Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 30 de novembro de 1998 Páx. 12.805

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 17 de novembro de 1998 pola que se resolve a convocatoria de bolsas para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña.

Por Orde do 7 de agosto de 1998 (DOG do 20 de agosto, corrección de erros DOG do 26 de agosto) convocáronse bolsas para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña.

Por resolución da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, do 29 de outubro de 1998, e de conformidade coa base sexta, fíxose pública a relación provisional de beneficiarios das mencionadas bolsas. Na alínea segunda da dita resolución fixábase un prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da súa publicación co fin de que os interesados, de se-lo caso, formulasen as reclamacións oportunas.

Rematado este prazo e sen que houbese ningunha reclamación, esta consellería, de acordo coa proposta de resolución elaborada pola comisión de selección das bolsas para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña

DISPÓN:

Artigo 1º

Acórdase concederlles unha bolsa para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña ás persoas que a continuación se relacionan:

Tema: «Acumulación de ficotoxinas productoras de PSP, ASP e DSP en moluscos bivalvos», Rafael Iniesta Soto, DNI 36.136.878-Z.

Tema: «Ecoloxía larvaria do percebe», Gonzalo Macho Rivero, DNI 36.133.015-S.

Tema: «Patoloxía do berberecho», David Iglesias Estepa, DNI 33.296.106-H.

Tema: «Estudio da bioloxía de Dinophysis e da súa producción de toxinas», Silvia María Díaz Prado, DNI 32.823.979-N.

E nomear como suplentes a:

Antonio Gómez Rodríguez, DNI 44.809.631-L.

Almudena Carballo Alonso, DNI 36.081.451-V.

Carlos Cariño Álvarez, DNI 36.120.412-Q.

Ana Mª Abal Paradela, DNI 76.996.139-M.

Artigo 2º

Os bolseiros deberán formaliza-la súa adscrición nun prazo de dez días desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia; de non facelo, perderán a bolsa e procederase a cubri-las vacantes cos suplentes nomeados pola comisión de selección.

Artigo 3º

A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 7 de agosto de 1998 suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Artigo 4º

Esta disposición ponlle fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1998.

P.D. (Orde 17-12-1997,

DOG número 246, do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

10701