Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de outubro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio das bateas de cultivo de mexillón denominadas Bruma número 3 e Bruma número 4, a favor de Playa de Bornalle, S.L.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Bruma nº 3.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros B, cuadrícula 5.

Denominación da batea: Bruma nº 4.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros B, cuadrícula 41.

Data da concesión: 11-3-1964.

Data de finalización da última prórroga: 21-4-2004.

Anterior concesionario: Manuel Daniel Formoso Moledo (76.499.043) e Mª del Pilar Olveira Freire (33.269.555).

Novo titular da concesión e batea: Playa de Bornalle, S.L. (B- 15.591.340).

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 22 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

10715