Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 02 de decembro de 1998 Páx. 12.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52613).

De conformidade con disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na r/ Avda. de Arteixo, 171, 15009 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a declaración de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre bens e dreitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV, de 1.769 m de lonxitude, con orixe na liña Tresmontes-Fins, centro de transformación aéreo que se ins

talará no lugar de Pedamúa e rede de baixa tensión no termo municipal de Cerceda (expediente 52613), da que con data do 16 de xuño de 1993 se outorgou a declaración de utilidade pública.

En consecuencia, calquera persoa dentro do prazo dos quinces días seguintes á presente publicación, e os interesados que figuran na relación anexa ós que se lles practicará notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria, poderán rectifica-la titularidade dos predios, se esta é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afecten; e formular mediante escrito ante esta delegación alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do citado decreto.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decmebro de 1954.

A Coruña, 21 de outubro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 52613. Provincia: A Coruña.

L.M.T. a C.T. Pedamúa.Termo municipal: Cerceda.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

7Chousa NovaEucaliptalAntonio Bello FuentesSobre da Fonte, 43, 15185 Cercedaœ 4126312

7/1Chousa NovaEucaliptalRamiro Bello FuentesAvda. Galicia, 75, 15185 Cerceda82984

7/2Chousa NovaEucaliptalDelfina Bello FuentesSobre da Fonte, 15185 Cerceda5228360

7/3Chousa NovaEucaliptalDaniel Bello Fuentesr/ J. Glez. Rodríguez, 5.5º Esqu., 15001 A CoruñaLAT75

10/1Chousa NovaFroiteirasAntonio Casas FuentesEsperón, 15185 Cerceda23175

16Chousa NovaMonte altoJesús Villamisar CandalO Brozo-Meirama, 15188 Cerceda8120

10090