Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.725

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1998 pola que se convoca un posto vacante do cadro de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade polo sistema de libre designación.

Vacante na Universidade de Santiago de Compostela o posto de traballo que se indica no anexo a esta resolución e sendo necesaria a súa provisión con carácter urxente.

Este rectorado, no uso das atribucións que ten conferidas e de conformidade co previsto no artigo 6 da Lei 3/1995, de modificación da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, resolve convocar a libre designación o devandito posto, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

Bases da convocatoria

Primeira.-Requisitos dos candidatos.

Poderán concursa-los funcionarios que pertenzan ós grupos de titulación esixidos para o posto convocado.

Segunda.-Solicitudes.

1. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, e o prazo de presentación será de 15 días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

2. A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral da Universidade de Santiago de Compostela, no rexistro do Campus de Lugo, ou na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento de oficio ou por petición do interesado.

Terceira.-Méritos.

Os aspirantes deberán xuntarlle á petición un currículum vitae e xustificar debidamente os méritos que aleguen.

Cuarta.-Adxudicación de postos.

No caso de resultar seleccionado para ocupa-lo posto de traballo relacionado no anexo algún funcionario con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento ó que figure adscrito.

Quinta.-Norma derradeira.

Esta convocatoria e as súas bases, así como cantos actos administrativos se deriven desta, poderán ser obxecto de recurso polos interesados, de conformidade co establecido na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1998.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

1 posto de vicexerente de Santiago.

Nivel: 28.

Grupo: A/B.

Complemento específico: 2.819.585 pesetas.

10679