Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.705

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A., para a súa factoría de Robra-Outeiro de Rei, na provincial de Lugo (antiga Lacto Agrícola Rodríguez, S.A., LARSA).

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A., para a súa

factoría en Robra-Outeiro de Rei (Lugo), (antiga Lacto Agrícola Rodríguez, S.A. LARSA), (código 2700622), asinado o día 25 de setembro de 1998, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 19 de outubro de 1998.

José María Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

Acta

Pola empresa:

Andrés Vega Artime.

Guillermo Viesca Fdez.

Jesús Crusat Méndez.

Polo comité:

José Luis Díaz Otero.

Manuel Pérez Mouriz.

M. Mourelos Basadre.

Antonio Fdez. López.

A. Fuenteseca Teijeiro.

Inés Barreiro Rivas.

Esther Vila Vázquez.

Patricio Mtnez. Otero.

Delegado sindical CIG:

Julia Fdez. Rodríguez

En Robra, Outeiro de Rei, ás 12 horas do día 25 de setembro de 1998, reúnense, nas instalacións da empresa, as persoas arriba relacionadas, integrantes todas elas da comisión negociadora do convenio colectivo de Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A., factoría de Robra.

Tras varias reunións, acordan :

Primeiro.-Aproba-lo texto do convenio colectivo da Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A., factoría de Robra, para os anos 1998 e 1999, que se achega á presente acta, para o cal as partes constan da capacidade legal necesaria, segundo acredita a acta de constitución da comisión negociadora que igualmente se achega.

Segundo.-Na nómina do mes de outubro de 1998, procederase a aboa-los atrasos correspondentes ó período xaneiro-extra de xullo de 1998, dado que os salarios xa foron actualizados na nómina de xullo/98.

Terceiro.- Remiti-la presente acta e documentos achegados á autoridade laboral competente, para os efectos legais oportunos.

En proba de conformidade, asinan a presente acta no lugar e data arriba sinalados.

Convenio colectivo da empresa

Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A.,

para a sua factoría de Robra-Outeiro de Rei (Lugo)

Capítulo I

Dereitos lingüísticos

Os traballadores de Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A., afectados por este convenio, teñen dereito de desenvolve-la súa actividade laboral e profesional en lingua galega e a recibi-la formación lingüística para mellora-lo servicio ó público no seu posto de traballo, recoñecendo a empresa, desta maneira, a oficialidade da lingua galega e os dereitos lingüísticos dos traballadores recollidos no Estatuto de autonomía de Galicia, Lei de normalización lingüística, Lei do Estatuto galego dos consumidores e usuarios e demais disposicións legais.

A empresa fomentará o uso da lingua galega nas actividades internas e nas súas relacións cos consumidores e as administracións públicas en Galicia.

Capítulo II

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio afecta a tódolos traballadores que presten os seus servicios no centro de traballo que Corporación Alimentaria Pesanata, S.A. ten en Robra, Outeiro de Rei, Lugo nº patronal 27101569018.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Comprende a todo o persoal do centro de traballo nas súas distintas categorías profesionais, agás os cargos directivos de director xeral, directores de departamento e directores de planta, e aquelas persoas que, pola súa responsabilidade e traballo, a empresa así o considere, sempre con responsabilidade de xestión ou dirección.

Artigo 3º.-Duración e vixencia.

Para tódolos efectos a vixencia do presente convenio iníciase o día 1 de xaneiro de 1998 e remata o 31 de decembro de 1999, pactándose de común acordo que, á súa expiración, se considera automaticamente denunciado sen necesidade expresa de denuncia.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

O presente convenio constitúe un todo orgánico e indivisible, polo que os acordos contidos nel unicamente teñen validez considerados conxuntamente. Se algunha das partes fose declarada sen efectos pola xurisdicción competente, deberá reconsiderarse no seu conxunto globalmente.

Capítulo III

Réxime retributivo

Artigo 5º.-Estructura salarial.

Está constituída polos conceptos seguintes: salario base, complemento persoal individual de antigüidade, sobresoldo de asistencia, sobresoldo de actividade e outros sobresoldos.

Artigo 6º.-Pagamento de salarios.

O pagamento dos salarios correspondentes a cada traballador deberá efectuarse no último día laborable de cada mes. O traballador terá dereito a percibir anticipos a conta do traballo xa realizado sen que chegue o día sinalado para o pagamento.

Artigo 7º.-Salario base.

Establécese un salario base por categorías cuns importes que figuran na táboa salarial anexa II.

Artigo 8º.-Antigüidade consolidada.

Durante o ano 1998, seguirá vixente o art. 7 do convenio colectivo de LARSA de 1997. Para o ano 1999 os traballadores manterán e consolidarán as cantidades que polo concepto de antigüidade desfruten con data 31 de decembro de 1998. Ó importe anterior engadiráselle a parte proporcional de antigüidade de acordo co criterio que a continuación se expón:

Derradeiro quinquenio cumplido en:

1998.-Engadir 1/5 quinquenio.

1997.-Engadir 2/5 quinquenio.

1996.-Engadir 3/5 quinquenio.

1995.-Engadir 4/5 quinquenio.

1994.-Engadir 1 quinquenio.

Unha vez feita a operación anterior (cálculos feitos con respecto ó salario base de 1998), as cantidades resultantes reflectiranse nos recibos de salarios coa denominación de complemento persoal individual de antigüidade.

O dito complemento non será absorbible nin compensable e as novas incorporacións non xerarán importes por este concepto.

Artigo 9º.-Sobresoldo de asistencia.

Establécese un sobresoldo de asistencia para tódalas categorías, de 16.570 pesetas mensuais.

Con efectos 1-1-1999, a cantidade que se vai percibir por tal concepto adicionarase ó salario base.

Artigo 10º.-Sobresoldo de actividade.

Establécese un sobresoldo de actividade cuns importes mínimos mensuais por categorías que se indican na táboa salarial anexa III.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

1. Gratificacións fixas. Tódolos traballadores ós que lles é de aplicación o presente convenio percibirán tres gratificacións extraordinarias anuais (marzo, xullo e decembro), que serán aboadas o 15 de marzo, 15 de xullo e 15 de decembro, respectivamente, a razón de 30 días de salario base, complemento persoal individual de antigüidade e sobresoldo de actividade, ou parte proporcional correspondente o tempo de permanencia na empresa.

