Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto de subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia, para a subministración de equipamento electromédico con destino ó Novo Hospital Clínico de Santiago de Compostela. (SCS-35/1998). (18 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde - Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (División de Recursos Económicos) edificio administrativo San Caetano, bloque 2, planta 2º en Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 27 67. Fax: 981 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Novo Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: subministración de equipamento electromédico (dezaoito lotes).

Orzamento total: oitocentos dez millóns seiscentas noventa e dúas mil setecentas vintecinco ptas., IVE incluído (810.692.725 ptas., IVE incluído).

Lote nº 1: sala convencional de solo. 20.000.000 ptas.

Lote nº 2: sala convencional de teito. 11.500.000 ptas.

Lote nº 3: tórax dixital. 50.000.000 de ptas.

Lote nº 4: telamando dixital. 33.000.000 de ptas.

Lote nº 5: mamógrafo. 9.500.000 ptas.

Lote nº 6: TAC espiral. 80.000.000 de ptas.

Lote nº 7: resonancia magnética 1,5 T. 175.000.000 de ptas.

Lote nº 8: cámaras frigoríficas. 16.000.000 de ptas.

Lote nº 9: portátil de raios X. 6.200.000 ptas.

Lote nº 10: radiocirúrxicos. 27.000.000 de ptas.

Lote nº 11: equipamento mortuorio. 6.527.125 ptas.

Lote nº 12: moblaxe para esterilización. 17.990.000 ptas.

Lote nº 13: equipamento para revelado de película radiográfica. 15.000.000 de ptas.

Lote nº 14: sala de anxiografía cardiovascular dixital. 110.000.000 de ptas.

Lote nº 15: equipamento esterilización. 66.318.600 ptas.

Lote nº 16: sistema de esterilización a baixa temperatura. 19.500.000 ptas.

Lote nº 17: lámpadas cirúrxicas. 32.100.000 ptas.

Lote nº 18: mesas cirúrxicas con accesorios sistema transfer. 115.057.000 ptas.

Total de licitación: 810.692.725 ptas., IVE incluído.

Ano 1998: 2.000.000 de ptas.

Ano 1999: 808.692.725 ptas.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e/ou proposicións agrupadas de varios lotes.

No caso de proposicións que agrupen varios lotes (sen ningunha licitación no número dos lotes que se inclúan en cada unha delas), será requisito imprescindible sinala-lo prezo individual de cada un dos lotes incluídos, así coma o de tódolos artigos que o compoñen.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: dous (2) meses desde a petición.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 4 de decembro de 1998.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 15 de decembro de 1998.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional:

Lote nº 1: sala convencional de solo. 400.000 ptas.

Lote nº 2: sala convencional de teito. 230.000 ptas.

Lote nº 3: tórax dixital. 1.000.000 de ptas.

Lote nº 4: telamando dixital. 660.000 ptas.

Lote nº 5: mamógrafo. 190.000 ptas.

Lote nº 6: TAC espiral. 1.600.000 ptas.

Lote nº 7: resonancia magnética 1,5 T. 3.500.000 ptas.

Lote nº 8: cámaras frigoríficas. 320.000 ptas.

Lote nº 9: portátil de raios X. 124.000 ptas.

Lote nº 10: radiocirúrxicos. 540.000 ptas.

Lote nº 11: equipamento mortuorio. 130.543 ptas.

Lote nº 12: moblaxe para esterilización. 359.800 ptas.

Lote nº 13: equipamento para revelado de película radiográfica. 300.000 ptas.

Lote nº 14: sala de anxiografía cardiovascular dixital. 2.200.000 ptas.

Lote nº 15: equipamento esterilización. 1.326.372 ptas.

Lote nº 16: sistema de esterilización a baixa temperatura. 390.000 ptas.

Lote nº 17: lámpadas cirúrxicas. 642.000 ptas.

Lote nº 18: mesas cirúrxicas con accesorios sistema transfer. 2.301.140 ptas.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter ecónomico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver folla de especificacións e prego de condicións técnicas. Os licitantes deberán cubri-la enquisa técnica que se achega co prego.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

1. Composición e características técnicas dos equipos ofertados: ata 35 puntos.

2. Características do servicio técnico e mantemento dos equipos: ata 25 puntos.

3. Grao de cumprimento da normativa vixente: ata 15 puntos.

4. Prezos dos equipos ofertados: ata 15 puntos.

5. Outros valores engadidos (cumprimento ISO 9000, inclusión de características non esixidas nos pregos de prescricións técnicas, etc): ata 10 puntos.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: admítense variantes.

15. Información complementaria.

16. Data da publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio da información previa ou mención da súa non publicación: 24-6-1998.

17. Data de envío do anuncio: 9 de novembro de 1998.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos

10717