Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 22 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude dun perímetro de protección para os mananciais das augas do Balneario de Molgas.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense fai saber que a compañía mercantil Balneario de Molgas, S.L. solicitou un perímetro de protección para os mananciais das

augas do Balneario de Molgas, co perímetro que vén determinado pola unión dos seguintes vértices expresados en coordenadas U.T.M.

X Y

p.p.6070294672752

16042004674250

26075004677125

36074004680600

46108504680300

56117554677039

66119504675500

76088254672800

O que se fai público para que os interesados e en particular os propietarios de terreos, bens ou dereitos comprendidos no perímetro, poidan alegar no prazo de quince días canto conveña ós seus intereses.

Ourense, 22 de outubro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

10106