Os períodos de devengo das ditas gratificacións son os seguintes:

Marzo: 1 de xaneiro ó 31 de decembro do ano anterior.

Xullo: 1 de xullo do ano anterior ó 30 de xuño do ano actual.

Decembro: 1 de xaneiro ó 31 de decembro do ano actual.

2. Servicio militar ou prestación social substitutoria. O persoal fixo que estea prestando o servicio militar ou prestación social substitutoria, terá dereito a percibir estas pagas. Os que leven ó incorporarse ó servicio, menos dun ano de contratación, percibiranas na parte proporcional que lles corresponda.

Artigo 12º.-Sobresoldo de nocturnidade.

As quendas traballadas durante o período comprendido entre as 10 da noite e as 6 da mañá, salvo que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno por natureza, terán un sobresoldo nocturno fixo para tódolos traballadores, de 2.366 pesetas por cada quenda de noite ou a contía proporcional en función das horas nocturnas traballadas.

Artigo 13º.-Axudas de custo.

Establécense os seguintes importes en concepto de axudas de custo para o persoal:

Comidas: 1.500 ptas.

Almorzos: 215 ptas.

Ceas: 1.295 ptas.

Hotel: 3 estrelas.

Artigo 14º.-Sobresoldo tóxico, penoso e perigoso.

Establécese un sobresoldo para postos de traballo tóxicos, penosos ou perigosos de 15.298 ptas./mes. A definición dos ditos postos determinaraa o Gabinete Técnico de Saúde Laboral da Xunta de Galicia, así coma a mutua de accidentes de traballo.

Ámbalas dúas partes consideran tóxicos, penosos ou perigosos os seguintes postos: operadores de VTIS e persoal da torre de leite en po.

Para o persoal doutras seccións, que a empresa incorpore á sección da torre, establécese un sobresoldo de 766 ptas./día en concepto de penosidade ou perigosidade.

Para o persoal das seccións de mantemento e caldeiras este sobresoldo establécese na cantidade de 3.533 ptas./mes.

Artigo 15º.-Incremento salarial para o ano 1999.

O 1 de xaneiro de 1999, incrementaranse tódolos salarios e pluses deste convenio vixentes o 31-12-1998, no IPC previsto polo Goberno nos orzamentos xerais do Estado para 1999.

Artigo 16º.-Prestacións complementarias.

A empresa completará ata o 100% do salario regulador desde o 4º día en caso de incapacidade temporal derivada de enfermidade común, na primeira baixa do ano.

No suposto de incapacidade temporal derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional, así como no caso de intervención cirúrxica o internamento hospitalario, o citado complemento aboarase desde o primeiro día e na primeira baixa do ano.

Nos supostos de incapacidade temporal derivada de maternidade, haberá que aterse ó o disposto no capítulo IV bis de la LXSS.

Ante a posibilidade de amplia-lo dito complemento en baixas sucesivas, reunirase a comisión mixta paritaria.

Nos casos previstos anteriormente, se durante o período de baixa se producisen incrementos económicos de carácter xeral, a empresa pagará a partir do primeiro día do mes seguinte ó de producirense os ditos incrementos, a diferencia entre o que lle corresponda percibir ó traballador da Seguridade Social e o que lle correspondería percibir se a baixa fose despois de producirse o citado incremento, sen que en ningún caso a suma de ámbalas dúas percepcións poida exceder do tope máximo das bases de cotización do traballador á Seguridade Social na data da baixa.

Artigo 17º.-Traballo en cámaras.

O persoal que traballa habitualmente en cámaras de conxelación con temperaturas inferiores ós -10ºC, rexerase polas seguintes condicións: serán provistos de pezas de roupas de traballo adecuadas á temperatura da cámara, cun uso por parte do traballador que será obrigatorio, en todo caso, cumpriranse estrictamente as normas de seguridade e saúde laboral.

De común acordo entre empresa e comité establécese un sobresoldo para os conductores de carreta de expedicións de 4.711 ptas./mes.

Artigo 18º.-Quebranto de moeda.

O caixeiro ou auxiliar de caixa e cobradores percibirán mensualmente en concepto de quebranto de

moeda a cantidade de 4.710 ptas. o primeiro e 4.118 ptas. os dous últimos. Do mesmo modo, o persoal de autovendas que realice xestións de cobro, percibirá, polo mesmo concepto, a cantidade de 4.118 ptas.

Artigo 19º.-Premio de constancia.

Cando un traballador ó xubilarse ostente unha antigüidade na empresa superior ós dez anos, percibirá un premio consistente nunha mensualidade, de salario base, por cada quinquenio que se acredite como antigüidade. Este premio incrementarase excepcionalmente, coas porcentaxes que se especifican seguidamente, se a xubilación é solicitada polo traballador ó cumprir respectivamente, 60, 61, 62 e 63 anos e dentro dos tres meses seguintes á data na que cumpran as ditas idades.

Ó cumprir 60 anos: 45%.

Ó cumprir 61 anos: 40%.

Ó cumprir 62 anos: 35%.

Ó cumprir 63 anos: 30%.

En caso de falecemento anterior á xubilación, a viúva ou, no seu caso, os fillos menores ou maiores diminuídos, percibirán as cantidades anteriores correspondentes.

A partir do 1 de xaneiro de 1999, o comité de empresa e a dirección establecerán unha nova fórmula de cálculo de este premio, para desvinculalo do cálculo actual especificado no primeiro parágrafo deste artigo.

Artigo 20º.-Axuda escolar.

Establécese unha axuda para a formación escolar dos fillos dos traballadores en idades comprendidas entre os 4 e os 17 anos, ámbalas dúas incluídas, agás os que estean traballando. Será indispensable para os que teñan 16 e 17 anos acreditar documentalmente que están matriculados nun centro escolar con asistencia a clases de mañá e tarde.

