Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 2 de novembro de 1998, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, por resultar descoñecido o seu domicilio, o acordo de incoación de expediente sancionador VP-C 5/98.

Por medio desta cédula e no cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícanselles ós interesados os acordos de incoación dos correspondentes expedientes sancionadores que, cos números que se indican, se inician neste organismo, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa de infracción en materia de vivenda.

Desígnase respectivamente instructora e secretaria destes Clara Gómez Ruiz e Carmen Pombo Chans; concédenselles ós interesados quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para feceren cantas alegacións crean oportunas no seu descargo e, de se-lo caso, solicita-la práctica de probas.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra

tivo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 2 de novembro de 1998.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 5/98.

José Nóbrega Chicharro.

Sta. Cruz (Liáns) Avda. Concepción Arenal nº 4 (Oleiros).

10266