Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto (tramitación urxente do artigo 72 da LCAP) para a subministración de impresoras láser (Plan de Necesidades 1998) (C.P. 143/1998).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións

que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de impresoras láser.

Orzamento: 21.975.000 ptas.

Garantía provisional: 439.500 ptas.

Lote 1: subministración de impresoras láser.

Número de Páx. p/Min.: mínimo de 12.

Memoria de 4 Mg.

Tarxeta de rede.

Resolución mínima 600x600.

Opción Dúplex.

Dobre caxetín, con capacidade para, polo menos, 500 follas.

Primeira copia en menos de 15 segundos.

20 delas terán Dúplex instalado.

Orzamento: 21.975.000 ptas.

Garantía provisional: 439.500 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto, tramitación urxente do artigo 72 da LCAP.

Prazo de entrega: inmediato, a partir da sinatura do contrato.

Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 50%.

Oferta técnica e prestacións: 30%.

Asistencia técnica: 20%.

Total: 100%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo) As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono 981 17 80 73. Fax 981 17 08 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura de proposicións: tera lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do hotel de pacientes), a partir das 10 horas

do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 16 de novembro de 1998.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

10220