Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 27 de novembro de 1998 Páx. 12.753

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 20 de novembro de 1998 pola que se regulan as subvencións á exhibición pola proxección de películas comunitarias.

As salas de exhibición cinematográfica son un foro cultural particularmente importante na sociedade actual. Son, así mesmo, a principal plataforma da producción cinematográfica europea presente. Na actualidade, son as comunidades autónomas a Administración competente para convocar e conceder axudas á exhibición cinematográfica, conforme os criterios establecidos no Real decreto 1039/1997 e a Orde do 4 de maio de 1998, do Ministerio de Cultura.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Convócanse subvencións a salas de exhibición cinematográfica que proxectasen películas comunitarias beneficiarias das axudas á distribución convocadas pola resolución do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais, do 7 de xullo de 1998, con cargo á aplicación orzamentaria 10.04.353.C.470.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998, nos que existe un crédito para este efecto por un importe de 3.996.523 ptas.

Artigo 2º

Poderán optar ás subvencións os titulares de salas de exhibición cinematográfica situadas en Galicia que, mediante as normas previstas no Real decreto 1039/1997, do 27 de xuño e a Orde do 4 de maio de 1998, acrediten ter proxectado películas da Comunidade Europea beneficiarias das axudas á distribución convocadas por resolución do director xeral do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais, do 16 de xaneiro de 1996 e 21 de xaneiro de 1997 (segundo as listas que figuran no anexo Ia) e Ib) desta

orde), e que estean inscritos no Rexistro de Empresas do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais).

As películas relacionadas no aenxo Ia) xerarán dereitos á subvención durante o primeiro ano contado a partir do día da súa estrea comercial en España ata a data límite do 31 de decembro de 1997.

No caso das películas sinaladas no anexo Ib) que xa foron subvencionadas no exercicio de 1997, computarase o período comprendido enter o 1 de xaneiro de 1996 e a data ene que completen os dous anos de explotación comercial, contados a partir do día da súa estrea comercial en España, sendo igualmente a data límite do cómputo o 31 de decembro de 1997.

Nos programas dobres computarase o 50% dos ingresos da recadación de cada película, sempre que na programación se exhiban unicamente as devanditas películas.

Artigo 3º

A contía das axudas será igual á aplicación de ata un 5% dos ingresos brutos da recadación xerados pola proxección das películas comunitarias relacionadas nos anexos Ia) e Ib). No caso de que as devanditas películas sexan exhibidas xunto cunha curtametraxe que reúna os requisitos previstos no artigo 3 do Real decreto 1039/1997, poderán precibir adicionalmente o equivalente o 2% dos ingresos brutos de recadación que obteña a correspondente película comunitaria.

Artigo 4º

As solicitudes faranse mediante instancia dirixida ó conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, segundo o modelo que figura como anexo I desta orde, e presentarana no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo ou nos rexistros das delegacións provinciais desta, sen prexuízo do establecido no artigo 38.4º da vixente Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Xuntaranse os seguintes documentos:

1. Instancia.

2. Fotocopia do DNI do solicitante.

3. Acreditación compulsada da titularidad sobre a sala.

4. Documentación compulsada acreditativa da inscrición da sala no Rexistro de Empresas do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais.

5. Fotocopia compulsada do documento acreditativo de estar ó día no pagamento no imposto de actividades económicas.

6. Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal.

7. Acreditación da actividade mediante a presentación de fotocopia compulsada dos partes de declaración de exhibición semanal debidamente completadas pola Sociedad General de Autores e Editores.

8. Relación das películas comuntiarias incluídas nas listas dos anexos Ia) e Ib) proxectadas na sala coas datas de proxección e recadación.

9. Para efectos de posibilita-la liquidación do importe da subvención que correspondese, deberán achegar certificacións de estar ó día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social así como de non ter débedas coa Xunta de Galicia. Así mesmo, deberán achegar certificado bancario da existencia da conta na que o solicitante sexa o titular.

Artigo 5º

Se a solicitude de subvención non reúne os requisitos que sinala o artigo anterior, o interesado será requirido para que, no prazo de dez días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixese, se considerará desistido na súa petición, arquivándose sen máis trámites.

A documentación presentada será analizada polos servicios competentes da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual e o director xeral de Comunicación Social e Audiovisual elevará a correspondente proposta ó conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, que resolverá esgotando a vía administrativa.

