º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas fará unha selección provisional aplicando os seguintes criterios:

-Valoración do expediente académico do solicitante.

-Valoración das circunstancias económicas da unidade familiar.

No caso de que o solicitante fora adxudicatario dunha destas axudas no exercicio de 1998 e persistan as circunstancias económicas da súa unidade familiar:

-Aproveitamento académico no curso 1998-1999.

2. Rematada a dita selección, elaboraráse unha relación provisional de beneficiarios, que se elevará a definitiva mediante resolución da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, e que se lle comunicará ós solicitantes, unha vez presentado por aqueles o xustificante da matriculación. As vacantes producidas pola non presentación do dito documento, serán cubertas polos beneficiarios provisionais suplentes que achegue esta acreditación documental.

3. Tódolos trámites necesarios para matricularse na universidade galega elixida deberán ser realizados directamente polos propios solicitantes.

Artigo 44º.-Pagamento e xustificación.

O beneficiario percibirá o importe da axuda polo procedemento establecido, en dúas fases.

Na primeira das fases percibirá o setenta e cinco por cento do importe da axuda unha vez que presente ante a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas xustificante de matriculación no centro universitario onde vaia cursa-los estudios. Este documento deberá presentarse nesta secretaría xeral dentro do exercicio orzamentario e, de ser posible, antes de remata-lo mes de novembro. As vacantes producidas pola non presentación do dito documento poderanse cubrir cos beneficiarios provisionais suplentes que presenten esta documentación.

Na segunda fase percibirá o vintecinco por cento restante do importe da axuda unha vez que presente ante a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas documentos acreditativos da súa incorporación ó curso académico.

Artigo 45º.-Obrigas dos beneficiarios.

Os beneficiarios das axudas estarán obrigados a:

a) Incorporarse ó centro elixido ó comezo do curso académico.

b) Residir durante o curso académico en Galicia.

c) Ó remate do curso, deberán entregar unha breve memoria xuntando documentación onde consten as cualificacións obtidas.

d) Estas bolsas son incompatibles co desfrute de calquera outro tipo de bolsas, tanto de institucións públicas como privadas.

O incumprimento das obrigas anteriores orixinará a perda inmediata da axuda concedida e a devolución polo beneficiario das cantidades percibidas mediante o procedemento de constrinximento.

Programa 7: cursos de especialización.

Artigo 46º.-Obxecto e características.

1. Dous son os obxectivos que se pretenden con estes cursos. Por unha banda, adestrar e perfecciona-los mozos en técnicas necesarias para mellora-la expresión, dramatización e escenificación nos nosos grupos teatrais, así como a calidade e interpretación dos instrumentos musicais e a coreografía e execución das danzas tradicionais galegas. Pola outra, formar mozos maiores de 18 anos que poidan tanto dinamiza-la xuventude dentro do ámbito de influencia dos centros galegos, como fomentar e promociona-las actividades deportivas no seo das nosas comunidades.

2. A metodoloxía dos cursos será dinámica e participativa utilizando, sempre que se poida, recursos audiovisuais que fagan referencia a Galicia.

3. Estes cursos deberán ter como introducción unha sección informativa dedicada exclusivamente a dar a coñecer Galicia desde o punto de vista cultural, histórico, monumental, etc.

4. Os cursos serán de formación intensiva, terán lugar con preferencia en Galicia e contarán cunha duración mínima de 40 horas lectivas; o número de participantes en cada unha das modalidades non será superior a 25. En todo caso, o número total de prazas e o desenvolvemento de cada un dos cursos serán obxecto da oportuna resolución da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

5. Os cursos de carácter teatral, así como os de danza e música tradicional galega serán realizados en colaboración co Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais da Xunta de Galicia, baseándose para tal fin nas súas unidades de producción:

-Ballet Galego Rey de Viana

-Centro Dramático Galego

-Grupo de Gaitas da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. Os cursos de carácter deportivo teñen por finalidade a especialización de monitores, preparadores e adestradores dos equipos das secciones infantís e xuvenís nos deportes de máis implantación e autóctonos dos distintos centros e asociacións galegas. Serán realizados en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte, de acordo co convenio asinado para tal fin, coa achega do profesorado e instalacións necesarias para a súa realización a través da Escola Galega do Deporte colaborando así mesmo neste programa coa Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

7. Os cursos de animación xuvenil realizaranse en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude a través da Escola Galega de Tempo Libre.

Artigo 47º.-Modalidade dos cursos.

1. Cursos de técnicas de danza e baile folclórico galego, cos seguintes contidos:

-Técnicas de danza clásica e de carácter: aplicación ó folclore galego.

-Colocación e movemento corporal. Música, ritmo e mimo.

-Escenario e vestiario.

-Técnica dos puntos: danzas e coreografías galegas. Percusión.

2. Curso de música tradicional galega, co seguinte contido, a nivel medio:

-A gaita galega, principios xerais. Afinación do «roncón» e do «punteiro».

-Interpretación de muiñeiras, xotas, danzas festivas e danzas gremiais.

3. Curso de confección de compoñentes da gaita, cos seguintes contidos:

-Coñecemento e utilización dos materiais e ferramentas necesarias para a construcción de «palletas» e «pallóns». Modos de fabricación.

-Afinado do «roncón» e do «punteiro».

4. Cursos en técnicas de teatro, que pode abarca-los contidos seguintes:

a) Texto teatral: natureza, análise e texto de representación.

b) Reparto, ensaios e traballo do director de escena.

c) Espacio escénico: escenografía, movemento, iluminación e espacio sonoro.

d) Os estilos escénicos, producción na posta en escena, últimos ensaios e ensaios xerais.

e) Calquera outra técnica de representación teatral (construcción e posta en escena de marionetas e

monicreques, etc., que poida ser de interese para os grupos das nosas comunidades)

5. Os cursos de técnicas deportivas atenderán á modalidade de fútbol abarcando os seguintes contidos:

a) Escolas de fútbol.

b) A preparación física.

c) Os principios de adestramento.

d) Técnica e táctica.

e) Psicoloxía e medicina no fútbol.

6. Cursos de animación xuvenil que pode abarca-los seguintes contidos:

a) Planificación e xestión de actividades: programación, xestión de recursos humanos e económicos, publicidade e información.

b) Psicosocioloxía do tempo libre.

c) Tempo libre: materiais, urbanismo, programación e administración de campamentos e seguridade e hixiene.

d) Introducción á cultura de Galicia: historia, lingua, cultura, xeografía, institucións e sociedade.

7. As persoas que participen nos cursos na modalidade de animación xuvenil poderán optar á realización de prácticas como monitores integrados nas actividades de campamentos do programa 16. Para isto coordinaranse a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas coa Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, co fin de programar debidamente a integración nos equipos de monitores na campaña de verán.

Artigo 48º.-Contido das achegas.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo do custo da viaxe dos participantes de Europa e América, de ida e volta, desde os lugares de partida fixados pola secretaría xeral ata os aeroportos de Galicia.

O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, no caso dos cursos de carácter instrumental-musical, teatral así como dos de danza tradicional galega, farase cargo de proporciona-las instalacións e da selección e dotación do profesorado.

A Secretaría Xeral para o Deporte, no caso dos cursos de carácter deportivo, farase cargo da achega do profesorado e instalacións necesarias para a súa realización de acordo coa cláusula terceira do convenio asinado.

O resto das achegas necesarias para poñer en funcionamento os cursos poderán ser a cargo da secretaría xeral, sempre tendo en conta os acordos entre as diferentes entidades e organismos colaboradores.

Artigo 49º.-Solicitantes.

1. Poderán propoñer asistentes a estes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a súa galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

2. As entidades solicitantes de prazas para estes cursos, ó face-la preselección que figurará na súa solicitude, deberán valora-los seguintes criterios nos aspirantes:

a) Ser galego ou descendente de galego.

b) Ser maior de 18 anos.

c) Ser socio dun centro galego que teña a galeguidade recoñecida ou sexa centro colaborador.

d) Pertencer ó grupo de animación xuvenil, teatral, folclórico ou deportivo desa entidade.

e) Para os cursos de animación xuvenil e folclore valorarase a participación noutros cursos desenvolvidos nos países de residencia ó amparo dos correspondentes programas da secretaría xeral.