A súa contía será de 1.000 pesetas mensuais por fillo durante os 10 meses do curso escolar (setembro a xuño, ámbolos dous incluídos). Esta axuda é para persoal con ingresos totales brutos inferiores a 2,5 veces o salario mínimo interprofesional. e en situación de resultados positivos para a compañía.

Artigo 21º.-Axuda a diminuídos.

Como compensación complementaria á da Seguridade Social, a empresa aboará unha axuda de 12.365 ptas. mensuais ós traballadores por cada fillo ó seu cargo que sexa diminuído físico ou psíquico, que lle impida o desenvolvemento de calquera traballo. A clasificación de tales incapacidades será automática nos casos en que así o recoñecera a Seguridade Social e en outro suposto deberá acreditarse suficientemente, supervisado pola mutua de accidentes.

En caso de que un traballador, alegando circunstancias que difiren da realidade e esixencias establecidas nestas normas, cobrase axudas, terá a obrigación da devolución total dos importes cobrados por estes conceptos.

Artigo 22º.-Póliza de seguros.

Coa finalidade de beneficiar a tódolos seus productores cunha medida de previsión a favor dos familiares que dependan deles, a empresa concertará un seguro colectivo, no que quedarán obrigatoriamente integrados tódolos seus productores. O dito seguro rexerase polas seguintes normas:

a) Os productores de novo ingreso causarán alta como asegurados o mesmo día de incorporación á empresa.

b) Causarán baixa ó producirse o cesamento definitivo na empresa.

c) Non haberá recoñecemento médico previo nin haberá límite de idade.

d) A contía do dito seguro para a vixencia de este convenio será:

-Por morte natural, invalidez permanente ou laboral: 1.500.000 ptas.

-Morte por accidente: 3.000.000 de ptas.

-Morte por accidente de tráfico: 4.500.000 ptas.

e) Quedan exceptuados da integración no seguro os traballadores que expresamente sexan contratados con carácter eventual, temporal ou interino.

Artigo 23º.-Plus de natalidade e nupcialidade.

Establecese un premio de natalidade e nupcialidade por un importe de 15.263 ptas. respectivamente, aboables logo da comprobación dos feitos que os fundamenta.

Artigo 24º.-Préstamos ó persoal.

Co obxeto de axuda-los traballadores, en casos de necesidades xustificables, concederanse cun importe máximo de 500.000 ptas., que se devolverán no prazo máximo de tres anos.

Para facer un seguimento do tema, a empresa creará un fondo económico que será supervisado trimestralmente polo comité e a dirección da empresa. Terá un saldo máximo de 2.000.000 de ptas. No caso de non esgotarse o dito saldo máximo no prazo dun ano, unha comisión creada para o efecto avaliará os casos que se puderan dar de solicitudes feitas por importes superiores as 500.000 ptas., en casos de forza maior debidamente xustificados.

Capítulo IV

Xornada, horas extraordinarias, vacacións e licencias

Artigo 25º.-Xornada.

A duración da xornada será de 40 horas semanais. Na xornada continua farase un descanso intermedio de 20 minutos que se aboará como tempo traballado.

Desde o 1 de xuño ó 30 de setembro, o persoal de Administración poderá exerce-lo seu traballo en xornada continua. Este persoal, os días 24 e 31 de decembro, farán horario continuado de 7.45 a 14.45 horas.

Co resto do persoal que traballe en quenda de tarde os ditos días, a empresa comprométese a organiza-lo traballo de tal maneira que este persoal poida rematar ás 18 horas. A quenda de noite dos ditos días non será laborable.

Con carácter excepcional ata ó 31 de decembro de 1999, naquelas seccións nas que na actualidade a xornada está establecida de luns a venres, sempre que existan probadas razóns de producción, o sábado será considerado como día de traballo.

Sempre que se dea a situación anteriormente descrita, a empresa estará obrigada a avisa-lo comité de empresa, de acordo os seguintes prazos:

Sábados esporádicos ou ata 4 consecutivos: cunha semana de antelación salvo causas de forza maior.

Traballos de campaña (máis de 4 sábados consecutivos): o aviso será dun mes.

A forma de compensación da xornada de sábados será a seguinte:

1. Sábados esporádicos ou consecutivos ata 4, aboaranse horas extras, salvo que por pacto entre empresa e traballador, se opte pola compensación ou descansos equivalentes.

2. Sábados consecutivos superior a 4 (campaña), optará a empresa entre aboar horas extras ou dar descansos equivalentes. Se se optase pola opción de descansos (quendas completas), pactaranse os oportunos calendarios de traballo-descanso, procedendo a correspondente acumulación de descansos, de forma tal que a planta sexa operativa ó longo dos 6 días da semana e os traballadores enlacen os ditos días acumulados ao decanso semanal. Os descansos serán anteriores ou posteriores ó domingo (ciclos de 4 semanas).

Artigo 26º.-Quendas.

A quenda de noite realizarase sempre que a dirección da empresa, por razóns de producción ou forza maior, o estime necesario e logo de comunicación ó comité de empresa, indicando razóns para a súa realización, seccións afectadas e tempo de implantación. Sempre que a quenda de noite se prorrogue por máis dunha semana, a dita quenda será rotativa e ningún traballador estará máis de dúas semanas consecutivas, salvo, adscrición voluntaria. O traballador que estea en quenda de noite, cando esta sexa suprimida, incorporarase á súa quenda habitual ó día seguinte do que abandonou a anterior quenda.

Artigo 27º.-Horas extraordinarias.

Co obxecto de fomentar unha política social para a creación de emprego, acórdase a reducción de horas extraordinarias habituais.

a) Consideraranse horas extraordinarias producidas por causa de forza maior, o exceso das traballadas sobre a xornada habitual para previr ou reparar sinistros ou danos extraordinarios e urxentes, as cales non se terán en conta nin para efectos de duración máxima de xornada ordinaria laboral nin para o cómputo máximo de horas extraordinarias autorizadas.

b) As horas extraordinarias precisas para atender pedimentos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, mantemento e demais circunstancias derivadas da específica natureza da actividade que se trata, sempre que non sexa posible a utilización doutras modalidades de contratación previstas pola lei, serán consideradas estructurais.

