Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 02 de decembro de 1998 Páx. 12.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 4 de maio de 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, consistentes en reaxustar aliñacións e rasantes e ordenar volumes na rúa de Sabón, travesía de Oseiro, Oseiro, Arteixo, promovido por Manuel Areosa y Otros, S.C., e redactado polo arquitecto Alfredo Garrote Pazos, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10, 1º, Arteixo, e presentando as alegacións que consideren convenientes. (Expediente 15/98.PED).

Arteixo, 9 de xuño de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

10433