3. Terán preferencia para asistir ós cursos aquelas persoas que acrediten ter algunha responsabilidade, dentro da súa comunidade galega, nas áreas de animación xuvenil, teatro, folclore ou deporte.

4. Por cada centro non poderán participar nos cursos máis de dúas persoas para cada unha das modalidades.

Artigo 50º.-Documentación.

A documentación necesaria para solicita-la participación nestes cursos será:

a) Solicitude-proposta do centro segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 7 desta orde, totalmente cuberta en tódolos seus puntos.

b) Fotocopia do documento nacional de identidade e currículum do aspirante con referencia especial ós coñecementos, títulos, experiencia, etc. na materia obxecto do curso.

Artigo 51º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes, por necesidades extraordinarias de programación, rematará o 20 de febreiro de 1999.

Artigo 52º.-Tramitación e resolución; seguimento.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes-proposta dos cursos.

2. No seu momento, a secretaría xeral comunicará a concesión do curso.

3. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa.

Programa 8: cursos de formación ocupacional e empresarial.

Artigo 53º.-Obxecto e características.

1. Os cursos de formación ocupacional terán por finalidade mellora-la formación técnico-profesional dos galegos e os seus descendentes, no ámbito dos centros galegos da Galicia do exterior. Promoveranse especialmente modalidades que atendan á difusión dos costumes e tradicións típicos galegos -cociña galega, encaixe de palillos-, buscando a súa transmisión nos ámbitos familiares e a capacitación nos correspondentes sectores ocupacionais. Seguirán tendo unha atención especial aqueles cursos que atendan á formación en técnicas informáticas. Estes cursos terán unha duración non superior a cento vinte horas, e o número de participantes non será inferior a vintecinco en cada modalidade.

Estes cursos poderán xestionarse mediante o oportuno acordo entre a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

2. Os cursos de formación empresarial terán por finalidade mellora-la formación técnico-empresarial dos galegos e os seus descendentes, que igualmente residan na Galicia do exterior. Estes cursos terán unha duración máxima de cincuenta horas, e o número de participantes non será inferior a vintecinco.

Estes cursos poderán xestionarse, se é o caso, mediante o oportuno acordo entre a Consellería de Industria e Comercio e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, coa colaboración das asociacións de empresarios galegos no exterior.

3. As aulas permanentes de formación ocupacional terán por finalidade a formación continuada de carácter técnico profesional dos galegos e dos seus descendentes no ámbito dos centros galegos de Galicia do exterior, como naquelas entidades e países que aconsellen realiza-los cursos de formación ocupacional con carácter continuado ó longo do ano.

Artigo 54º.-Modalidade dos cursos.

1. Tanto os cursos de formación ocupacional coma os de formación empresarial poderán ser de dúas modalidades:

a) Cursos de acción directa e

b) Cursos subvencionados.

2. Serán cursos de acción directa aqueles que, sendo solicitados polos centros, sexan programados e executados pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

3. Serán cursos subvencionados aqueles que sexan programados e executados polos centros integramente.

Artigo 55º.-Contido das achegas.

a) Cursos de acción directa

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas e a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, faranse cargo:

a) Do custo do desprazamento do profesorado ó lugar de realización do curso.

b) Do custo de material e do seu envío para imparti-lo curso.

c) Do custo da compensación económica do profesorado.

2. Os centros faranse cargo de:

a) Con carácter ordinario, dos gastos de estadía e manutención do profesorado.

b) Proporciona-las instalacións axeitadas.

c) Proporciona-lo material funxible necesario.

B) Cursos subvencionados.

Poderán ser subvencionados ata un máximo dun 75% aqueles cursos que se axusten ás normas da presente orde e ó seu posterior desenvolvemento, e sexan aprobados pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

C) Aulas permanentes

Poderán ser subvencionadas aquelas aulas que se axusten ás normas da presente orde e ó seu posterior desenvolvemento, e sexan aprobadas pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 56º.-Solicitantes.

1. Serán solicitantes dos cursos de formación ocupacional e empresarial e das aulas permanentes as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

2. Así mesmo, poderán ser solicitantes dos cursos de formación empresarial as asociacións de empresarios galegos da Galicia do exterior.

Artigo 57º.-Documentación.

1. A documentación necesaria para os cursos de aulas permanentes e de formación ocupacional será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 8 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes na que constará apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte.

2. A documentación necesaria para os cursos de formación empresarial será:

a) Solicitude da asociación segundo o modelo do anexo 8 BIS desta orde.

b) Relación nominal dos participantes na que constará apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte.

3. No caso dos cursos subvencionados, tanto de formación ocupacional como empresarial, xuntará á solicitude:

a) Programa das materias que se van impartir.

b) Currículum do profesorado.

c) Horario do curso, indicando os lugares e as datas da súa realización.

d) Orzamento pormenorizado do curso.

4. No caso de aulas permanentes, relación de programas que se van impartir ó longo do ano, currículo das correspondentes materias, memoria dos medios e materiais dispostos para tal fin, e currículum do profesorado, así como o orzamento.

Artigo 58º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1999.

Artigo 59º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes dos cursos.

2. No seu momento a secretaría xeral comunicará a concesión do curso indicando, se é o caso, nome do profesorado, data, lugar e hora de chegada, así como as datas nas que se vai realizar.

Artigo 60º.-Seguimento.

1. Ó remate do curso a entidade remitirá á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de realización dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a secretaría xeral considere necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Programa 9: cursos de lingua, literatura, historia e cultura galega.

Artigo 61º.-Obxecto.

1. O programa consiste en promove-la realización de accións que eleven o nivel cultural dos emigrantes de orixe galega e manteña viva a súa identidade, así como en difundi-la cultura galega nos contornos dos seus asentamentos.

2. Este programa é o resultado do acordo de colaboración entre a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 62º.-Características.

1. Estes cursos van dirixidos, preferentemente, a maiores de 14 anos que sexan socios de centros galegos; se ben poden participar tamén tódolos membros da colectividade galega e os seus descendentes, así como aquelas persoas interesadas no feito cultural de Galicia.

2. Cada curso terá unha duración de 60 horas de teoría e 15 de práctica. O horario das clases axustarase ás necesidades dos solicitantes, cun mínimo de dúas horas diarias por grupo.

3. Os cursos serán de dous niveis distintos de coñecementos: cursos de iniciación e cursos de perfeccionamento.

4. Para que o curso poida ser concedido é necesario que conte cun número mínimo de 25 alumnos. Na concesión valorarase a porcentaxe de alumnos de orixe galega.

Artigo 63º.-Contido das achegas.

1. A Dirección Xeral de Política Lingüística farase cargo de:

a) O custo das horas de docencia do profesorado.

2. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo:

a) Do custo do desprazamento do profesorado ó lugar de celebración do curso.

b) Excepcionalmente, poderán atenderse os gastos de estadía do profesorado no lugar de celebración do curso.

c) Do custo do material para o curso.

d) Do custo do envío do material.

3. Os centros proporcionarán as instalacións axeitadas para a realización do curso e, se é o caso, o custo da estadía do profesorado no lugar onde se leve a cabo e a súa manutención ata un máximo de 30 días.

Artigo 64º.-Solicitantes.

Poderán solicita-la realización destes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 65º.-Documentación.

A documentación necesaria para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 9 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes preinscritos na que constarán apelidos e nome, idade, número do DNI ou do pasaporte e grao de ascendencia galega, se é o caso.

Artigo 66º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas

Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1999.

Artigo 67º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución que comunicará ás entidades solicitantes en función de:

-Número de persoas solicitantes do curso.

-Número de cursos concedidos ó centro solicitante.

-Número de persoas solicitantes de orixe galega.

Así mesmo a secretaría xeral comunicará o nome do profesor designado e as datas e lugar de realización do curso tendo en conta o contido da solicitude do centro e do acordado coa Dirección Xeral de Política Lingüística.

