Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 30 de novembro de 1998 Páx. 12.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública para os efectos da urxente ocupación, ás instalacións eléctricas do proxecto L.M.T., C.T. e R.B.T. de Guntumil e Requiás, no concello de Muíños. (Expediente IN407A 98/61-3 A.T.).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Sáenz Díez, nº 45, 32003 Ourense, solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expro

piación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o que establece a disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Na fase de información pública presentaron alegacións os titulares dos predios nº 6a, na que manifesta desconformidade coa valoración de bens afectados; e 9 e 16, que solicitan cambio no trazado. As ditas alegacións foron desestimadas polas razóns que en cada caso se lles notifican ós afectados en escrito á parte, e que non se transcriben na presente resolución para evitar repeticións.

Visto sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de indus

tria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento das instalacións eléctricas que contan cos seguintes datos básicos para un orzamento de 19.693.982 ptas:

-L.M.T. aérea a 20 kV, de 228 metros de lonxitude, en conductor LA-56, derivada desde o último apoio de madeira existente, que se vai substituír na L.M.T. ó C.T. de Requiás-Guntumil, con remate no C.T. aéreo proxectado de Guntumil, con 160 kVA e R/T 20.000/380-220 V; rede de baixa tensión (R.B.T.) con apoios H.V. e conductor R.Z.

-L.M.T. aérea a 20 kV, de 438 metros de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe no apoio proxectado nº 1 da L.M.T. citada anteriormente e remate no C.T. aéreo proxectado de Requiás, do 100 kVA e R/T 20.000/380-220 V; R.B.T. con apoios H.V. e conductor R.Z.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Que o representante da Administración, en cumprimento dos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 1-4-1998, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 2-6-1998, no BOP de Ourense do 9-6-1998 e no xornal local La Región do 7-5-1998.

Esta resolución non é definitiva en vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 24 de setembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9552