A dirección da empresa informará mensualmente o comité de empresa sobre o número de horas extraordinarias, especificando a súa distribución por seccións e causas.

Artigo 28º.-Vacacións.

Todo o persoal, calquera que sexa a súa categoría profesional, terá dereito a unhas vacacións anuais retribuídas de 30 días naturais.

Quen cese no transcurso do ano sen desfrutalas terá dereito a que lle sexa aboada a parte do importe do dito período proporcional ó número de meses traballados durante este. Para estes efectos, computarase como mes completo a fracción del que exceda de 10 días.

As vacacións serán concedidas na época de menor actividade laboral e ó maior número posible de traballadores durante os meses de verán, sempre de acordo coas necesidades do servicio e as seguintes consideracións:

No período de verán, que estará comprendido desde a segunda quincena do mes de xuño ata a primeira quincena do mes de setembro, ámbalas dúas incluídas, poderán desfrutar mensualmente as súas vacacións, como máximo ó 17% do cadro de persoal de Robra. Durante o resto do ano, en todos e cada un dos meses terán que desfruta-las súas vacacións un mínimo do 5% do cadro de persoal antes mencionada.

Para que os traballadores poidan programalas, faranse dentro dos dous últimos meses do ano anterior os oportunos calendarios de vacacións de acordo co comité de empresa.

O persoal que teña a totalidade das súas vacacions nos meses de xaneiro, febreiro, novembro ou decembro, terá dereito a 3 días naturais mais de vacacións. Quen só desfrute de 15 días nestes meses, terá dereito a 2 días máis.

Artigo 29º.-Licencias con retribución.

O persoal da empresa, logo do aviso e xustificación en forma legal, terá dereito a licencia con percepción

íntegra do seu salario, por algún dos motivos e coa duración máxima seguintes:

a) Matrimonio do traballador: quince días naturais.

b) Nacemento dun fillo: tres días naturais ó nacer. En caso de coincidir en fin de semana, concederase un día máis, coa finalidade de axudar ás obrigas paternas.

c) Falecemento, enfermidade moi grave ou intervención cirúrxica de cónxuxe, fillos, pais, irmáns, pais políticos e irmáns políticos: 4 días naturais. Se as causas sinaladas tivesen lugar en distinta provincia, esta licencia será ampliada ata 6 días como máximo.

d) Falecemento do avó, neto e tío: 3 días naturais. Se o falecemento tivese lugar fóra da comunidade autónoma, ampliarase en un día máis.

e) Casamento de fillos, irmáns, irmáns políticos, pais ou pais políticos: un día natural. Se o casamento fose en distinta provincia, esta licencia poderá ser ampliada ata tres días.

f) Exames: polo tempo estrictamente indispensable cando curse estudios e deba someterse a exames, logo da xustificación escrita ante a empresa.

g) Cargo ou representación sindical: para os que ostenten cargos ou representación sindical, o tempo preciso, logo da xustificación e ata o máximo que determine a Lei sindical.

h) Atención a asuntos urxentes: 3 días ó ano cando se precise atender persoalmente a asuntos propios de xustificada urxencia. No caso de que esta licencia afecte a máis de un traballador da mesma familia, será necesaria a autorización da empresa. O comité comprométese a velar para que a utilización dos días de libre disposición para asuntos urxentes sexa seria e non prexudique a empresa.

i) Mudanza de domicilio familiar: 1 día. Se o traslado se efectúa fóra do municipio no que se vive, será de 2 días.

j) Falecememto dun traballador. Ó turno que coincida co enterro, concederáselle o tempo necesario para a asistencia a el.

Artigo 30º.-Excedencias.

Nesta materia aplicarase o disposto no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e na Lei orgánica de liberdade sindical, no seu artigo 9 b). En canto á excedencia por maternidade dará dereito á reserva do posto de traballo.

Artigo 31º.-Excepción ó descanso dominical.

Por tratarse dunha industria cunha materia prima que precisa unha elaboración inmediata, los traballadores das sección de recepción e caldeiras que se vexan obrigados a presta-los seus servicios en domingos ou festivos, veranse compensados desfrutando dun día de descanso na seguinte semana, así coma un sobresoldo de festivo na contía de 8.545 ptas.

Para o resto do persoal doutras seccións nas que a súa xornada ordinaria e de luns a venres, o dito sobresoldo será de 4.730 pesetas.

O persoal que teña que traballar os días 25 de Nadal e 1 de xaneiro, pagaráselle un plus adicional de 2.300 ptas.

Artigo 32º.-Xubilación.

A dirección da empresa e o comité ante a situación de permanente adecuación do cadro de persoal para acomodala ós niveis óptimos de emprego, acordan a xubilación obrigatoria dos traballadores ó cumpri-los 64 anos de idade (1); neste caso a empresa aboará ata os 65 anos, a diferencia que corresponda ó 100% en tódolos conceptos sobre salario neto anual e as percepcións ás cales teña dereito ó causar baixa definitiva na empresa. En caso de acordo entre as partes poderase optar coas mesmas condicións ós 63 anos.

Se algún traballador, chegada a dita idade, non solicitase voluntariamente a baixa por xubilación, a empresa procederá a ela con carácter inmediato.

Aquel persoal que, chegados os 64 anos de idade, non tivera cubertos os períodos de cotización necesarios para alcanza-lo 92% da pensión de xubilación, a empresa comprométese a negociar co comité de empresa unha saída mellor para o traballador.

(1) Sempre e cando non se vexa prexudicado nos seus dereitos económicos ou de xubilación.

Artigo 33º.-Mobilidade funcional.

A mobilidade funcional no seo da empresa efectuarase sen prexuízo dos dereitos económicos, tendo en conta o grupo profesional (técnicos, administración, comercial, subalternos e persoal obreiro), debéndose adapta-lo traballador ós horarios que os cambios funcionais comporten.

A empresa comprométese a non realizar discriminación ningunha cara a ningún traballador, nin cambios de quenda máis dunha vez por semana.

Capítulo V

Formación profesional. Promoción

Artigo 34º.-Formación profesional.