Será preceptivo que o centro ou conxunto de centros solicitantes designen unha persoa que coordine as xestións desta actividade coa secretaría xeral debendo indica-lo seu nome e apelidos, número de teléfono e horario de localización.

Artigo 68º.-Seguimento.

1. Ó remate do curso, a entidade remitirá á secretaría xeral unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de realización dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a secretaría xeral estime necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Plan de accións culturais

Programa 10: concurso público cultural de artigos xornalísticos, redaccións, contos, vídeo, pintura, debuxo, fotografía, e de interpretación de gaiteiros solistas.

Artigo 69º.-Obxecto.

Promove-lo desenvolvemento das actividades culturais nos seus aspectos literarios e plásticos dentro das comunidades galegas da Galicia do exterior, para potenciar e dinamiza-los ditos centros, co fin de que teñan unha vida plenamente integrada na cultura de Galicia.

Artigo 70º.-Características.

1. Este concurso poderá ser convocado polos centros de acordo coas súas posibilidades, e a este certame convocado pola secretaría xeral poderanse presentar traballos que foran premiados polos centros.

2. A temática dos traballos terá que estar relacionada con Galicia ou coa emigración galega.

Artigo 71º.-Premios.

Os premios de cada unha das modalidades serán os seguintes:

1. Modalidade de artigos xornalisticos, premio «Andoriña»:

a) Primeiro premio: 300.000 pesetas.

b) Segundo premio: 150.000 pesetas.

c) Terceiro premio: 75.000 pesetas.

2. Modalidade de contos, premio «Bolboreta»:

a) Primeiro premio: 200.000 pesetas.

b) Segundo premio: 100.000 pesetas.

c) Terceiro premio: 50.000 pesetas.

3. Modalidade de vídeos, premio «Xanela»:

a) Primeiro premio: 250.000 pesetas.

b) Segundo premio: 150.000 pesetas.

c) Terceiro premio: 100.000 pesetas.

4. Modalidade de pintura, premio «Camelia»:

a) Primeiro premio: 400.000 pesetas.

b) Segundo premio: 200.000 pesetas.

c) Terceiro premio: 100.000 pesetas.

5. Modalidade de debuxo, premio «Mimosa»:

a) Primeiro premio: 300.000 pesetas.

b) Segundo premio: 200.000 pesetas.

c) Terceiro premio: 100.000 pesetas.

6. Modalidade de fotografía, premio «Vagalume»:

a) Primeiro premio: 200.000 pesetas.

b) Segundo premio: 100.000 pesetas

c) Terceiro premio: 50.000 pesetas.

7. Modalidade de interpretación de gaiteiros solistas, premio «Gaiteiro de Soutelo»:

Esta modalidade faise en colaboración co Ateneo de Ferrol, promotor e organizador do premio «Constantino Bellón». Serán concedidos catro premios distribuídos por áreas da Galicia exterior do seguinte modo:

América: dúas.

España: unha.

Europa: unha.

Os premios consistirán na asistencia e participación, con gastos de desprazamento e estadía pagados, ó concurso «Constantino Bellón» que convoca anualmente o Ateneo de Ferrol.

8. Modalidade de redacción e contos sobre as experiencias vividas en Galicia polos beneficiarios do Programa 16, «Actividades de Campamento», pre

mio «Pomba». En cada unha destas disciplinas convocaranse os seguintes premios:

a) Primeiro premio: 75.000 pesetas.

b) Segundo premio: 50.000 pesetas.

c) Terceiro premio: 25.000 pesetas.

9. Modalidade de reportaxe fotográfica sobre as experiencias vividas en Galicia polos beneficiarios do Programa 16 «Actividades de campamento», premio «Manuel Ferrol»:

Primeiro premio: 75.000 pesetas.

Segundo premio: 50.000 pesetas.

Terceiro premio: 25.000 pesetas.

10. Modalidade de traballos de investigación xuvenil «Galeguidade», sobre o tema «os mozos ante o futuro da galeguidade», premiado con 300.000 pesetas.

11. Modalidade «Trofeo Galeguidade» coa organización de competicións e dotacións de premios nas modalidades deportivas xuvenís que se sinalen entre seleccións deportivas xuvenís de América e Europa, dependendo a súa posta en marcha no presente exercicio da correspondente dotación orzamentaria e base organizativa imprescindible por parte dos centros galegos participantes.

Artigo 72º.-Participantes.

1. Poderán participar neste concurso os autores de calquera traballo das modalidades enumeradas no artigo anterior, segundo as idades que figuren nas bases que se publicarán antes de transcorrer dous meses desde a publicación da presente orde.

2. Así mesmo poderán participa-los autores de traballos que fosen premiados nos concursos convocados polos centros galegos, sempre que estean de acordo coas anteditas bases.

3. Nas modalidades 8 e 9 do artigo 71º, de redacción e contos e de reportaxe fotográfica, premios «Pomba» e «Manuel Ferrol», poderán participa-los beneficiarios do Programa 16, «Actividades de Campamento» que narren ou describan experiencias vividas no transcurso deste programa.

4. Á parte doutras condicións que esixan as bases das convocatorias, non poderán participar nestes concursos aquelas persoas que obtiveran, na mesma especialidade, o primeiro premio en anteriores edicións ou dous ou máis premios, nos últimos tres anos.

Artigo 73º.-Documentación.

1. Cada traballo que se presente ó concurso deberá vir acompañado dunha proposición onde figure:

a) Nome do traballo.

b) Nome e apelidos do autor, enderezo, país e número de teléfono.

c) Valor estimado da obra, se é o caso.

2. As bases previstas no artigo 72º.1 establecerán concretamente os requisitos e formas de presentación dos traballos para cada especialidade.

Artigo 74º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Os autores que non se presentasen ós concursos dos centros enviarán os seus traballos a través dunha sociedade galega do exterior e, excepcionalmente, directamente a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra, Praza da Quintana, 15074. Santiago de Compostela. A Coruña) dentro do prazo que se sinale nas bases, segundo a especialidade.

2. Os centros galegos que convocasen concursos poderán envia-los traballos premiados por eles para participar neste certame.

Artigo 75º.-Resolución e decisión.

1. A secretaría xeral publicará, nas datas sinaladas no artigo 72º, as bases da convocatoria para tódalas modalidades, e nomeará un xurado de persoas especialistas nas materias convocadas, no que participará, no caso do concurso de interpretación de gaiteiros solistas, un membro do xurado do premio «Constantino Bellón».

2. O xurado, unha vez vistos os traballos, elevará a súa decisión á devandita secretaría xeral, que resolverá o que proceda.

Artigo 76º.-Difusión das obras premiadas.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas reservará para si o dereito de reproduci-las obras premiadas, que quedarán da súa propiedade, para utilizalas en actividades non comerciais.

2. O feito de participar no concurso presupón a aceptación das normas contidas neste programa e nas bases correspondentes.

Programa 11: axudas para a realización de actividades asociativas e culturais. Xacobeo 99.

Artigo 77º.-Obxecto.

A concesión de axudas dirixidas a subvencionar, total ou parcialmente, as actividades de carácter asociativo e cultural realizadas en favor das comunidades galegas co fin de facer efectivos os dereitos de carácter cultural que lles recoñece a Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.

Artigo 78º.-Características.

Ademais das actividades previstas nos distintos programas do plan de accións culturais, numerados do 10 ó 15, realizadas directamente polas comunidades galegas, poderán ser subvencionadas, entre outras que se axusten á Lei de recoñecemento da galeguidade, as seguintes:

1. Realización de cursos, seminarios, xiras e conferencias non previstos en programas específicos desta convocatoria.

2. Programación e realización de actos conmemorativos de efemérides ou festas de especial significación para a lingua, historia ou cultura de Galicia.

3. Desprazamentos que no exercicio da súa función representativa realicen os membros da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas, dentro do seu ámbito territorial de actuación, sempre que se realicen coa previa autorización por escrito da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas e cumprindo as condicións establecidas por ela.

