Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 02 de decembro de 1998 Páx. 12.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 29 de outubro de 1998, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, que ten por obxecto o reaxuste en detalle da aliñación do tramo da tra

vesía de Meicende, promovido por Dolores Rodríguez Rabuñal, e redactado polo arquiecto Luis Couto González.

Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo), no prazo e dous meses contados desde o día seguinte ó da data da publicación deste anuncio, logo de comunicación a esta Administración pública, segundo o disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo do exercicio das demais accións que se consideren convenientes. (Expediente 18/97. PMP)

Arteixo, 5 de novembro de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

10436