Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto (tramitación urxente do artigo 72 da LCAP) para a subministración de equipos informáticos NET PCs (Plan de Necesidades 1998) (C.P. 142/1998).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de equipos informáticos NET PCs.

Orzamento: 27.989.000 ptas.

Garantía provisional: 559.780 ptas.

Lote 1: subministración de equipos informáticos NET PCs (130).

Procesador Pentium 200 mmx.

Memoria Ram de 32 Mg.

Tarxeta de rede.

Monitor de 14''.

Software de base Windows NT 4.0.

Software de xestión centralizado.

Capacidade de apagado e encendido a distancia.

Software distribuidor, para a carga de aplicacións desde a rede.

Orzamento: 27.989.000 ptas.

Garantía provisional: 559.780 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto, tramitación urxente do artigo 72 da LCAP.

Prazo de entrega: inmediato, a partir da sinatura do contrato.

Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 50%.

Oferta técnica e prestacións: 30%.

Asistencia técnica: 20%.

Total: 100%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono 981 17 80 73. Fax 981 17 08 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura de proposicións: tera lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do hotel de pacientes), a partir das 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 16 de novembro de 1998.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

10719