4. A realización de tarefas complementarias de xestión por parte dos centros coordinadores de programas de axudas individuais designados naquelas partes onde se constitúa comisión avaliadora de axudas segundo o previsto na disposición adicional primeira desta orde.

5. A realización de viaxes de grupo a Galicia organizados polos centros con motivo da celebración do Ano Santo Xacobeo de 1999 e da súa participación no programa de peregrinación III Día da Galicia Exterior.

Artigo 79º.-Solicitantes.

As solicitudes poderán ser presentadas polas entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como polas institucións e asociacións sen fin de lucro e as persoas físicas que puideran, se é o caso, realizar accións que sirvan para os fins sinalados no artigo 78º da presente orde.

Artigo 80º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

-Solicitude segundo o modelo normalizado que se une como anexo 10 á presente orde, xuntando as follas adicionais que se consideren necesarias para unha adecuada valoración da solicitude por parte da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 81º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1999.

Artigo 82º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución, que comunicará ás entidades solicitantes e, sen prexuízo doutros extremos que se puideran tomar en consideración, ponderará as seguintes circunstancias nas solicitudes de subvención:

-A necesidade e utilidade das accións que se van desenvolver.

-O colectivo efectivo de persoas sobre as que incide directamente o programa cultural ou de peregrinación programado.

-A capacidade de xestiona-las actividades para as que se solicita subvención.

Artigo 83º.-Seguimento.

1. A solicitude de subvención supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento das normas e condicións da subvención, no caso de que se conceda.

2. Os beneficiarios das subvencións quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das accións previstas, que deberá ser aprobada previamente pola citada secretaría xeral para xustifica-las subvencións concedidas.

Artigo 84º.-Pagamento e xustificación.

1. Pagamento:

Sen prexuízo da normativa aplicable, unha vez resolta a concesión de axuda, o pagamento realizarase de acordo coas seguintes normas:

a) Os trámites de pagamento de ata o 50% da subvención concedida poderanse iniciar a partir do momento da resolución de concesión, se así se xustifica cos documentos correspondentes ás actividades ou programas xa realizados que se sinalan no punto seguinte.

O pagamento do resto do importe da subvención concedida realizarase unha vez que sexan suficientemente xustificadas as actividades realizadas con cargo á citada subvención.

b) Para as actuacións previstas no artigo 78, poderase autorizar excepcionalmente o réxime de pagamentos por xustificar previsto na normativa de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

2. Xustificación:

A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións, dentro do exercicio orzamentario, para proceder ó seu pagamento será a seguinte:

a) Informe detallado das actividades realizadas en execución do programa e que xustifiquen a subvención concedida.

b) Relación detallada dos gastos realizados con motivo da celebración das citadas actividades subvencionadas e, se é o caso, dos recursos cos que se contou para o seu financiamento ou das axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos, ou privados nacionais ou internacionais.

A documentación presentada polos centros galegos deberá ser asinada polo secretario co visto e prace do presidente.

Programa 12: acción informativa na Galicia exterior.

Artigo 85º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas dirixidas a potencia-la difusión da cultura e realidade de Galicia no exterior a través de información de prensa, revistas de carácter periódico, programas de radio e televisión, etc. que promovan un mellor coñecemento de Galicia no exterior, da nosa realidade científica e cultural, da nosa lingua, literatura, música e folclore, etc. ademais da difusión directa que realicen as propias comunidades galegas mediante puntos permanentes de información creados no seu seo.

Artigo 86º.-Características.

As actuacións específicas que poden ser subvencionadas a través deste programa axustaranse ás seguintes características:

1. A creación e mantemento de oficinas de turismo na Galicia do exterior. A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a través da Dirección Xeral de Turismo, deseñará o modelo e contido das oficinas de turismo na Galicia exterior que se establecerán nas entidades galegas que determine segundo a súa extratexia de promoción exterior. Para estes efectos, estableceranse o convenio ou convenios que se consideren oportunos coa Secretaría para as Relacións coas Comunidades Galegas. Farase especial fincapé na dotación axeitada de medios materiais, e en particular, a súa conexión ás redes telemáticas de información turística.

2. A edición e difusión periódica polas comunidades galegas de revistas culturais, informativas, económicas, etc. ou boletíns de interese, e a realización de programas de radio e televisión dedicados á realidade galega por parte das comunidades galegas ou institucións e asociacións no exterior.

Estas actuacións serán subvencionadas en función da periodicidade, difusión e número de exemplares, calidade e custo dos exemplares publicados, se é o caso.

3. A distribución ás comunidades galegas e ás empresas difusoras nos países onde aquelas estean establecidas, de programas informativos de interese sobre Galicia mediante acordos con organismos ou empresas de radiodifusión e televisión de Galicia.

Os acordos previstos neste último caso poderán realizarse ó longo do correspondente exercicio, en función do número e actualidade dos programas que se van distribuír, contidos de especial dedicación a Galicia e ámbito e medio de difusión.

4. A conexión a internet das comunidades galegas posibilitando o seu acceso á información universal mediante as denominadas autoestradas de información e ó uso do correo electrónico.

5. A conexión dos centros ás novas canles de acceso ás televisións galega e española, establecéndose para

estes efectos as liñas de colaboración correspondentes.

Artigo 87º.-Solicitantes.

As solicitudes poderán ser presentadas polas entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como polas institucións ou empresas de radiodifusión e televisión de Galicia para os casos de distribución de programas a comunidades galegas previstos no punto 3 do artigo anterior.

Artigo 88º.-Documentación.

Para as actuacións previstas nos números 2, 4 e 5 do artigo 86º a documentación deberá estar integrada por:

-Solicitude segundo o modelo normalizado que vai como anexo 11 da presente orde, xuntando as follas adicionais que se consideren precisas para unha adecuada valoración da axuda atendendo ós criterios sinalados no artigo 86º.

Artigo 89º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1999.

Artigo 90º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución no prazo de dous meses a partir do remate do prazo de presentación de solicitudes valorándoas en función dos criterios sinalados no artigo 86º desta orde.

Artigo 91º.-Seguimento.

1. A solicitude de axuda supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poida face-las comprobacións que precise para asegura-lo cumprimento das normas e requisitos fixados na presente orde.

2. Os centros beneficiarios das axudas deberán comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das accións previstas.

Artigo 92º.-Pagamento e xustificación.

1. Xustificación:

Os centros beneficiarios das axudas deberán presentar dentro do exercicio orzamentario a seguinte documentación:

-Informe detallado que acredite a realización das actuacións informativas subvencionadas, remitíndolle á secretaría xeral un exemplar de cada número publicado cando se trate de axudas para edición de revistas e boletíns.

-Relación detallada dos gastos feitos con motivo das citadas actividades.

A documentación presentada polos centros galegos deberá ser asinada polo secretario co visto e prace do presidente.

2. Pagamento:

O sistema de pagamento das subvencións concedidas por este programa será o mesmo que o previsto para as subvencións do programa de actividades asociativas e culturais.

Programa 13: dotacións para bibliotecas.

Artigo 93º.-Obxecto e características.

1. O programa ten por obxecto favorece-la difusión da cultura galega mediante a provisión de material bibliográfico ós centros da Galicia do exterior.

2. As dotacións consistirán en material enviado desde Galicia, para incrementa-lo fondo bibliográfico do centro solicitante.

Artigo 94º.-Contido das dotacións.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poderá concede-lo material bibliográfico solicitado, facéndose cargo do financiamento do seu custo, que non poderá ter, en ningún caso un valor superior a 100.000 pesetas, e do custo do envío ó centro galego.

Artigo 95º.-Solicitantes.

Poderán solicitar este tipo de dotacións as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 96º.-Documentación.

A documentación que se presentará será a seguinte:

a) Solicitude segundo o modelo do anexo 12.

b) Relación de libros solicitados coa súa correspondente referencia bibliográfica (autor, editorial, etc.) ou indicación das áreas ou temas de interese para o centro.

Artigo 97º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos solicitantes enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1999.

Artigo 98º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes ós centros.

2. A secretaría xeral resolverá a concesión das dotacións en función de:

a) Asignación orzamentaria.

b) Características dos centros solicitantes.