Artigo 6º

Unha vez resolta e notificada a concesión da subvención librarase a cantidade adxudicada, a través de pagamento único, sempre e cando consten na Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual as certificacións sinaladas no punto 9 do artigo 4º.

Artigo 7º

No caso de que o beneficiario da subvención incumprise algunha das condicións ou obrigas estipuladas, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo instruirá expediente sancionador, conforme o previsto na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e, se procede, anulará os beneficios concedidos e solicitará a devolución das cantidades precibidas, segundo o disposto no artigo 78.5º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Artigo 8º

De non notificarse resolución favorable no prazo de tres meses a partir da presentación da solicitude, entenderase desestimada a petición correspondente podendo o solicitante, a partir desa data, retira-la documentación presentada nos 30 días seguintes. Transcorrido este prazo arquivarase sen máis trámite.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Comunicación Social e Audiovisual para dictar, no ámbito das súas competencias, cantas disposicións considere precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1998.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO Ia)

Relación de películas comunitarias beneficiarias das axudas á distribución convocadas por Resolución do 21-1-1997 do director xeral do ICCA.

Título películaNacionalidadeDistribuidoraData de estrea

A tres bandasEspañolaTelegroup, S.L.8-5-1997

Amor perjudica seriamente...EspañolaColumbia Tristar films España6-1-1997

Ángel de la guarda, ElEspañolaAlta Films, S.A.10-1-1997

Buena Vida, LaEspañolaUnited Intern Pic. y CÍA S.R.C.13-12-1996

Canción de Carla, LaEspañolaAlta Films, S.A.19-9-1996

Celestina, LaEspañolaSogepaq Distribución, S.A.8-11-1996

Como un relámpagoEspañolaUnited Inter Pic. y CÍA S.R.C.13-12-1996

Corazón locoEspañolaLider Films, S.A.13-5-1997

Crimen del cine OrienteEspañolaAlta Films, S.A.19-1-1997

De que se ríen mis mujeres?EspañolaColumbia Tristar Films España24-2-1997

Dedo en la llaga, ElEspañolaUnited Intern Pic. y CÍA S.R.C.7-2-1997

Demasiado caliente para tiEspañolaUnited Intern Pic. y CÍA S.R.C.27-8-1996

En brazos de la mujer maduraEspañolaSogepaq Distribución, S.A.11-4-1997

FamiliaEspañolaAlta Films, S.A.23-1-1997

Flash-back (el apartamento)EspañolaAlta Films, S.A.26-1-1997

Herida luminosa, LaEspañolaUnited Intern Pic. y CÍA S.R.C.14-3-1997

JudeBritánicaSogepaq Distribución, S.A.4-10-1996

Lejos de África (black island)EspañolaBuena Vista Intern. España, S.A.24-1-1997

Lengua asesina, LaEspañolaBuena Vista Inten. España, S.A.12-11-1996

Más allá del jardínEspañolaSogepaq Distribución, S.A.16-12-1996

Mecánicas celestesFrancesaSogepaq Distribución, S.A.12-7-1996

Microcosmos de Calude NuridsanyFrancesaAlta Films, S.A.10-1-1996

Moños, LaEspañolaUnited Intern Pic. y CÍA S.R.C.27-2-1997

Muerte en GranadaEspañolaColumbia Tristar Films España14-2-1997

PasajesEspañolaWarner Española, S.A.22-11-1996

Perdona bonita, pero Lucas...EspañolaColumbia Tristar Films España30-1-1997

Perro del Hortelano, ElEspañolaColumbia Tristar Films España25-10-1996

Título películaNacionalidadeDistribuidoraData de estrea

Pesadilla para un ricoEspañolaUnited Intern Pic. y CÍA S.R.C.22-11-1996

