Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 30 de novembro de 1998 Páx. 12.800

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 16 de novembro de 1998 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 4 da Lei 7/1988, do 12 de xullo (DOG do 26 de xullo), de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, as orga

nizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados polo conselleiro de Traballo e Benestar Social.

Facendo uso da posibilidade de substitución que acolle o artigo 5 da dita lei, a Confederación de Empresarios de Galicia acordou a substitución dun dos seus membros titulares e dun dos seus membros suplentes, da súa representación no consello.

A disposición adicional primeira do Decreto 227/1998, do 10 de xullo (DOG do 6 de agosto), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais sinala que «a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais exercerá as funcións asignadas á extinta Consellería de Traballo e Benestar Social polo Lei 7/1998, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais.

Por todo o exposto, ó abeiro do artigo 4 da referida Lei 7/1988, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-Nomear membro titular do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a José Manuel Pérez Garrido, en substitución de Celso Gallego Cortinas.

Artigo segundo.-Nomear membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Sonia Fernández Barciela, en substitución de José Manuel Pérez Garrido.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1998.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais

10925