3. A secretaría xeral, no seu momento, comunicará ós centros a adxudicación da dotación e procederá ó envío de material.

Artigo 99º.-Seguimento.

A solicitude dun centro supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas coide necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Programa 14: cursos de danza, música e confección de traxes tradicionais.

Artigo 100º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto promove-la realización de accións que eleven o nivel artístico dos grupos folclóricos dos centros galegos.

Artigo 101º.-Características.

1. Os cursos versarán sobre danza, música e confección de traxe galego, e irán dirixidos ós centros galegos que teñan grupo folclórico ou que manifesten a súa vontade de crealo.

2. A duración dos cursos será de 15 días intensivos e o horario das clases axustarase ás necesidades dos solicitantes.

3. Ó comezo do curso realizarase unha sesión informativa de introducción dedicada exclusivamente a dar a coñecer Galicia desde o punto de vista cultural, histórico e monumental.

4. Para que poida ser concedido un curso, é necesario que conte cun número mínimo de 10 participantes.

Artigo 102º.-Contido das achegas.

1. A secretaría xeral farase cargo:

a) Do custo do desprazamento do profesorado ata o lugar onde se realice o curso.

b) Do custo da compensación económica do personal docente.

c) Se é o caso, o custo do material que figure na lista correspondente que se una como anexo á resolución nos cursos de confección de traxes, debendo quedar confeccionado un traxe de muller e outro de home.

2. Os centros faranse cargo con carácter ordinario, dos gastos da estadía e manutención do profesorado durante os 15 días de duración do curso.

Artigo 103º.-Solicitantes.

Poderán solicita-la realización destes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 104º.-Documentación.

A documentación precisa para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 13 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes preinscritos na que constarán apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte e idade dos solicitantes.

Artigo 105º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviaranlle a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1999.

Artigo 106º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución que comunicará ás entidades solicitantes en función de:

-Número de persoas solicitantes do curso.

-Número de cursos concedidos ó centro solicitante.

-Número de persoas preinscritas de orixe galega.

2. Así mesmo, a secretaría xeral comunicará o nome do profesor designado e as datas e lugar de celebración do curso tendo en conta o contido da solicitude do centro.

Artigo 107º.-Seguimento.

1. Ó remata-lo curso, a entidade a quen se lle concedeu, remitirá á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas unha breve memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude para realizar un curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a secretaría xeral coide necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Programa 15: cursos extraordinarios.

Artigo 108º.-Obxecto e características.

1. Este curso faise preciso porque estamos vivindo a época do turismo, da comunicación. É necesario orienta-lo viaxeiro ou o residente noutro país cunha serie de datos sobre Galicia, de interese para que estas persoas teñan unha estadía na nosa terra que poida engadir un novo matiz ós seus coñecementos, o matiz do galego, o matiz da existencia da realidade da etnia galega.

2. Será un curso intensivo, curto e rápido, impartido por áreas xeográficas, apoiándose nas comunidades de galegos máis numerosas.

3. Terá por finalidade formar persoas pertencentes a comunidades galegas para proporcionarlles coñecementos sobre a realidade cultural-turística da Galicia actual, perfeccionando, ó mesmo tempo, as súas capacidades de comunicación. Os devanditos coñecementos conforman, a través das clases reci

bidas, o adestramento de informadores turísticos de Galicia e do Camiño de Santiago.

4. O curso terá lugar nas instalacións da entidade que, dentro de cada área, designe a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 109º.-Modalidade do curso.

Será un curso de informadores turísticos e do Camiño de Santiago, feito en colaboración coa Dirección Xeral de Turismo, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, impartido por persoal especializado que recollerá aspectos tales como:

-Recursos turísticos de Galicia.

-Tramos diferentes da oferta turística galega.

-Diversificación de novas ofertas.

-Áreas naturais e itinerarios máis importantes para coñece-la paisaxe e os monumentos artísticos e históricos de Galicia.

-O Camiño de Santiago como legado histórico e as peregrinacións.

Artigo 110º.-Contido das achegas.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo:

a) Dos gastos de aluguer de locais, se é o caso, os de material didáctico e os de organización necesarios para imparti-lo curso no establecemento elixido.

b) Do custo da viaxe e das retribucións do persoal docente achegado pola secretaría xeral.

c) Do custo do desprazamento e, se é o caso, da estadía dos participantes que residan dentro da zona de influencia, pero fóra da área metropolitana na que se vai imparti-lo curso.

2. Os organismos ou entidades colaboradoras faranse cargo:

a) Do custo do material preciso para a realización do curso e do seu envío.

b) Do custo da viaxe do persoal docente achegado pola entidade.

Artigo 111º.-Solicitantes.

1. Poderán propoñer asistentes a este curso as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

2. As entidades solicitantes de prazas para este curso, ó faceren a selección, deberán ter en conta os seguintes criterios:

a) Ser maior de idade, procurando que unha maioría dos asistentes sexa menor de 30 anos.

b) Ser socio do centro e ter capacidade de comunicación.

c) Ser persoa que teña algunha responsabilidade, dentro da súa comunidade galega, nas áreas de turismo ou información sobre Galicia.

3. O número de asistentes ó curso non será menor de 100. A relación de alumnos poderá conformarse a partir das propostas de asistentes presentadas por diferentes entidades galegas da mesma área xeográfica.

Artigo 112º.-Documentación.

A documentación precisa para solicita-la participación neste curso será a solicitude-proposta que faga o centro segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 14 desta orde.

Artigo 113º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1999.

Artigo 114º.-Tramitación, resolución e seguimento.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes.

2. No seu momento a secretaría xeral comunicará a concesión do curso.

3. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas faga as comprobacións que considere precisas para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa.

4. Os centros quedan obrigados a comunicarlle á secretaría xeral, se é o caso, calquera alteración das circunstancias que orixinaron a selección, podendo a devandita secretaría xeral, dicta-la resolución que coide oportuna.

Plan de accións xuvenís

Programa 16: actividades de campamento.

Artigo 115º.-Obxecto e características.

1. O programa ten por obxecto a inserción na vida social e cultural do pobo galego dos mozos e mozas pertencentes ás comunidades galegas da Galicia do exterior, achegándose ás raíces ancestrais do noso pobo, á nosa cultura etnográfica e ó noso medio rural e desenvolvendo ó mesmo tempo actividades recreativas, culturais, turísticas, deportivas e de tempo libre.

2. Convócanse 500 prazas en campamentos e albergues xuvenís da Comunidade Autónoma de Galicia, preferentemente na modalidade itinerante «Coñece Galicia». Os seleccionados residirán en cada quenda consecutivamente en tres das seguintes instalacións: Eijo Garay e Irmáns Pedrosa de Lugo, López Cuevillas de Ourense, Altamar de Vigo, Gandarío e Mariña Española da Coruña e Monte do Gozo en Santiago.

Os participantes integraranse con mozos residentes en Galicia e noutras comunidades españolas.

3. Este programa é o resultado do acordo de colaboración subscrito entre a Consellería de Familia, Muller e Xuventude e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

4. As prazas para participantes de América poderán incluír unha axuda completa de viaxe, ou ben unha subvención do 50 por cento do seu custo, de acordo coas cotas que para cada país se establezan por resolución da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

5. Este programa poderá realizarse na modalidade de «en colaboración cos concellos» coa finalidade de obte-la inserción na vida social e cultural dos concellos galegos dos rapaces e mozos, fillos ou netos de persoas orixinarias deles, comprendidos nas idades que se establezan e que residan na Galicia exterior. Esta modalidade, que será obxecto dunha circular explicativa, será desenvolvida en colaboración entre esta secretaría xeral e os concellos galegos que a subscriban.

6. Sen prexuízo da realización deste programa, tal como consta no correspondente articulado, poderá realizarse algunha actividade de campamento no exterior, que terá a consideración de experiencia piloto, coa denominación de «Campamento Galicia 2000», dotándose do material necesario coa finalidade de organizar unhas xornadas que sirvan de convivencia ente as xuventudes das nosas comunidades podendo servir de base para a celebración de encontros deportivos entre os equipos dos diferentes lugares en distintas modalidades deportivas.

