Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 02 de decembro de 1998 Páx. 12.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1998 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, da contratación de dous servicios de limpeza e un servicio de vixilancia en diversas dependencias da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, con expediente anticipado de gasto, dos seguintes contratos de servicio:

1. Limpeza nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Lugo ( Arquivo Histórico Provincial, Biblioteca Pública, Museo Arquelóxico de Viladonga, Oficina de Turismo de Lugo e Oficina de Turismo de Ribadeo).

-Orzamento de licitación: 6.810.401 pesetas (seis millóns oitocentas dez mil catrocentas unha pesetas) IVE incluído, condicionado á aprobación dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Garantía provisional: non se esixe.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

2. Limpeza nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo na Coruña (Biblioteca Pública, Museo das Peregrinacións e Museo de Belas Artes).

-Orzamento de licitación: 14.586.000 pesetas (catorce millóns cincocentas oitenta e seis mil pesetas) IVE incluído, condicionado á aprobación dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Garantía provisional: non se esixe.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

3. Vixilancia e axuda nas dependencias da Dirección Xeral de Turismo, praza de Mazarelos, 15, Santiago de Compostela.

-Orzamento de licitación: 3.872.556 pesetas (tres millóns oitocentas setenta e dúas mil cincocentas cincuenta e seis pesetas) IVE incluído, condicionado á aprobación dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Garantía provisional: non se esixe.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Exposición da documentación: o prego de prescricións técnicas e o prego de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1998.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

10457