Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 02 de decembro de 1998 Páx. 12.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/38-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración da utilidade

pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: Avda. José Antonio, 21, 36830 A Lama.

Denominación: L.M.T. Racelo-Casalitoi.

Situación: A Lama.

Descricións técnicas: L.M.T., a 20 kV, dobre circuíto, de 1.312 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos, desde o centro de protección e reparto de Racelo ata o apoio nº 5 da L.M.T. A Lama-Antas-O Borralleiro, en Casalitoi, desde onde se separan os circuítos, un cara á Lama-Laxe e outro cara a Antas-O Borralleiro. Concello da Lama.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar, declara-la utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que leva implícita, así como aproba-lo proxecto de execución das referidas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta resolución é susceptible de recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes.

Pontevedra, 21 de outubro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

10941