Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación urxente, mediante concurso, da subministración de mobiliario para consultas externas.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que

lle foron delegadas conforme o establecido na alínea i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto e tramitación urxente, mediante concurso, da subministración de mobiliario para consultas externas.

1. Obxecto e orzamento: a subministración de mobiliario para consultas externas, por un orzamento máximo de dezaseis millóns cincocentas mil pesetas (16.500.000 ptas.) (IVE incluído).

2. Prazo de entrega: o material obxecto deste concurso público deberá ser entregado no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación de adxudicación.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n. (27004) Lugo. Tfno.: 982 29 65 52 e fax: 982 21 29 24.

4. Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de trescentas trinta mil pesetas (330.000 ptas.) e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia económica e financeira: acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

6. Solvencia técnica: acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

7. Clasificación: non se precisa.

8. Criterios de adxudicación:

-Calidade, deseño e ergonometría: ata 5 puntos.

-Prezo: ata 4 puntos.

-Prazo de entrega: ata 3 puntos.

-Garantía: ata 1 punto.

9. Admisión de variantes: admítense variantes.

10. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

11. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de con

tratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

12. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 6 de novembro de 1998.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo

10718