Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 30 de novembro de 1998 Páx. 12.825

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1998 pola que se fan públicas as addendas ó convenio para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia, subscrito con distintas entidades e institucións o 23 de xullo de 1998 e a addenda ó convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia e as entidades financeiras para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia subscrito na mesma data.

Con data do 7 de outubro de 1998 o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia e as Cámaras de Comercio galegas asinaron unha addenda ó convenio para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia, asinado o 23 de xullo de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 159, do 18 de agosto), co obxecto de adaptalo ás previsións establecidas na orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xullo de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 152, do 7 de agosto), que modifica a Orde do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

Con esa mesma data, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia e dezaoito entidades financeiras asinaron unha addenda ó convenio de colaboración para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia, asinado o 23 de xullo de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 159, do 18 de agosto), co obxecto de adaptalo ás previsións sinaladas no parágrafo anterior.

En virtude do exposto, de conformidade coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape e o seu regulamento, aprobado por Decreto 317/1992, do 12 de novembro, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

En cumprimento do disposto no artigo 78 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e co obxecto de darlle unha adecuada difusión, faise público o texto da addenda ó convenio para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia subscrito o 23 de xullo de 1998 entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Industria e Comercio (anexo I), e o texto da addenda ó convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia e as entidades finan

ceiras para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia subscrito na mesma data (anexo II).

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1998.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

ANEXO I

Addenda ó convenio para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia, subscrito o 23 de xullo de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 159, do 18 de agosto), entre o Igape, a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia e as Cámaras de Comercio galegas.

Por orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xullo de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 152 do 7 de agosto), modificouse o artigo 12.4º da Orde do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas, establecendo que, excepcionalmente, os titulares de establecementos comerciais retallistas que realicen proxectos de investimento nos municipios de Ferrol e Narón, e que se financien a través de préstamos concertados con entidades financeiras ó abeiro do convenio para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1998, poderán ser beneficiados cunha axuda financeira que cubra totalmente o tipo de xuro da operación de préstamo.

A disposición transitoria da citada Orde do 29 de xullo de 1998 establece expresamente que tal previsión será de aplicación, unha vez subscrita a modificación do convenio que a instrumente, a tódalas solicitudes presentadas ó seu abeiro.

As bases que regulan a concesión das axudas financeiras ó tipo de xuro para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma galega foron establecidas polo convenio subscrito entre o Igape, a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia e as Cámaras de Comercio, Industria e Navegación galegas con data do 23 de xullo de 1998, que foi publicado no Diario Oficial de Galicia nº 159 do 18 de agosto. De acordo coa cláusula terceira do citado convenio, e coa base sexta B) por este aprobada, permítese que, excepcionalmente, as operacións de préstamo que se destinen a financiar, en todo ou en parte, a adquisición de bens inmobles, poidan concertarse a un prazo superior ós 5 anos, non obstante o cal, a subsidiación se limitará ós cinco primeiros anos e calcularase como se esta fose a duración total do préstamo. En consecuencia, cinco anos é o período para o que se fixaron nas bases reguladoras das axudas as condicións

financeiras e o prazo máximo da subsidiación. A partir do sexto ano, as condicións financeiras destas operacións poderán ser fixadas libremente entre os solicitantes

e as entidades financeiras, co obxecto de adecuarse ás variacións do mercado financeiro.

Con base en todo o anterior, resulta preciso modifica-lo texto do convenio subscrito entre o Igape, a Consellería de Industria e Comercio, a Confederación de Empresarios de Galicia e as Cámaras de Comercio galegas con data do 23 de xullo de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 159, do 18 de agosto de 1998), polo que as partes, de mutuo acordo, acordan:

Primeiro.-Adiciónase ó parágrafo primeiro da cláusula terceira do convenio do 23 de xullo de 1998, subscrito entre o Igape, a Consellería de Industria e Comercio, a Confederación de Empresarios de Galicia e as Cámaras de Comercio galegas (anexo II da resolución do presidente do Igape do 23 de xullo de 1998, Diario Oficial de Galicia nº 159, do 18 de agosto), o seguinte texto:

«Excepcionalmente, os titulares de establecementos comerciais retallistas que realicen proxectos de investimento nos municipios de Ferrol e Narón, e que se financien a través de préstamos concertados con entidades financeiras ó abeiro do convenio para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1998, poderán ser beneficiados cunha axuda financeira que cubra totalmente o tipo de xuro da operación de préstamo».

