Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución dos procedementos sancionadores de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres 97/033 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación de espacios naturais e da flora e a fauna silvestres (BOE nº 74, do 28 de marzo), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recaudación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.118/1 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince dias hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña. Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 11 de novembro de 1998.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 97/033.

Denunciada: Muñoz Novoa, Mª Jesús.

DNI: 34.915.730.

Último enderezo coñecido: r/ Mercado, nº 18, Ourense.

Feito denunciado: circular por zona prohibida.

Tipificación Regulamento CEN:

Artigo: 38.13º.

Cualificación: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

Expediente: 97/048.

Denunciado: Rebollido Oliveira, Javier Manuel.

Último enderezo coñecido: Quintero-Boiro.

Feito denunciado: circular por zona prohibida.

Tipificación Regulamento CEN:

Artigo: 38.13º.

Cualificación: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

Expediente: 97/055.

Denunciado: Lado Seoane, José Manuel.

DNI: 52.450.178.

Último enderezo coñecido: Avda. A Coruña, 86, Ribeira.

Feito denunciado: circular por zona prohibida.

Tipificación Regulamento CEN:

Artigo: 38.13º.

Cualificación: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

10555