Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 30 de novembro de 1998 Páx. 12.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. Reboreda, Concoso, Freas, no concello de Toén. (Expediente IN407A 98/183-3 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que contan coas características básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Localización: concello de Toén.

c) Finalidade: mellor-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos: L.M.T. aérea Freás-Puga a 20 kV, de 1.660 m, con orixe no apoio nº 27 da L.M.T. Astariz-Freás e final no apoio existente desde o que continúa a L.M.T. actual, en conductor LA-56.

L.M.T. aérea a 20 kV, de 144 m, en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 4 da L.M.T. proxectada Freás-Puga, e final no C.T. proxectado en Reboreda, tipo intemperie de 100 kVA e r/t 20.000/380-220 V; R.B.T. de 300 m en conductor R.Z.

L.M.T. aérea ó C.T. Olivar a 20 kV, de 219 m, en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 10 da L.M.T. proxectada Freás-Puga, e final no C.T. existente Olivar.

e) Orzamento: 6.535.238.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e

demais titulares afectados que non chegasen a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñocidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 8 de outubro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/183. Provincia: Ourense.

L.M.T. a C.T. de Reboreda.Termo municipal: Toén.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2TelleiraErmoLorenzo Silva CarneroReboreda, s/n, 32730 Reboreda2612120

Expediente: 98/183. Provincia: Ourense.

L.M.T. Freás-Puga.Termo municipal: Toén.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

12CanteraMonte baixoEmilio Silva CarneroRazamonde, s/n, 32459 Razamonde3250500

13CanteraViñaEmilio Silva CarneroRazamonde, s/n, 32459 Razamonde46460

14ReboredaViñaMarisa Silva CarneroReboreda, s/n, 32730 Reboreda34340

23TelleiraErmoLorenzo Silva CarneroReboreda, s/n, 32730 Reboreda12120

25TelleiraViñaManuel Méndez PacesReboreda, s/n, 32730 Reboreda5-6255550

28TelleiraViñaManuel Méndez PacesReboreda, s/n, 32730 Reboreda32320

30RegatosoutePradoAntonio García Verjanor/ Sáenz Díez, 44-2º, 32003 Ourense21210

34SoutoMonte baixoMaría Angustia Losada VillamarirPuga, s/n, 32940 Ourense25250

9551