Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 30 de novembro de 1998 Páx. 12.827

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 25 de novembro de 1998, do tribunal encargado de xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos, grupo A, polo que se fai público o lugar de exposición das cualificacións obtidas polos aspirantes no primeiro exercicio da fase de oposición e o lugar, a data e a hora de celebración do segundo exercicio da fase de oposición.

Primeiro.-As listas de aspirantes, coas puntuacións do primeiro exercicio, están expostas no taboleiro de anuncios do Instituto Galego de Estatística. Publicaranse, así mesmo, no taboleiro de anuncios da Escola Galega de Administración Pública e poderán consultarse a través dos teléfonos 902 12 00 12 e 981 54 42 99, de información ó cidadán.

Segundo.-Convócanse os aspirantes aprobados á celebración do segundo exercicio para o día 3 de decembro de 1998, ás 9 horas, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid 2-4, Santiago de Compostela).

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado provistos do DNI e bolígrafo.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1998.

José A. Campo Andión

Presidente do tribunal

10934