A dirección da empresa establecerá durante o primeiro trimestre do ano, un calendario de cursos de formación profesional co obxectivo de proporcionarlle ó persoal, en tódolos niveis, os coñecementos necesarios para a realización das súas funcións e o seu desenvolvemento profesional. A empresa comprométese a gastar durante o ano 1998, o 0,5% do importe total do salario base, plus de asistencia e plus de actividad en concepto de formación para o persoal. Co fin de comprobar e facer un seguimento dos ditos gastos, constituirase unha comisión para tal fin, na que se incluirán dúas persoas designadas polo comité de empresa.

Decididos os plans de formación e logo da súa implantación, solicitarase do comité de empresa o

informe que se determina no artigo 64 (1.4º.C) do Estatuto dos traballadores.

Para o persoal da empresa que realice cursos non recollidos nos plans de formación en centros oficiais para a obtención de coñecementos profesionais que garden relación directa coas actividades da empresa e teñan unha aplicación efectiva a medio ou longo prazo nela, establécese unha axuda económica consistente no pagamento do 50% do custo de matrícula e textos debidamente xustificados. Esta axuda solicitarase a través dos xefes de departamento e terá que ser aprobada polo comité creado a para fin, con cargo ó fondo creado para esta finalidade.

Artigo 35º.-Promocións.

Establécense dous tipos de promocións:

a) Libre designación. Defínese como libre designación o acceso ó posto que, en razón das súas funcións e responsabilidades, son cubertos por decisión da empresa e que corresponden ós postos e categorías profesionais seguintes: persoal directivo, técnico superior, técnico medio, xefe de fabricación, xefes promotores de vendas, xefe de sección, xefe e promotores de vendas, xefe de sección, xefe administrativo de 1ª e 2ª, encargado, caixeiro e secretarias de dirección. Agás o persoal directivo, técnico xefe, xefe de compras de leite, xefe de fabricación e delegados, as convocatorias ós demais postos de traballo faranse públicas coa finalidade de que o cadro de persoal poida acceder á selección.

b) Concurso-oposición. Defínese promoción por concurso-oposición, o acceso as categorías laborais non recollidas no apartado anterior.

Para a realización destas promocións, créase un tribunal cualificador composto por catro membros. Dous membros designados polo comité de empresa e dous do departamento de persoal ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente do tribunal e con voto de cualidade decisorio. Para cubrir unha vacante ou posto de nova creación nestas categorías, a empresa comunicaralle ó comité a existencia de tal posto.

Seguidamente, no prazo de 5 días hábiles, o tribunal cualificador decidirá e publicará os requisitos ou probas de exame que se van realizar, e non poderán realizarse nun tempo inferior a 15 días nin superior a 30. A estas convocatorias poderá concorrer calquera persoa do cadro de persoal, formulando a oportuna solicitude dentro do prazo que se sinale. Se a convocatoria quedase deserta por falta de candidatos internos ou por non alcanzar estes a puntuación mínima requirida, a empresa poderá cubri-la dita vacante por libre designación ou por nova convocatoria á que pode optar persoal alleo á empresa.

O tribunal cualificador deberá establece-las cualificacións definitivas e publicalas nun prazo máximo de 8 días, a partir da data en que rematen as probas.

O tribunal terá facultades para, unha vez anunciada a vacante ou posto de nova creación, decidir sobre a necesidade de realizar probas de aptitude, ou en caso negativo, establecer directamente a orde de prioridade.

Acceso á categoría: para a realización efectiva do cambio de categoría, establécense os períodos de proba seguintes:

-6 meses para postos de libre designación.

-3 meses para postos de persoal cualificado.

-15 días para postos de persoal non cualificado.

Durante o período de proba, o traballador percibirá o salario correspondente á nova categoría, pero non se efectuará o cambio efectivo dela. Se transcorrido o dito período, os informes non fosen positivos, remitiranse ó tribunal cualificador que valorará, se é o caso, o retorno ou non á categoría anterior.

Capítulo VI

Representación dos traballadores

Artigo 36º.-Comité de empresa ou delegados de persoal.

Nesta materia, haberá que aterse ó disposto no título segundo do Estatuto dos traballadores.

A empresa pagará viaxes e axudas de custo, na forma que teña establecida, cando algún membro do comité ou delegados sindicais, en representación del, teñan que desprazarse do seu lugar habitual de residencia, para asistir a reunións, sobre temas relacionados cos propia empresa ou convocadas pola empresa ou sindicato representativo.

Acórdase a posibilidade de acumular crédito de horas mensuais que concede o artigo 68 e) do Estatuto dos traballadores ós representantes legais del, podendo ceder entre representantes dunhas mesmas siglas ou candidaturas. Por isto os cedentes comunicarán á empresa o nome do representante ou representantes ós que ceden as súas horas no mes seguinte, sendo esta cesión permanente ata que o propio cedente a revogue ou modifique, mediante comunicación dirixida á dirección da empresa, con cinco días de antelación mínimos á data dos efectos.

O comité de empresa poderá solicitar para temas concretos e específicos, o asesoramento técnico das centrais sindicais as que representan, co fin de que representantes delas poidan acceder ós locais e dependencias do dito centro. Isto farase sen entorpecemento da producción, responsabilizándose da reserva profesional por parte da central sindical.

Artigo 37º.-Seccións sindicais.

O funcionamento das seccións sindicais no ámbito da empresa axustarase ó disposto no artigo 10 da Lei 11/1985, do 2 de agosto, Lei orgánica de liberdade sindical. Recoñécese un delegado sindical no centro de traballo.

Artigo 38º.-Fondo económico.

Créase un fondo por conta da empresa, destinado a financia-las xestións do comité de empresa derivadas da súa representatividade. O dito fondo será de 163.000 ptas. por ano.

Artigo 39º.-Financiamento das seccións sindicais.

Establécese un fondo a cargo da empresa, que se fixa na cantidades de 81.000 ptas. que se poñerá a disposición das seccións sindicais representadas na mesa de negociación; a dita cantidade dividirase proporcionalmente segundo a representación na mesa de negociación.

Capítulo VII

Saúde laboral

Artigo 40º.-Comité de seguridade e saúde.

Haberá que aterse o disposto na Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 41º.-Roupa de traballo.