Segundo.-Adiciónase ó último parágrafo da cláusula terceira do convenio do 23 de xullo de 1998, subscrito entre o Igape, a Consellería de Industria e Comercio, a Confederación de Empresarios de Galicia e as Cámaras de Comercio galegas (anexo II da resolución do presidente do Igape do 23 de xullo de 1998, Diario Oficial de Galicia nº 159, do 18 de agosto), o seguinte texto:

«Neste caso, o tipo de xuro será o establecido nas bases durante os 5 primeiros anos, e a partir do sexto ano será o que libremente pacten os beneficiarios coas entidades financeiras».

Terceiro.-Modifícanse as alíneas B) e C) da base sexta das reguladoras das axudas financeiras ó tipo de xuro para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobadas polo convenio do 23 de xullo de 1998 arriba referido (anexo I da Resolución do 23 de xullo, do presidente do Igape, Diario Oficial de Galicia nº 159, do 18 de agosto) nos seguintes termos:

a) Adiciónase ó parágrafo primeiro da base sexta B) o seguinte texto:

«Neste caso, o tipo de xuro será o establecido nestas bases durante os 5 primeiros anos, e a partir do sexto ano será o que libremente pacten os beneficiarios coas entidades financeiras».

b) Adiciónase ó último parágrafo da base sexta C) o seguinte texto:

«Excepcionalmente, os titulares dos establecementos comerciais retallistas que realicen proxectos

de investimento nos municipios de Ferrol e Narón, e que se financien a través de préstamos concertados con entidades financeiras ó abeiro do convenio para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1998, poderán ser beneficiados cunha axuda financeira que cubra totalmente o tipo de xuro da operación de préstamo».

Cuarto.-De acordo coa disposición transitoria da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 29 de xullo de 1998, as modificacións establecidas nas cláusulas precedentes teñen efecto retroactivo, sendo de aplicación a tódalas solicitudes de axuda presentadas ó abeiro do convenio para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1998, desde a data da súa entrada en vigor.

E en proba de conformidade así o din, asinan e outorgan en cuadriplicado exemplar e para un só efecto, en Santiago de Compostela o 7 de outubro de 1998.

Polo Igape

José Antonio Orza Fernández

Pola Consellería de Industria e Comercio

Antonio Couceiro Méndez

Pola Confederación de Empresarios de Galicia

José Luis Fernández Núñez

Polas Cámaras de Comercio galegas

Francisco Cruz Senra

ANEXO II

Addenda ó convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia e a entidade financeira ...... para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia.

Con data do 23 de xullo de 1998, o Igape, a Consellería de Industria e Comercio e a entidade financeira ..... subscribiron convenio de colaboración para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma galega, que foi feito público por resolución do presidente do Igape do 23 de xullo, Diario Oficial de Galicia nº 159, do 18 de agosto (anexo III). O obxecto de tal convenio consiste en instrumenta-las axudas financeiras ó tipo de xuro establecidas por convenio de igual data subscrito entre o Igape, a Consellería de Industria e Comercio, a Confederación de Empresarios de Galicia e as Cámaras de Comercio galegas, que se rexen polas bases anexas a este último.

Con data de hoxe o Igape, a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia e as Cámaras de Comercio galegas subscribiron unha addenda ó convenio para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 98 antes referido, modificando a súa cláusula terceira, así como as alíneas B) e C) das bases reguladoras das axudas, por este aprobadas, conferíndolle á modificación

efectos retroactivos á data de entrada en vigor do citado convenio do 23 de xullo.

Con base no anterior, faise necesario incorpora-las ditas modificacións ó convenio subscrito entre o Igape, a Consellería de Industria e Comercio e a entidade financeira ....., polo que as partes, de mutuo acordo, conveñen:

Cláusula única.-Acepta-las modificacións ás alíneas B) e C) da base sexta das reguladoras da concesión de axudas financeiras ó tipo de xuro para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia, acordadas na data de hoxe polo Igape, a Consellería de Industria e Comercio, a Confederación de Empresarios de Galicia e as Cámaras de Comercio galegas. En consecuencia, a referencia ás bases reguladoras das axudas establecidas na cláusula segunda do convenio do 23 de xullo de 1998 entre o Igape, a Consellería de Industria e Comercio e a entidade financeira ..... (anexo III da resolución do presidente do Igape do 23 de xullo de 1998, Diario Oficial de Galicia nº 159, do 18 de agosto) entenderase realizada ás bases referidas, nos termos resultantes da modificación acordada na data de hoxe polo Igape, a Consellería de Industria e Comercio, a Confederación de Empresarios de Galicia e as Cámaras de Comercio galegas.

E en proba de conformidade así o din, asinan e outorgan en triplicado exemplar e para un só efecto, en Santiago de Compostela o 7 de outubro de 1998.

Polo Igape

José Antonio Orza Fernández

Pola Consellería de Industria e Comercio

Antonio Couceiro Méndez

Pola entidade financeira

10929