Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.705

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 20 de novembro de 1998 pola que se recoñecen diversas escolas de navegación de lecer.

A Orde do 31 de xullo de 1998 desta consellería (DOG nº 164, do 25 de agosto de 1998), establece o mecanismo para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer.

Solicitando o dito recoñecemento por diversos centros, logo de cumprido o procedemento establecido, procede recoñecelos e realiza-la súa inscrición.

Polo exposto

RESOLVE:

Artigo 1º

Recoñecer como escolas de navegación de lecer nas categorías que correspondan os seguintes centros:

Escola de Navegación de Lecer (ENAL).

-Real Club Náutico de A Coruña, co CIF G-15043581, sito na localidade da Coruña, inscrita co nº XGEN001.

Escola Básica de Navegación de Lecer (ENAL Básica)

-Rocío Gil Gómez. NIF 34578814-Q, sito na localidade de Vigo (Pontevedra), e con denominación comercial Cainosa, inscrita co nº XGEN002.

-José Miguel Villa Sánchez. NIF 32431693Z, sito na localidade de Sada (A Coruña), e con denominación comercial Cadenote, inscrita co nº XGEN003.

-Real Club Naútico de Vigo. CIF G.36612752, sito na localidade de Vigo (Pontevedra), inscrita co nº XGEN004.

Artigo 2º

Inscribi-las citadas escolas no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1998.

Amancio Landín Jaraiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo y Acuicultura

10229