A empresa quedará obrigada a facilitarlles ós traballadores que realicen traballos manuais dúas pezas de roupas de traballo para o inverno e unha para o verán, así como un par de zocos cada seis meses. A roupa de inverno seralles entregada ós traballadores na primeira quincena de febreiro e a de verán na primeira quincena de xuño.

Artigo 42º.-Persoal con capacidade diminuída.

A aquel persoal que por deficiencias nas súas condicións físicas ou por outras circunstancias, non se atope en situación de desenvolve-lo traballo para o que foi contratado, a empresa procurará destinalo a traballos o máis adecuados posible e de acordo coa súa categoría profesional. En tódolos casos en que se presente a dita situación, a empresa, antes de adopta-la súa decisión, solicitará informe do comité de empresa, que deberá emitir no prazo máximo de 5 días á súa recepción.

A cualificación das condicións físicas será realizada pola mutua de accidentes de traballo en informe médico por escrito, que será avaliado por unha comisión creada para tal fin na que estará representada a dirección e o comité de empresa.

Artigo 43º.-Recoñecemento médico.

Tódolos traballadores realizarán obrigatoriamente unha revisión xeral completa e suficiente polo menos unha vez ó ano, por conta da empresa e dentro da xornada laboral.

O servicio médico de acordo co comité de saúde laboral, determinará, segundo a saúde xeral do traballador, idade, características do posto de traballo (toxicidade, perigosidade, penosidade, etc.), a conveniencia das probas que teña que realizar:

Os traballadores teñen dereito a coñece-lo informe que resulte dos recoñecementos médicos.

Disposicións derradeiras

Primera.-Normas subsidiarias.

No non previsto neste convenio haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores, convenio colectivo estatal de industrias lácteas e demais disposicións legais vixentes.

Segunda.-Sancións.

Cando se apliquen sancións ó persoal, haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores, artigo 64, apartado 1.7º.

Antes de comunicarlle a sanción ó traballador, será informado o comité de empresa.

Terceira.-Comisión mixta paritaria.

Co alcance e funcións previstas no artigo 85.2º e do Estatuto dos traballadores, desígnase a comisión mixta paritaria composta por tres membros por designación da empresa e tres membros en representación dos traballadores.

Cuarta.-Acórdase factura-la mercadoría ós empregados para consumo persoal a prezo de custo máis un 5%, ata un importe máximo de 13.736 ptas./mes.

Quinta.-Quilometraxe.

O prezo do quilómetro para todo o persoal con dereito a percibilo será de 24 ptas.

Sexta.-A suspensión temporal do carne de conducir que non sexa debida a infracción de regulamentos, daralle dereito ó traballador a asignarlle durante o dito período outras funcións.

ANEXO I

Clasificación segundo funcións: categorías e definicións

O persoal da empresa Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A., na súa factoría de Robra, Outeiro de Rei, clasificarase, en atención á función que desempeña, nalgún dos seguintes grupos:

1. Persoal directivo.

2. Persoal técnico.

3. Persoal administrativo.

4. Persoal comercial.

5. Persoal subalterno.

6. Persoal obreiro.

Persoal directivo.

Defínese como persoal directivo as persoas que desempeñan funcións de dirección no seo da empresa nos cargos de presidente, xerente, directores, subdirectores e xefes de planta, non regulados polo presente convenio colectivo.

Persoal técnico.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

Titulado superior.

Titulado medio.

Xefe de fabricación.

Xefe de sección.

Encargado.

Capataz.

Controlador distrito leiteiro.

Oficial de laboratorio.

Auxiliar de laboratorio.

Titulados superiores: son aqueles que, posuíndo un título profesional oficial de carácter universitario, de escola técnica de grao superior, ou coñecementos equivalentes na materia, recoñecidos pola empresa, desenvolven nas mesmas funcións propias da súa titulación ou coñecementos.

Titulados medios: son os que tendo un título facultativo de escola de grao medio, escola universitaria ou coñecementos equivalentes en materias recoñecidas pola empresa, desempeñan as funcións propias dos ditos títulos ou coñecementos, baixo a supervisión directa da dirección ou titulados superiores.

Xefes de fabricación: son os que, baixo a supervisión directa do director de producción, teñen responsabilidades de planificación, dirección, coordinación e control dos procesos de producción e de mantemento das máquinas e instalacións, establecendo a forma de face-lo traballo, dirixindo e coordinando o persoal e encargado de mantemento.

Xefes de sección: son os que, baixo a supervisión directa do director correspondente teñen a responsabilidade da sección, exercendo as funcións de dirección, coordinación e control dos encargados, capataces e operarios da sección, así coma das distintas tarefas de sección, observando o funcionamento dos distintos órganos que comprende a mesma, respondendo da disciplina do persoal, da distribución do traballo, a boa execución do mesmo e a conservación dos útiles e instalacións.

Encargados: son os que, con coñecementos e experiencias amplos, tanto teóricos coma prácticos sobre os procesos productivos, dirixen, coordinan e controlan os traballos de varias liñas de producción, baixo a supervisión directa do xefe de fabricación ou do xefe de sección, sendo responsables da forma de execución, disciplina do persoal e conservación dos útiles e instalacións.

Capataces: son os que, con coñecementos e experiencia amplos sobre procesos de almacén de productos terminados e materias auxiliares, baixo a supervisión do seu inmediato superior, e polas seus especiais condicións se lles confía a dirección dun grupo de traballadores.

Controlador de distrito leiteiro: son os que desenvolven as funcións de vixilancia e control do servicio de recollida e transporte, estatísticas de producción, toma de mostras, control e asesoramento dos gandeiros no mantemento e mellora dos seus medios de producción, gando, cortes, instalacións, etc. e outras funcións que lles poidan confia-los seus superiores en relación coa modificación, limpeza, comprobación das cualidades nos distritos leiteiros, como calquera outro traballo de control e asesoramento.

Colabora cos seus xefes nas funcións de liquidación e pagamento ós gandeiros.

