Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 01 de decembro de 1998 Páx. 12.853

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración de ben de interese cultural con categoría de monumento a favor do Pazo de Gondomar, no concello de Gondomar, provincia de Pontevedra.

A petición de Gonzalo Fernández de Córdoba y Calleja, Conde de Gondomar, iníciase expediente para a declaración de ben de interese cultural, con categoría de monumento, a favor do Pazo de Gondomar, no concello de Gondomar, provincia de Pontevedra.

En consecuencia, vistos os informes dos servicios técnicos desta dirección xeral e órganos consultivos da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en materia de bens de interese cultural, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Incoar expediente para a declaración de ben de interese cultural con categoría de monumento a favor do Pazo de Gondomar, no concello de Gondomar, provincia de Pontevedra.

Segundo.-Delimita-la zona afectada pola citada incoación do xeito que se especifica literal e graficamente nos anexos I e II da presente resolución.

Terceiro.-Notificarlle a presente resolución ó concello, ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural

do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, e demais interesados.

Cuarto.-Por tratarse dun ben inmoble, e de conformidade co artigo 35 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de galicia, quedan en suspenso as correspondentes licencias municipais de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas, así como os efectos das xa outorgadas. A suspensión dependerá da resolución ou caducidade do expediente incoado.

As obras que, por causa de forza maior, interese xeral ou urxencia, se tivesen que realizar con carácter inaprazable, precisarán, en todo caso, autorización dos organismos competentes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Quinto.-A presente resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, abríndose un período de información pública dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 novembro de 1998.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO I

A delimitación da área de protección referénciase graficamente nos planos adxuntos con trazado descontinuo, formando una poligonal cerrada que une os puntos 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 1 segundo a seguinte descrición:

Comeza no coñecido como Lugar do Acordo (1), que ten como referencia un cruceiro ó pe do que celebraban as súas sesións o concello do Val e partido de Miñor durante os séculos XVI, XVII e parte do XVIII. Desde este punto diríxese en dirección sur ata cruzar a ponte de Mañufe (2) onde xira ó poñente, seguindo o trazado da estrada 415 a Donas, ó longo de 170 m aproximadametne. Neste punto (3) cambia de dirección seguindo o camiño que bordeando o pazo de Mendoza se atopa coa estrada 414 diante do igrexario de Mañufe (4) seguindo pola citada estrada (414) ata a altura do cemiterio católico de Mañufe (5) onde corta en dirección leste seguindo o curso do camiño público asfaltado que bordeando a casa inquisicional de Cristillón (6) se atopa coa antiga estrada Real no cruceiro de Piquetes (7). Desde este punto e seguindo a estrada asfaltada denominada Estrada, que nalgúns tramos coincide coa antiga estrada Real, continúa ata o aberto denominado Feira do Doce (8) (lugar no que existiu unha, a

orixe da cal se remonta ó medievo), desde onde baixa polo camiño denominado Casa do Monte (que a patir do punto (9) ten pavimento de asfalto) para se atopar coa estrada PO-340 (10).

Volve a cambiar de dirección neste punto para segui-la citada estrada con rumbo norte ó longo duns 350 m, enlazando neste lugar (11) co camiño de

Caxide polo que baixa ata a fonte das Meáns (12). Segue en dirección norte pola estrada municipal a Couso ó longo duns 550 m ata atoparse co camiño do Barando (13), para continuar por este ata a ponte de Ventorrillo (14) sobre o río de Couso. Continúa polo curso do citado río ata o seu encontro co río de Morgadáns (15) desde onde se dirixe polo camiño do Barando ata xuntarse co camiño vello de Ponte de Ánimas (16) polo que segue ata cruza-la estrada 412 a Peitieiros (17) continuando polo camiño de Áspera que bordeando o pazo do mesmo título (18) cruza o camiño asfaltado a Toucido (19) e a estrada 416 a Chaín (20) ata o punto (21) coñecido como O Calvario onde se xunta co antigo camiño do Abelar. Desde este punto a poligonal segue o curso do camiño que en dirección noreste acaba por atoparse co antigo camiño de Ameixeira no punto (22) incluíndo nel a área de protección unha pequena bolsa de terreo de xeometría triangular, colindante co camiño pola parte exterior, cualificada polo

P.X.O.M. coa ordenanza 1.4.

Desde o punto (22) a poligonal segue o camiño de Ameixeira ata o punto (23) onde corta en dirección leste cruzándose coa estrada Gondomar-O Porriño PO-331 sobre a actual rotonda (24). Desde este punto

segue polo camiño do Bravo que pasa por diante dos antigos muíños hidráulicos do mesmo nome (25) e cruza o río Vilaza no pontillón do Bravo (26) seguindo polo camiño das Gaiandas ata atoparse coa estrada 408 de Gondomar a Areíña fronte ó parque do campo da feira (27).

Continúa polo estrada 408 ó longo duns 600 m ata o punto do cruzamento co antigo camiño de Matavacas (29). Inclúese unha bolsa de terreo de xeometría trapezoidal, colindante coa estrada 408 polo lateral exterior. O dito terreo sitúase a cota moi elevada e está cualificado no P.X.O.M de Gondomar como P-4 (polígono que se vai desenvolver co estudio de detalles (28).

Desde o punto (29) a liña límite da área de protección diríxese en dirección noroeste uns 240 m ata o punto (30) desde onde baixa ata atoparse co camiño de Fontán no punto (31), englobando na área de protección unha bolsa de terreo sensiblemente triangular situada entre o pazo de Fontán e a Pousa de Mera, cualificada no P.X.O.M. como solo urbanizable.

Desde o punto (31) a liña que delimita a área de protección baixa polo camiño de Fontán ata o punto (1) lugar do Acordo, onde se pecha a poligonal.

10861