Pon un hombre en tu vidaEspañolaColumbia Tristar Films España22-8-1996

Porretas, LosEspañolaColumbia Tristar Films Española13-9-1996

Retrato de mujer con hombre...EspañolaWanda Films, S.L.30-5-1997

Rompiendo las olasDanesaGolem Distribución, S.L.21-10-1996

Sabor latinoEspañolaLider Films, S.A.27-5-1997

Sólo se muere dos vecesEspañolaSogepaq Distribución, S.A.5-3-1997

TaxiEspañolaColumbia Tristar Films España9-10-1996

Tengo una casaEspañolaWarner española, S.A.12-9-1996

Territorio comancheEspañolaAlta Films, S.A.6-3-1997

Todo está oscuroEspañolaAlta Films, S.A.22-4-1997

Tranvía a la malvarosaEspañolaColumbia Tristar Films España19-3-1997

tras el silencio (holow reed)BritánicaSogepaq Distribución, S.A.15-11-1996

Tu nombre envenena mis sueñosEspañolaUnited Intern Pic. y CÍA, S.R.C.23-9-1996

Último viaje de Robert Ryland,EspañolaAlta Films, S.A.13-10-1996

Una piraña en el bidéEspañolaColumbia Tristar Films España16-9-1996

ANEXO Ib)

Relación de películas comunitarias beneficiarias das axudas á distribución convocadas pola orde ministerial do 16-1-1996.

Título películaNacionalidadeDistribuidoraData de estrea

Adán y EvaEspañolaUnited Inter. Pict. y CÍA S.R.C.7-6-1996

ÁfricaEspañolaColumbia Tristar Films España16-5-1996

Alma gitanaEspañolaAlta Films, S.A.19-12-1995

Alto bajo frágilFrancesaCine Company, S.A.1-7-1996

AntoniaHolandesaGolem Distribución, S.L.26-4-1996

Boca a BocaEspañolaColumbia Tristar Films España9-10-1995

Carnaza, LaFrancesaCine Company, S.A.30-8-1995

Ceremonia, LaFrancesaHispano Foxfilms, S.A.E.1-3-1996

Ciudad de los niños perdidos, LaEspañolaAlta Films, S.A.11-8-1995

Comediantes (Foney Bones), LosBritánicaBuena vista Intern. Spain, S.A.1-12-1995

Convento, ElPortuguesaLauren Films, S.A.1-12-1995

Cosas que nunca te dijeEspañolaWanda Films, S.L.25-4-1996

Cuento de veranoFrancesaMusidora Films, S.A.19-6-1996

CycloFrancesaAlta Films, S.A.23-11-1995

Desafío finalEspañolaLider Films, S.A.23-4-1996

Entre dos maresFrancesaHispano FoxFilms, S.A.26-1-1996

GimletEspañolaBuena Vista Intern. Spain, S.A.12-4-1996

I.D. identificaciónBritánicaAlta Films, S.A.13-6-1996

Joya de Sanghai, LaFrancesaCinemussy, S.L.26-4-1996

Leyenda de Baltasar el castradoEspañolaBuena Vista Inter. Spain, S.A.26-4-1996

Lisboa storyAlemanaCine Company, S.A.24-4-1996

Marmotas, LasFrancesaCine Company, S.A.17-1-1997

Más allá de las nubesFrancesaAlta Films, S.A.14-2-1996

Mi nombre es sombraEspañolaUnited Inter. Pictur. y CÍA S.R.C.18-3-1996

Mirada de Ulises, LaItalianaCine Company, S.A.23-8-1996

Muere mi vidaEspañolaColumbia Tristar Films España27-2-1996

Mujeres a flor de pielEspañolaLaurenfilms, S.A.5-3-1995

Nadie hablará de nosotras...EspañolaAlta Films, S.A.9-9-1995

Niño de Macon, ElBritánicaCine Company, S.A.22-12-1995

Niño invisibleEspañolaSogepaq Distribución, S.A.18-6-1995

No olvides que vas a morirFrancesaCine Company, S.A.28-10-1997

Odio, El (Haine, la)FrancesaGolem Distribución, S.L.16-2-1996

Otra América, LaBritánicaAlta Films, S.A.22-3-1996

Pasajero clandestino, ElEspañolaAlta Films, S.A.27-12-1995

Proceso de Kafka, ElBritánicaCine Company, S.A.14-10-1997

Razones sentimentalesEspañolaTripictures, S.A.21-6-1996

Techo del mundo, ElEspañolaAlta Films, S.A.20-12-1995

TesisEspañolaUnited Inter. Pict. y CÍA S.R.C.1-10-1995

Un asunto privadoEspañolaLaurenfilms, S.A.23-6-1995

UndergroundFrancesaCinemussy, S.L.16-2-1996

10774