Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 30 de novembro de 1998 Páx. 12.804

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1998 pola que se resolve o concurso público para a concesión de bolsas para a asistencia a congresos, simposios, seminarios ou cursos monográficos para investigadores non vinculados ás universidades galegas, convocado pola Orde do 5 de setembro de 1998 (DOG do 17 de setembro).

Por Orde do 5 de setembro de 1998 (DOG do 17 de setembro), convocaranse bolsas para a asistencia a congresos, simposios, seminarios ou cursos monográficos para investigadores non vinculados ás universidades galegas.

As solicitudes admitidas para participar neste concurso foron estudiadas pola Comisión de Selección de Investigación creada por Decreto 37/1998 do 30 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro) e orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de abril de 1998 (DOG do 12 de maio), que elaborou a correspondente proposta de resolución.

En consecuencia, atendendo á citada proposta, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles axudas para a asistencia a congresos, simposios, seminarios ou cursos monográficos ás persoas que se relacionan no anexo a esta resolución e na contía que se especifica.

Segundo.-As subvencións de que se trata faranse efectivas mediante libramento único e directo ós beneficiarios sempre que cumpran os requisitos establecidos no punto 6 das bases da convocatoria.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria, do 5 de setembro de 1998, suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa data de publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

Esta presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1998.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento

ANEXO

Apelidos e nomeSede do eventoAxuda

(ptas.)

García Rodríguez José FranciscoGranada (España)60.000
Figueras Huerta AntonioWeymouth (Reino Unido)85.000
Novoa García BeatrizWeymouth (Reino Unido)85.000
Piñeiro González CarmenLugo (España)20.000
Alonso Santos MargaritaCoímbra (Portugal)55.000
Díaz Pereira AlmudenaMálaga (España)60.000
Aubourg Martínez Santiago PedroLugo (España)20.000
Pérez Rodríguez Guillermo AndrésSegovia (España)55.000
Valcárcel Juárez VíctorSegovia (España)55.000
Aguín Casal Olga MaríaSalamanca (España)50.000
González Moraleja JulioGranada (España)60.000
González González Ángel FranciscoCascais (Portugal)55.000
Pastoriza Enríquez LauraKarlsruhe (Alemania)85.000
Rodríguez Hernández Francisco JoséMadrid (España)50.000

10927