Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.716

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1998 pola que se convoca un curso sobre os modos de xestión dos servicios públicos nas entidades locais.

Dentro do plan de actividades da EGAP para 1998, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso sobre os modos de xestión dos servicios públicos nas entidades locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Estudio das diferentes formas de xestión dos servicios públicos locais, o seu réxime xurídico e económico, e a incidencia de normas como a Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e a Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

Segunda.-Destinatarios.

Persoal ó servicio da Administración local que desenvolva tarefas relacionadas coa materia obxecto do curso, pertencentes a grupos A/B ou asimilados.

Terceira.-Solicitudes.

1. As persoas que desexen participar no curso programado deberán solicitalo no modelo oficial de instancia que figura ó final da convocatoria e cubrila en tódolos epígrafes. Cando solicite o curso máis dun interesado da mesma corporación, o responsable do persoal poderá especifica-la orde de preferencia. No caso de que non se especifique, a EGAP aplicarálle-los criterios de selección ós que se fai referencia na base sétima.

2. A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección será motivo de exclusión automática.

Cuarta.-Tramitación de solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública e presentaranse no rexistro da EGAP, polígono das Fontiñas 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Seguidamente efectuarase a selección dos participantes e esta notificaráselles directamente ós admitidos.

Quinta.-Prazo.

O prazo de presentación de instancias será de 15 días naturais, contados a partir da data de publicación da convocatoria.

Sexta.-Selección.

Os criterios de selección, dirixidos a concilia-las necesidades da organización na que prestan servicios os aspirantes e os intereses individuais destes, terán en conta a maior relación do posto de traballo desempeñado co contido do curso. Terán preferencia aqueles que non realizasen ningún curso de similares características ó convocado.

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto), pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades docentes da EGAP.

Sétima.-Modificacións.

A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailo contido do curso anunciado para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A EGAP reserva para si a facultade de anula-lo curso se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización. Fíxase en 15 o número mínimo de asistentes.

Oitava.-Desenvolvemento.

1. Duración: 30 horas.

2. Lugar: Santiago de Compostela.

3. Datas: do 15 de decembro de 1998 ó 4 de febreiro de 1999.

4. Horario: das 17 ás 20 horas.

5. Prazas: 35.

Novena.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselle-lo certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso, e é obrigatoria a asistencia a tódalas sesións. Toda inasistencia deberá ser xustificada convenientemente, sen que poida exceder en ningún caso do 15% das horas lectivas programadas.

Unha inasistencia superior ó 15% das horas lectivas programadas, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do correspondente certificado.

Décima.-Contido.

As potestades das administracións locais en relación coa prestación dos seus servicios: os servicios públicos esenciais. A sociedade con contribución única de capital municipal: procedemento, aspectos xurídicos e económicos na súa creación e xestión. As distintas formas societarias na conformación de sociedades mixtas para a xestión dos servicios: procedemento, aspectos xurídicos e económicos na súa creación e xestión. Os organismos autónomos municipais: procedemento, aspectos xurídicos e económicos na súa creación e xestión. A concesión de servicios públicos locais. A xestión interesada, o concerto e o aluguer. Os consorcios: as distintas formas segundo a participación doutras administracións públicas ou de entidades privadas sen ánimo de lucro. A estructura territorial para a prestación dos servicios públicos. As mancomunidades e outras fórmulas asociativas para a xestión. A xestión empresarial para a optimización dos recursos. O financiamento dos servicios públicos. A

participación dos cidadáns na xestión dos servicios públicos. Os dereitos e deberes dos usuarios dos servicios públicos.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

10544