Artigo 116º.-Contido das achegas.

1. A secretaría xeral, en colaboración coa Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, farase cargo:

a) Do custo da parte da viaxe que se estableza, así como do custo do traslado dos participantes de Iberoamérica desde o aeroporto de Santiago de Compostela ata o lugar de celebración da actividade, tendo en conta as especiais circunstancias polas que atravesa esta área da emigración galega.

b) Do custo da estadía, manutención e actividades paralelas á quenda solicitada.

2. Na modalidade de «en colaboración cos concellos», a secretaría xeral en colaboración co concello correspondente farase cargo do custo da parte da viaxe que se estableza, sendo con cargo ó concello a estadía e actividades que se acorden.

Artigo 117º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas prazas as persoas que, residindo no exterior, cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser galego, fillo ou neto de galego.

b) Ter unha idade entre 14 e 20 anos, contados a 30 de xuño de 1999.

c) Non ter participado en edicións anteriores deste programa nin ter viaxado a Galicia nos últimos dez anos.

Artigo 118º.-Documentación.

1. Os solicitantes deberán presentar, inicialmente, antes do 31 de marzo de 1999, os seguintes documentos:

a) A solicitude segundo o modelo do anexo 15, correspondente ó ano 1999.

b) Fotocopia dos documentos oficiais acreditativos da orixe galega do beneficiario.

c) 2 fotografías tamaño carné.

d) Fotocopia do documento nacional de identidade e do pasaporte, no caso de que xa os teñan expedidos.

2. Os solicitantes preseleccionados pola comisión avaliadora á que se refire o artigo 120 deberán presentar, na semana seguinte á exposición da acta de preseleccionados, os seguintes documentos:

a) Certificado médico de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa e de ser apto para participar, con normalidade, en actividades recreativas e deportivas.

b) Se é o caso, fotocopia do documento necesario para unha posible asistencia sanitaria que exceda da establecida no convenio asinado coa Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia para programas culturais e asistenciais destinados á Galicia exterior.

c) Tódolos participantes menores de idade presentarán o modelo anexo 15-B e cubrirán a autorización para viaxar, asinada polos pais ou titores legais.

d) Os participantes menores de idade de Europa e América que desexen quedar coa súa familia ó termina-la actividade deberán cubrir, así mesmo, a autorización asinada polos pais ou titores legais incluída no mesmo modelo anexo 15-B.

Artigo 119º.-Lugar e prazo de presentación.

As solicitudes, xunto coa documentación correspondente, entregaranse nos centros galegos ata o 31 de marzo de 1999.

Na modalidade de «en colaboración cos concellos» as solicitudes presentaranse no prazo establecido de acordo co concello e nas entidades galegas que se designen.

Artigo 120º.-Tramitación e resolución.

1. A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude indicará as prazas dispoñibles en cada quenda así como os tramos de idade posibles para cada campamento.

2. A secretaría xeral asignará as prazas que corresponderán, para cada tipo de axuda de viaxe, a cada unha das áreas, e dentro da área de América a cada un dos países.

3. Vistas as prazas convocadas, os solicitantes presentarán a súa documentación nos centros galegos do seu país de residencia.

4. Os centros galegos comprobarán que as solitudes estean completas e correctamente cubertas, tramitándoas da seguinte forma:

a) Os centros galegos de España e Europa directamente á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

b) Os centros galegos de América farán a tramitación das solicitudes polo mesmo método e comisión avaliadora que as sinaladas no artigo 7º, alíneas 1, 2, 3, 4, 5 e 6 desta orde, pero considerando para este programa como centros coordinadores, os seguintes:

* En Arxentina:

-Centro Galicia de Bos Aires.

-Centro Galego de Bos Aires. Oficina Delegada.

* En Brasil:

-Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.

-Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Baía.

* En Cuba:

-Sociedade Cultural Rosalía de Castro da Habana.

-Oficina Administradora de Comunidades Galegas. Centro Gallego da Habana.

* En Uruguai:

-Casa de Galicia de Montevideo.

-Unión de Sociedades Galegas de Montevideo.

* En Venezuela:

-Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

5. A selección dos aspirantes farase valorando as seguintes circunstancias:

a) Grao de ascendencia galega.

b) Tempo sen visitar Galicia.

c) Situación económica da familia.

d) Grao de integración e participación na vida asociativa da comunidade por parte do solicitante e da súa familia.

e) Interese amosado polo participante no coñecemento da cultura e realidade galegas a través da súa participación en concursos culturais, traballos de investigación, cursos de distintas especialidades convocados por esta Secretaría para a Galicia exterior, etc.

6. A secretaría xeral adxudicará directamente as prazas reservadas a España e Europa segundo as quendas e tramos de idade dispoñibles e a orde de chegada das solicitudes.

7. A secretaría xeral comunicaralles ós centros coordinadores a adxudicación definitiva das prazas.

8. Con carácter previo á realización da viaxe a Galicia, os mozos seleccionados deberán asistir ás sesións informativas que se realizarán nos seus países de orixe, especificamente encamiñadas ó coñecemento da realidade galega en xeral e da actividade de campamento en particular.

9. Os beneficiarios deste programa presentarán obrigatoriamente, ó abeiro do programa 10 de concursos públicos, na modalidade 8, premio «Pomba», traballos de redaccións e, de forma opcional, de contos ou da modalidade de reportaxe fotográfica, premio «Manuel Ferrol», sen prexuízo do que dispoña a normativa en vigor da Dirección Xeral da Xuventude.

10. Na modalidade de «en colaboración con concellos» a tramitación realizarase a través das entidades galegas designadas e a selección dos participantes farase de acordo co contido do punto 5 deste artigo polo correspondente concello galego coa colaboración desta secretaría xeral.

Artigo 121º.-Seguimento.

1. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que considere necesarias sobre as circunstancias dos solicitantes que teñan incidencia na concesión de praza para participar neste programa.

2. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias orixinais, podendo a devandita secretaría xeral dicta-la resolución que considere oportuna.

Programa 17: cursos de animación xuvenil.

Artigo 122º.-Obxectivo e características.

1. Preténdese con estes cursos formar mozos maiores de 16 anos que poidan dinamiza-la xuventude dentro do ámbito de influencia dos centros galegos, ó mesmo tempo que se capacitan para a programación e realización de actividades socioculturais e recreativas para a xuventude tanto en tempo libre urbano como na natureza.

2. Estes cursos de animación xuvenil poderán abarca-las seguintes áreas:

a) Área de coñecemento de Galicia desde o punto de vista cultural, histórico e monumental.

b) Área de psicosocioloxía e metodoloxía educativa.

c) Área de técnicas e recursos:

-Expresión literaria gráfica.

-Dramatización.

-Introducción ás artes plásticas.

-Xogos e cancións de animación.

-Primeiros auxilios.

d) Área de aire libre e educación ambiental.

3. Para que poida ser obxecto de aprobación un curso, deberase contar cun mínimo de 20 participantes preinscritos.

4. Este programa poderá ser obxecto de acordo de colaboración entre a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 123º.-Contido das achegas.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ata o lugar de celebración do curso.

b) O custo da estadía do profesorado, no lugar de celebración do curso, ata un máximo de 14 días.

c) O custo das horas de docencia do profesorado.

d) O custo do material para os cursos.

e) O custo do envío do material.

2. Os centros galegos faranse cargo de:

a) Proporciona-las instalacións adecuadas para face-lo curso.

b) O custo da manutención do profesorado.

Artigo 124º.-Solicitantes.

Poderán solicita-la celebración destes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 125º.-Documentación.

A documentación precisa para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 16 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes preinscritos na que constarán apelidos e nome, número do documento nacional de identidade ou do pasaporte, así como a súa idade.

Artigo 126º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1999.

Artigo 127º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas xustificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. A secretaría xeral resolverá a concesión dos cursos tendo en conta:

a) Asignación orzamentaria.

b) Características do centro ou centros solicitantes e número efectivo de destinatarios dos cursos.

