Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 27 de novembro de 1998 Páx. 12.757

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 18 de novembro de 1998 pola que se resolve a convocatoria de bolsas de posgrao para a realización de estudios sobre a pesca en Galicia.

Por Orde do 14 de xullo de 1998 (DOG nº 148, do 3 de agosto) convócanse bolsas de posgrao para a realización de estudios sobre a pesca en Galicia.

Por resolución da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, do 27 de outubro de 1998, e de conformidade coa base 6.4º, fíxose pública a relación provisional de beneficiarios das mencionadas bolsas e fixábase un prazo de reclamacións de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, co fin de que os interesados, se fose o caso, formulasen as reclamacións oportunas.

Rematado o prazo e unha vez resoltas tódalas reclamacións presentadas, esta consellería, de acordo coa proposta de resolución elaborada pola comisión de selección das bolsas de posgrao para a realización de estudios no campo da pesca,

DISPÓN:

Artigo 1º

Acórdase concederlles unha bolsa de posgrao para a realización de estudios sobre a pesca en Galicia, ás persoas que a continuación se relacionan. Os beneficiarios aparecen relacionados por orde decrecente segundo a puntuación acadada:

Apelidos e nomeDNI/CIFBase

Domínguez Torreiro Marcos36.135.708-VBase 1ª.1
Fernández Taboada Miguel A.76.815.948-LBase 1ª.2
Rodríguez Rodríguez Gonzalo34.260.420-BBase 1ª.3
Hernández García María46.898.825-PBase 1ª.4
Chapela Pérez Mª Dolores78.737.525-SBase 1ª.5

Artigo 2º

Os bolseiros deberán formaliza-la súa adcrición nun prazo de dez días desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia; de non facelo perderán as bolsas e procederase segundo o disposto na base sexta punto 6.

Artigo 3º

A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria, do 14 de julio de 1998, suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Artigo 4º

Esta disposición poralle fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109.c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

10704