Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.724

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1998 pola que se resolve o concurso de libre designación para a provisión de tres postos vacantes do cadro de persoal funcionario de administración e servicios, convocado por Resolución do 1 de setembro de 1998.

De acordo co disposto na base 4 da Resolución do 1 de setembro de 1998, da Universidade de San

tiago de Compostela, pola que se convoca concurso de libre designación para a provisión de tres postos vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de instancias e á vista das solicitudes presentadas e logo do informe dos vicerrectorados,

Este rectorado, en uso das competencias que lle recoñece o artigo 18 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la adxudicación dos postos de traballo contidos no anexo desta resolución.

Segundo.-O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de remata-lo prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando obrigado o/a interesado/a, neste caso, a comunicarllo ó rectorado da Universidade de Santiago de Compostela no prazo de tres días.

Terceiro.-O prazo para tomar posesión do destino obtido será de tres días hábiles se o/a funcionario/a radica na mesma localidade, ou dun mes se radica en localidade distinta. O prazo de toma de posesión empezará a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os/as interesados/as interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1998.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto de traballo: Secretaría do vicerrector de Investigación e do Terceiro Ciclo.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Apelidos e nome: Fraga Otero, Cristina.

DNI: 32.624.704.

Posto de traballo: Secretaría do vicerrector de Relacións Exteriores.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Apelidos e nome: Furelos Costoya, Teresa.

DNI: 33.248.546.

Posto de traballo: Secretaría da vicerrectora de Estudiantes.

Nivel: 18

Grupo: C/D.

Apelidos e nome: Díaz Sánchez, Lourdes.

DNI: 33.835.430.

10309