Artigo 128º.-Seguimento.

1. Ó remata-lo curso a entidade remitirá á secretaría xeral unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas coide necesarias para asegura-lo cumprimento destas normas.

Programa 18: dotación de equipamentos deportivos.

Artigo 129º.-Obxectivo e características.

Este programa ten como obxectivo a provisión do vestiario axeitado para a práctica deportiva ós centros da Galicia do exterior.

Artigo 130º.-Contido das dotacións.

A secretaría xeral poderá concede-lo material deportivo solicitado, facéndose cargo do financiamento do seu custo e do envío ó centro galego solicitante.

Artigo 131º.-Solicitantes.

Poderán solicitar este programa de dotación as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, que teñan equipos deportivos creados no seu seo.

Artigo 132º.-Documentación.

Solicitude segundo o modelo do anexo 17 debidamente cuberta en tódolos seus puntos.

Artigo 133º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1999.

Artigo 134º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. A secretaría xeral resolverá a concesión das dotacións en función de:

a) Asignación orzamentaria.

b) Características dos centros solicitantes, especialidades practicadas e número de compoñentes dos equipos.

Artigo 135º.-Seguimento.

A solicitude de dotación supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas considere necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Plan de asistencia estructural, funcional

e de equipamento de centros

Programa 19: axudas para rehabilitación de locais e instalacións dos centros e para promoción de novos proxectos asistenciais.

Artigo 136º.-Obxecto e características.

Ten por obxecto a concesión de axudas destinadas a subvencionar, en todo ou en parte, a rehabilitación de edificios, así como a promoción de novos proxectos de carácter asistencial por parte das comunidades galegas no exterior.

Artigo 137º.-Finalidade das axudas.

1. Prestar axuda ás comunidades galegas que posúan patrimonio propio para mantelo de forma decorosa. As axudas dedicaranse á mellora, conservación ou acondicionamento de edificios, locais ou instalacións nas sedes das comunidades galegas para a mellor prestación dos seus servicios asistenciais, culturais, educativos, etc.

2. Prestar axuda ás comunidades galegas que teñan patrimonio propio e fagan investimentos para lles proporcionar ós seus socios prestacións socioculturais ou deportivas atractivas para a xuventude.

3. Prestar axuda ás entidades que carezan de patrimonio e non teñan posibilidade de afronta-la adquisición de instalacións propias, pero que necesitan realizar obras imprescindibles de adecuación nos locais que ocupan.

4. Prestar axuda á promoción de novos proxectos asistenciais incluíndo a ampliación de centros asistenciais, tales como residencias, centros hospitalarios, etc., que sexan promovidos polas comunidades galegas do exterior, nos seus lugares de asentamento para a atención dos seus asociados galegos.

5. Prestar axudas ás comunidades galegas que atendan especificamente á terceira idade, ós maiores das residencias de anciáns promovidas polas nosas comunidades, para acondicionar locais dentro das súas instalacións co obxectivo de habilitar fogares diúrnos, entendendo como tales, lugares onde as persoas da terceira idade poidan realizar actividades lúdicas, recreativas e de terapia ocupacional, e con servicio de cafetería e comedor.

Artigo 138º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 139º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 18 da presente orde, que irá acompañada de

follas adicionais para o desenvolvemento dos puntos que se consideren necesarios.

b) Proxecto ou memoria complementaria correspondente ás obras previstas e orzamento detallado delas.

Tódalas solicitudes poderán estar acompañadas de calquera outra documentación complementaria que se considere adecuada para unha mellor valoración.

Artigo 140º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1999.

Artigo 141º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolucións e comunicarállelas ás entidades solicitantes, en función de:

-Orzamento total que supoña a actuación de rehabilitación ou promoción de novos proxectos.

-Finalidade social da acción e número de supostos beneficiarios.

-Situación xurídica das instalacións, locais ou edificios onde se vai realiza-lo investimento, atendendo ó réxime de utilización polos centros, como propietarios ou arrendatarios.

Artigo 142º.-Seguimento.

1. A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que considere necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

2. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias, podendo a devandita secretaría xeral adopta-la resolución correspondente.

Artigo 143º.-Pagamento e xustificación.

1. Pagamento:

Sen prexuízo da normativa aplicable, unha vez resolta a concesión da axuda, o pagamento realizarase de acordo coas seguintes normas:

a) Os trámites de pagamento de ata o 50 por cento da subvención concedida poderanse iniciar a partir do momento da resolución de concesión, se así se xustifica cos documentos que se sinalan no punto 2 do presente artigo e que correspondan ás actuacións xa realizadas.

b) O pagamento do resto do importe da subvención concedida realizarase unha vez que sexan xustificadas as actuacións realizadas con cargo á citada subvención.

2. Xustificación:

A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións dentro do exercicio orzamentario para proceder ó pagamento será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro co visto e prace do presidente, explicando as obras, melloras ou rehabilitacións de edificios e instalacións realizadas en execución do proxecto presentado coa solicitude da subvención, facendo consta-los importes investidos, se é o caso, na moeda do país correspondente e a súa equivalencia en pesetas.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados polo centro con motivo das actuacións subvencionadas que deberán presentarse ben en documento orixinal, ben en duplicado, ou ben en fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

Programa 20: axudas para mellora-las dotacións e equipamentos dos centros.

Artigo 144º.-Obxecto e características.

A concesión de axudas destinadas a subvenciona-la dotación de mobiliario e equipamentos que contribúan a mellora-las condicións asistenciais, culturais, educativas, etc. das comunidades galegas no exterior, en beneficio dos seus asociados galegos.

Artigo 145º.-Finalidade da axuda.

1. Apoia-las entidades que teñan patrimonio propio e que desenvolvan actividades benéfico-sociais de apoio á poboación de maior idade e menos recursos. Estas axudas destinaranse, fundamentalmente, á adquisición de equipamentos tecnolóxicos de carácter sanitario.

2. Apoia-las comunidades galegas que precisan, necesariamente, dotar de equipamentos e mobiliario as súas sedes para atende-los seus fins propios mediante a realización de actividades educativas, culturais e sociais.

Artigo 146º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 147º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 19 da presente orde, que irá acompañada de follas adicionais para o desenvolvemento dos puntos en que se considere necesario.

b) As solicitudes que presenten as comunidades galegas por importe superior a 500.000 pesetas acompañaranse necesariamente do orzamento ou orzamentos correspondentes realizados polos prove

dores ós que se prevé adquiri-los equipos ou mobiliario obxecto de subvención, salvo que se trate de bens de difícil adquisición fóra de Galicia, caso en que a valoración, e, se é o caso, a adquisición e o envío, poderá ser excepcionalmente realizada directamente pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 148º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1999.

Artigo 149º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución e comunicarállela ás entidades solicitantes en función de:

-Orzamento total que supoña o equipamento ou a adquisición de mobiliario.

-Finalidade social da actuación e número de supostos beneficiarios directos da institución.

Artigo 150º.-Seguimento.

1. A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que coide necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

2. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias, podendo a devandita secretaría xeral adopta-la resolución correspondente.

Artigo 151º.-Pagamento e xustificación.

1. Procederase ó pagamento unha vez realizada polo centro beneficiario a adquisición do mobiliario ou equipamento subvencionado.

2. A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións dentro do exercico orzamentario para proceder ó pagamento será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro co visto e prace do presidente que acredite as adquisicións de mobiliario ou equipos, realizadas en execución do previsto na solicitude de subvención facendo consta-los importes investidos, se é o caso, na moeda do país correspondente e a súa equivalencia en pesetas.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados con motivo das adquisicións subvencionadas,

que deberán presentarse ben en documento orixinal, ben por duplicado, ou ben fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

3. En casos excepcionais debidamente xustificados poderase aplica-lo sistema de pagamento fraccionado previsto no artigo 143º.1 desta orde.

Programa 21: axudas para mellora-los equipamentos dos grupos folclóricos dos centros. Dotación de instrumentos musicais.

Artigo 152º.-Obxecto e características.

