Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 30 de novembro de 1998 Páx. 12.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1998 pola que se anuncia concurso aberto para a contratación do servicio de mantemento do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo (Ronda da Muralla, número 70).

Procedemento e forma de adxudicación: concurso aberto.

Título: servicio de mantemento do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, mediante expediente anticipado de gasto.

Orzamento total: 30.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Duranción do contrato: un ano.

Lugar onde se poden consegui-los pregos de cláusulas administrativas e condicións técnicas: na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública sita no edificio central do Complexo Administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

Fianza provisional: 600.000 pesetas, 2% do orzamento.

Fianza definitiva: 1.200.000 pesetas, 4% do orzamento.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupos 5 e 7, categoría B.

Modelo de proposición: o que figura como anexo o prego de cláusulas administrativas.

Lugar e data límite de presentación proposicións: no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio central do Complexo Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, en sobre

pechado, antes das 14 horas do día 28 de decembro de 1998.

Apertura de proposicións: en acto público, ás 10 horas do día 8 de xaneiro de 1999, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela).

O importe dos anuncios correrá a cargo do adxudicatario, debendo de aboalo con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

10568