Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución dos procedementos sancionadores de conservación de espacios naturais e da flora e a fauna silvestres 98/006 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación de espacios naturais e da flora e a fauna silvestres (BOE nº 74, do 28 de marzo), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario poralle fin ó expediente. Para efectualo, deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispoñen os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que obran no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 11 de novembro de 1998.

P.A.

Ana María Díaz López

Instructora

ANEXO

Expediente: 98/006.

Denunciado: Hermida Ferreiro, José M.

DNI: 33.241.273.

Último enderezo coñecido: San Bricio-Noia.

Feito denunciado: circular por zona prohibida.

Tipificación Regulamento CEN:

Artigo: 38.13º.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

Expediente: 98/020.

Denunciado: García Fernández, José M.

DNI: 09.761.570.

Último enderezo coñecido: Avda. Portugal, 60-1º Esq., Ponferrada-León.

Feito denunciado: exposición non autorizada de animais.

Tipificación Regulamento CEN:

Artigo: 38.8º.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 100.000 ptas.

Expediente: 98/026.

Denunciado: Domingo Salgado, Carlos.

DNI: 32.400.484.

Último enderezo coñecido: Vila de Laxe, nº 18-1º A, A Coruña.

Feito denunciado: circular por zona prohibida.

Tipificación Regulamento CEN:

Artigo: 38.13º.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

10275