Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de outubro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio das bateas de cultivo de mexillón denominadas Froján número 1, Froján número 2, Mª del Carmen número 1, Mª del Carmen número 3, Mª del Carmen número 7 e Ostreira número 3, a favor de Mejilloneras Froján, S.L.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Froján nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros B, cuadrícula 22.

Data da concesión: 24-7-1974.

Data de finalización da última prórroga: 30-8-2004.

Denominación da batea: Froján nº 2.

Cultivo: mexillón.

Situación: Muros B, cuadrícula 38.

Data da concesión: 24-7-1974.

Data de finalización da última prórroga: 30-8-2004.

Denominación da batea: Mª del Carmen nº 1.

Cultivo: mexillón.

Situación: Muros B, cuadrícula 78.

Data da concesión: 10-12-1963.

Data de finalización da última prórroga: 27-12-2003.

Denominación da batea: Mª del Carmen nº 3.

Cultivo: mexillón.

Situación: Muros B, cuadrícula 79.

Data da concesión: 10-12-1963.

Data de finalización da última prórroga: 27-12-2003.

Denominación da batea: Mª del Carmen nº 7.

Cultivo: mexillón.

Situación: Muros B, cuadrícula 80.

Data da concesión: 10-12-1963.

Data de finalización da última prórroga: 27-12-2003.

Denominación da batea: Ostreira nº 3.

Cultivo: mexillón.

Situación: Muros B, cuadrícula 74.

Data da concesión: 26-5-1971.

Data de finalización da última prórroga: 29-6-2001.

Anterior concesionario: Domingo Froján Insua (32.534.966).

Novo titular das concesións e bateas: Mejilloneras Froján, S.L. (B15.602.824).

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 22 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

10107