Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.726

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (128/1998).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal da falta número 128/1998, que se segue por furto, cítase a Sara Jiménez González para que o vindeiro día vintesete de novembro, ás doce horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena, s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciada, baixo apercibimento de que se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multada conforme a lei e recaer sobre ela os prexuízos ós que houbese lugar en dereito; poderá, se é parte, ser asistida por avogado e deberá acudir ó xuízo coas probas das que tente valerse. E para que así conste e lle sirva de citación en forma a Sara Jiménez González, en paradoiro descoñecido, expido esta cédula en Santiago de Compostela o dezasete de novembro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

10313