Oficial de laboratorio: son os que, con coñecementos técnicos e prácticos a nivel de formación profesional de 1º ou 2º grao, ou coñecementos similares recoñecidos pola empresa das normas, instrumentos e procesos de análises de laboratorio, realizan toda clase de análises físicas, químicas ou bacteriolóxicas na empresa, ou verifican os procesos de elaboración, producción e de producto terminado, con responsabilidade técnica sobre estes, baixo a supervisión directa do responsable do laboratorio ou departamento de cualidade.

Auxiliar de laboratorio: son os que, con coñecementos técnicos e prácticos mínimos, fan análises físico-químicas de maneira instrumental e axudan os oficiais de laboratorio nas tarefas sinxelas que poidan ter unha rápida comprobación.

Persoal administrativo.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

Xefes de primeira.

Xefes de segunda.

Oficial de primeira.

Oficial de segunda.

Auxiliares.

Telefonista.

Xefes de primeira: son os empregados que, provistos ou non de poderes, baixo a supervisión do director correspondente, teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar e controlar unha ou varias seccións administrativas, imprimíndolles unidade e distribuíndo o traballo.

Xefes de segunda: son os empregados que, provistos ou non de poderes limitados, e supervisados por un director ou xefe de primeira, teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar ou controlar unha sección ou grupos de traballo administrativos, imprimíndolles unidade e distribuíndo o traballo entre o persoal que del dependa. Queda incluído nesta categoría o tesoureiro, responsable de caixa.

Oficiais de primeira: son os empregados que, baixo a supervisión dun xefe de 1ª ou de 2ª, teñen a responsabilidade dun servicio ou función determinado,

dentro do cal exercen iniciativa e posúen responsabilidade, con ou sen persoal a cargo, para o que se precisan coñecementos xerais de administración a nivel de FP1 ou semellante e coñecementos amplos do servicio ou función correspondente.

Inclúese nesta categoría as funcións de secretaria de dirección, caixeiro, cobros e pagamentos, sen sinatura nin fianza, transcrición de libros oficiais contables, programadores e operadores de informática.

Oficiais de segunda: son os empregados que teñen iniciativa e responsabilidade restrinxida sobre un servicio ou un conxunto de tarefas administrativas para as que se precisan coñecementos básicos sobre as tarefas ou servicio que desempeñan.

Auxiliares: son os empregados que desempeñan tarefas e operacións elementais administrativas, para as que necesitan coñecementos básicos administrativos.

Telefonista: son os empregados que teñen como funcións atende-la central telefónica da empresa e recibi-las chamadas que cheguen a ela, de acordo coa política que a empresa estableza para os ditos temas.

Persoal comercial.

Este grupo comprende as categorías profesionais seguintes:

Xefes de venda.

Supervisores de vendas.

Promotores de vendas.

Xefes de vendas: son os que, baixo a supervisión directa do director de vendas ou comercial, teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar e controla-la acción comercial da empresa nunha ampla zona de mercado, dándolle sentido de unidade, planificando, distribuíndo o traballo ó persoal de vendas que estea ó seu cargo e animando a xestión de vendas.

Participa co seu xefe inmediato na negociación e establecemento de condición de vendas dos clientes.

Responde da disciplina do persoal ó seu cargo e da boa execución dos traballos que se lles asigne.

Supervisores de vendas: son os empregados que, baixo a supervisión do xefe de vendas, teñen a responsabilidade de coordinar, animar e controla-la acción comercial dun grupo de promotores de vendas ou área de mercado.

Inspectores ou promotores de vendas: son os empregados que, baixo a supervisión directa do xefe de vendas ou supervisor, percorren as zonas, rexións ou rotas que se lles asigna, co fin de realizar visitas a clientes, promover vendas, ofrecer artigos, vixia-la colocación dos artigos nos puntos de venda, así como para controlar e anima-la acción comercial dos repartidores e autovendas, xestionar cobros de ope

racións morosas ou calquera outra misión que se lles encomende relacionada coa venda ou distribución dos productos.

Cando permanezan no centro de traballo, poderán ocuparse en tarefas de estatística, controis diversos ou traballos semellantes.

Persoal subalterno.

Este grupo comprende as seguintes categorías.

Almaceneiro.

Controlador.

Vixilante.

Almaceneiro: son os operarios que teñen a responsabilidade da recepción das mercadorías e despacho de productos, coas operacións complementarias de medición, pesaxe, colocación en andeis, etc., así como o rexistro e control de existencias permanente e movemento diario de mercadorías e productos.

Controlador: son os operarios que teñen a responsabilidade de controlar e vixia-la carga de productos terminados que diariamente efectúa o persoal de reparto e distribución, así como de almacén de productos terminados e cámara de frío.

Vixilante: son os traballadores que teñen a responsabilidade de vixia-las instalacións da empresa, coida-los accesos a esta, controlando as entradas e saídas de persoas, materias primas, logo da pesaxe destas, realizando as tarefas de custodia e vixilancia, de acordo coas instruccións recibidas dos superiores.

Persoal obreiro.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

Peóns.

Especialistas de terceira.

Especialistas de segunda.

Especialistas de primeira.

Oficiais de terceira.

Oficiais de segunda.

Oficiais de primeira.

Peóns: son os operarios que realizan labores que requiren a práctica operatoria previa para a súa execución.

Especialistas: comprende esta categoría, nas súas tres clasificacións de primeira, segunda e terceira, aqueles operarios que, despois dun determinado período de prácticas, realizan tarefas e operacións do proceso inicial de producción.

Neste sentido, a clasificación corresponderase coas definicións seguintes:

Especialistas de terceira: son os operarios que coñecen e realizan unha operación de proceso industrial e están á fronte dunha máquina, respondendo do funcionamento dela.

Especialistas de segunda: son os operarios que coñecen e realizan varias operacións de proceso e están á fronte de máquinas de certa complexidade, respondendo do funcionamento delas. Considéranse dentro desta categoría os seguintes grupos:

Encaixonadora.

Conductores de carreta.

Carga, descarga e limpeza de cisternas.

Mostra brik.

Especialistas de primeira: son os operarios que coñecen e realizan as operacións e tarefas de maior complexidade e que requiren maior destreza. Considéranse dentro desta categoría os seguintes postos:

Elaboración e envasado de iogur, pasteurizada, aséptico, queixo fresco, sobremesas, tona, manteiga, leite en po, etc.

