Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 02 de decembro de 1998 Páx. 12.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o 13 de novembro de 1998, aprobou definitivamente o

expediente de distribución de beneficios e cargas na unidade de xestión UGA C1, segundo expediente incoado para o efecto. En virtude do devandito acordo queda definitivamente aprobada a delimitación do polígono ou unidade reparcelable, o proxecto de reparcelación, o estudio de detalle para ordenación de volumes e o proxecto de urbanización para a execución de servicios e dotacións.

O que se fai público en cumprimento do disposto na vixente lexislación, en particular o do artigo 111 do Real decreto 3288/1978, de agosto, polo que se aproba o Regulamento de xestión urbanística.

Quiroga, 14 de novembro de 1998.

O alcalde accidental

Rubricado

10449