Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 02 de decembro de 1998 Páx. 12.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO.

Por este anuncio advírtese da exposición ó público, durante o prazo de catro días fixado no artigo 122 do texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, do prego de condicións económico-administrativas e técnicas que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e de concurso, da concesión do servicio de recollida de residuos sólidos urbanos, polo procedemento de urxencia, coa finalidade de que as persoas que o desexen poidan presenta-las reclamacións e observacións que consideren convenientes.

Así mesmo, convócase a licitación pública, polo procedemento aberto e de concurso, da concesión do servicio de recollida de residuos sólidos urbanos. En todo caso, a licitación aprazarase de presentarse reclamacións contra o prego de condicións, ata que non sexan resoltas.

Obxecto: concesión do servicio de recollida de residuos sólidos urbanos.

Tipo de licitación: 28.000.000 de ptas.

Presentación de proposicións: na secretaría da corporación, en horas hábiles de oficina. O prazo de presentación de propostas será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio de licitación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Ramón Alonso Fernández

Alcalde

10944