Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 01 de decembro de 1998 Páx. 12.845

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 340/1998, do 20 de novembro, polo que se regulan as funcións e os órganos provinciais dependentes da Secretaría Xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal.

Creada a Secretaría Xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal mediante Decreto 350/1997, do 10 de decembro, polo que se determina a estructura orgánica dos centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, procede determina-lo seu ámbito funcional atendendo ós principios de economía e eficacia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo do informe das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, no uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia do día vinte de novembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Secretaría Xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal é o centro directivo que asume as funcións de impulso na elaboración, coordinación e seguimento do Plan de Desenvolvemento Comarcal. Neste sentido, son tarefas específicas desta secretaría xeral as seguintes:

a) A coordinación xeral do Plan de Desenvolvemento Comarcal.

b) A elaboración da proposta dos plans de desenvolvemento das comarcas.

c) A proposta de avaliación anual e o seguimento dos ditos plans.

d) A avaliación das propostas de prórroga, revisión e modificación dos plans de desenvolvemento das comarcas.

e) A proposta da configuración das distintas comarcas nas que se divide o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Determina-lo número e a localización dos centros comarcais de exposición e promoción de recursos.

Artigo 2º

A Secretaría Xeral de Planificación e Desenvolvemento terá rango de dirección xeral e dependerá funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Artigo 3º

Os delegados provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Gali-

cia exercerán, no seu ámbito territorial, as funcións e competencias da Secretaría Xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal que lles sexan delegadas.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ó disposto no presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro da Presidencia e Administración Pública para dicta-las normas complementarias necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

10761