Envasado dos productos anteriores - caldeiras e compresores - esterilización - desecado (torre).

Oficiais: son os operarios que, feita nas condicións legais establecidas a aprendizaxe dun oficio determinado, desempeñan funcións propias del.

Quedan comprendidos neste grupo os conductores de recollida, distribución, mecánicos, electricistas, carpinteiros, albaneis, soldadores, etc. Os operarios encadrados neste grupo de oficios, clasifícanse nas seguintes categorías:

Oficiais de terceira: son os operarios que, despois de face-la aprendizaxe dun oficio, non acadaron os coñecementos e experiencia necesarios para executa-los traballos coa corrección esixida a un oficial de segunda.

Oficiais de segunda: son os traballadores que realizan coa corrección adecuada os traballos do seu oficio, pero sen posuír unha especialización que lles permita desempeña-los traballos máis complexos con perfección.

Oficiais de primeira: son os operarios que, posuíndo un oficio, practícano e aplícano con alto grao de perfección, facendo traballos de carácter xeral e de carácter especializado no seu oficio.

Se algún posto non estivese recollido, no presente documento por ser de nova creación ou modificación, reuniríase a comisión mixta paritaria para a súa clasificación.

ANEXO II

Táboa salarial vixente para o ano 1998

CategoríaSoldo

base

Sobresoldo

de asistencia

Persoal técnico

Técnico xefe172.71116.570

Técnico superior149.78016.570

CategoríaSoldo

base

Sobresoldo

de asistencia

Técnico medio131.33816.570
Xefe de fabricación135.28916.570
Xefe de laboratorio118.55416.570
Xefe de C. leiteiro118.55416.570
Xefe de sección118.55416.570
Encargado108.44616.570
Capataz106.79216.570
Contr. Dis. Leit.100.07516.570
Mestre queixeiro98.95416.570
Oficial de laboratorio97.35116.570
Aux. laboratorio83.55116.570

Persoal administrativo

Xefe de 1ª Admtvo.128.02716.570
Xefe de 2ª Admtvo.123.53016.570
Of. 1ª Admtvo.106.79216.570
Of. 2ª Admtvo.97.35116.570
Auxiliar Admtvo.83.55116.570
Telefonista86.18216.570

Persoal comercial

Promotores106.79216.570
Viaxantes97.35116.570
Corredores de praza97.35116.570
Repartidores86.30416.570
Degustadores83.55016.570

Persoal subalterno

Almaceneiros89.61416.570
Pesadores83.55116.570
Cobradores83.55116.570
Porteiros83.55116.570
Ordenanzas83.55116.570
Conserxes89.61416.570
Gardas, serenos e vixilantes83.55116.570

Persoal obreiro

Especialista 1ª89.34616.570
Especialista 2ª87.68316.570
Especialista 3ª86.18216.570
Peón84.43716.570
Oficial 1.O.V.89.34616.570
Oficial 2.O.V.87.68316.570
Oficial 3.O.V.86.18216.570

ANEXO III

Táboas de mínimos en concepto de actividade para 1998

Persoal técnico

Técnico xefe82.850
Técnico superior71.015
Técnico medio65.103
Xefe de fabricación59.178
Xefe de laboratorio59.178
Xefe de C. leiteiro59.178
Xefe de sección59.178
Encargado35.508
Capataz31.519
Contr. Dis. Leit.38.732
Mestre queixeiro17.751
Oficial de laboratorio36.519

Aux. laboratorio9.470

Persoal administrativo

Xefe de 1ª Admtvo.59.178
Xefe de 2ª Admtvo.47.540
Of. 1ª Admtvo.25.188
Of. 2ª Admtvo.25.000
Auxiliar Admtvo.22.653
Telefonista25.000

Persoal comercial

Promotores39.059
Viaxantes22.487
Corredores de praza17.751
Repartidores8.270
Degustadores7.102

Persoal subalterno

Almaceneiros9.470
Pesadores9.470
Cobradores9.470
Porteiros9.470
Ordenanzas9.470
Conserxes9.470
Gardas, serenos e vixilantes9.470

Persoal obreiro

Especialista 1ª22.470

(operador 38.780)

Especialista 2ª19.457
Especialista 3ª12.458
Peón9.470
Oficial 1.O.V.29.718
Oficial 2.O.V.23.570
Oficial 3.O.V.9.470

-Quedan exceptuados destas táboas, os traballadores con contrato eventual.

ANEXO IV

Táboas de salarios anuais mínimos para 1998

por categorías

Persoal técnico

Técnico xefe4.032.297
Técnico superior3.618.986
Técnico medio3.145.378
Xefe de fabricación3.115.875
Xefe de laboratorio2.864.856
Xefe de C. leiteiro2.864.856
Xefe de sección2.864.856
Encargado2.358.160
Capataz2.323.278
Contr. Dis. Leit.2.280.953
Mestre queixeiro1.948.914
Oficial de laboratorio2.206.822
Aux. laboratorio1.594.237

Persoal administrativo

Xefe de 1ª Admtvo.3.006.963
Xefe de 2ª Admtvo.2.761.954
Of. 1ª Admtvo.2.178.544
Of. 2ª Admtvo.2.034.108
Auxiliar Admtvo.1.791.903

Telefonista1.827.108

Persoal comercial

Promotores2.386.600
Viaxantes1.996.447
Corredores de praza1.925.385
Repartidores1.617.581
Degustadores1.558.624

Persoal subalterno

Almaceneiros1.685.179
Pesadores1.594.237
Cobradores1.594.237
Porteiros1.594.237
Ordenanzas1.594.237
Conserxes1.594.237
Gardas, serenos e vixilantes1.594.237

Persoal obreiro

Especialista 1ª1.876.119

(operador 2.120.731)

Especialista 2ª1.805.954
Especialista 3ª1.678.360
Peón1.607.517
Oficial 1.O.V.1.984.771
Oficial 2.O.V.1.866.587
Oficial 3.O.V.1.633.704

-Quedan exceptuados destas táboas, os traballadores con contrato eventual.

10510