A concesión de axudas destinadas a subvencionar, en todo ou en parte, e na contía máxima de 300.000 pesetas a adquisición polas comunidades galegas de instrumentos musicais e material necesario para mellora-lo equipamento dos seus grupos folclóricos.

Artigo 153º.-Finalidade da axuda.

A adquisición dos instrumentos musicais habituais nos grupos folclóricos galegos -gaitas, tambores, pandeiretas-, para renova-lo seu equipamento e o material necesario para as actuacións dos grupos.

Artigo 154º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades galegas que teñen recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 155º.-Documentación.

Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 20 da presente orde.

Artigo 156º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1999.

Artigo 157º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución e comunicarállela ás entidades solicitantes en función de:

-Orzamento total da adquisición dos instrumentos ou material.

-Número de socios da entidade solicitante e de compoñentes do grupo.

Artigo 158º.-Seguimento.

A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que coide necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

Artigo 159º.-Pagamento e xustificación.

1. Procederase ó pagamento unha vez realizada polo centro beneficiario a adquisicón do equipamento ou instrumentos subvencionados.

2. A documentación que deben presenta-los beneficiarios destas axudas dentro do exercicio orzamentario para proceder ó pagamento será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro co visto e prace do presidente na que se detallen as adquisicións realizadas de instrumentos ou equipos para grupos de folclore obxecto de subvención neste programa, facendo consta-los importes investidos, se é o caso, na moeda do país correspondente e a súa equivalencia en pesetas.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados polo centro con motivo da adquisición dos instrumentos musicais e outros equipamentos do grupo, que deberán presentarse ben en documento orixinal, ben en duplicado, ou ben en fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

Programa 22: axudas para equipamentos de informática e comunicación.

Artigo 160º.-Obxecto e características.

A concesión de axudas destinadas á subvención total ou parcial de equipos tecnolóxicos que contribúan tanto a mellora-las comunicacións desde e cos centros galegos posibilitando un eficiente fluxo de información como á axilización da xestión interna dos centros coa dotación de equipos informáticos.

Artigo 161º.-Finalidade das axudas.

Facer realmente efectivos os dereitos de información e comunicación que lles concede ás comunidades galegas a Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade:

-Mediante o apoio económico na adquisición de fax, completando a rede de mellora de comunicación das comunidades galegas entre estas e con Galicia.

-Coa axuda para a adquisición de equipos audiovisuais polas comunidades galegas que posibiliten actividades educativas e culturais ós seus asociados galegos. Inclúese especialmente neste punto a adquisición e instalación nos centros de sistemas de recepción vía satélite, antenas, etc., que permitan a transmisión ós seus asociados dos programas de radio e televisión españois destinados ou abertos ó exterior.

-Subvencionando a adquisición de equipos informáticos polos centros e entidades galegas coa finalidade de moderniza-la xestión interna deles e permiti-lo acceso ás bases de datos que posibiliten o coñecemento e difusión da realidade da Galicia actual, Internet e á comunicación por correo electrónico, etc.

Artigo 162º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades galegas que teñen recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 163º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 21.

b) As solicitudes por importe superior a 500.000 pesetas irán acompañadas necesariamente do orzamento ou orzamentos correspondentes realizados polos provedores ós que se lles vaian adquiri-los equipamentos obxecto de subvención, agás no caso de que se trate de bens de difícil adquisición, en que a valoración, adquisición e envío poderá ser excepcionalmente realizada directamente pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 164º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1999.

Artigo 165º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución e comunicarállela ás entidades solicitantes en función de:

-Orzamento total que supoña o equipamento ou a adquisición.

-Finalidade social da actuación e número de supostos beneficiarios directos da institución.

Artigo 166º.-Seguimento.

1. A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que coide necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

2. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias, podendo a devandita secretaría xeral adopta-la resolución correspondente.

Artigo 167º.-Pagamento e xustificación.

1. Procederase ó pagamento unha vez realizada polo centro beneficiario a adquisición dos equipamentos subvencionados.

2. A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións dentro do exercicio orzamentario para proceder ó pagamento será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro co visto e prace do presidente na que se detallen as adqui

sicións de equipamentos de comunicación ou informática, realizados segundo o previsto na solicitude de subvención, facendo consta-los importes investidos, se é o caso, na moeda do país correspondente e a súa equivalencia en pesetas.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados con motivo das adquisicións subvencionadas que deberán presentarse ben en documento orixinal, ben en duplicado, ou ben en fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

Disposicións adicionais

Primeira.-Nos programas nos que o contido o permita, a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poderá, mediante resolución, para simplificar e axiliza-la selección dos beneficiarios, nomear unha comisión avaliadora constituída de acordo co disposto no artigo 7º desta orde.

A devandita comisión reunirase naqueles países onde se presentaron un maior número de solicitudes, levantando acta dos seus acordos, que terá valor de proposta de selección.

Segunda.-Se, por calquera motivo, a actividade programada non se puidese realizar, deberáselle comunicar á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, que poderá dispoñer do citado crédito para subvencionar proxectos inicialmente desestimados ou aumenta-la axuda doutros subvencionados parcialmente.

Terceira.-Facúltase a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, sempre que a natureza e tramitación orzamentaria o permitan, para amplia-los prazos sinalados na presente orde mediante resolución.

Cuarta.-Os gastos en bens correntes e servicios que se ocasionen con motivo da realización dos programas 1 ó 18 realizaranse con cargo ó concepto orzamentario 04.03.213-A.226-07 (Actuacións derivadas da Lei da galeguidade) do orzamento da Comunidade Autónoma para 1999, e as axudas ou subvencións precisas para a realización dos citados programas concederanse con cargo á partida 04.03.213-A.480.0 (Transferencias correntes. A familias e institucións sen fin de lucro. Subvencións dedicadas ó cumprimento da Lei 4/1983. Fondos propios).

As subvencións correspondentes ós programas 19 ó 22, destinadas a rehabilitación de locais e dotacións de equipamentos, concederanse con cargo á partida orzamentaria 04.03.213-A.780.0 (Transferencias de capital. A familias e institucións sen fin de lucro. Dotación e rehabilitación de centros galegos no exterior. Fondos propios).

As subvencións destinadas á promoción de novos centros e novos proxectos asistenciais concederanse

con cargo á partida orzamentaria 04.03.213-A.781.0 (Transferencias de capital. A familias e institucións sen fin de lucro. Creación de novos centros e promoción de novos proxectos asistenciais. Fondos propios).

Quinta.-Na tramitación e resolución das axudas correspondentes a un mesmo centro, relativas a programas financiados con cargo ó mesmo capítulo e concepto orzamentario e sempre que as circunstancias o aconsellen e o importe global das subvencións concedidas con cargo ó devandito capítulo e concepto non exceda dun millón de pesetas, a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poderá acumular nun único expediente varias ou tódalas solicitudes de axudas de acordo co previsto na lexislación de procedemento administrativo, detallando na resolución, se o considerase preciso, a contía parcial concedida por cada programa.

Sexta.-De conformidade coa Orde do 11 de febreiro de 1998 da Consellería de Economía e Facenda, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, non se comunicará resolución de concesión ós beneficiarios ata que resultaren aprobados os créditos do programa 213-A (Accións en favor das comunidades galegas) que amparen o gasto correspondente. Os citados créditos figuran no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999.

Sétima.-Dada a especificidade dos programas en favor das comunidades galegas, delégase no secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas a concesión das axudas e subvencións e a resolución dos concursos que se convocan pola presente orde. Se no prazo de seis meses desde a data de remate de presentación de solicitudes, non recaese resolución expresa desta convocatoria, as solicitudes presentadas entenderanse desestimadas.

Oitava.-A concesión das subvencións estará sempre condicionada ó límite de crédito previsto na aplicación correspondente.

No proxecto de lei dos orzamentos xerais da nosa comunidade autónoma para 1999, figura un crédito de 744.392.000 pesetas para facer fronte ás actuacións derivadas da presente orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas para dicta-las resolucións que tecnicamente sexan necesarias para o cumprimento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

10983