Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da rúa K-K' perpendicular á rúa da Estrada.

A Comisión de Goberno, en sesión extroarodinaria celebrada o seis de outubro de mil novecentos noventa e oito, acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización da rúa K-K' perpendicular á da Estrada, formulado mediante iniciativa parti

cular por A. Barreiro Soto, S.L. por subrogación no expediente incoado pola entidade mercantil Subildi, S.L., instrumento e obras redactado polo arquitecto Francisco Lorente Rivas, con visado da Delegación en Pontevedra do COAG con data do 20-8-1996 e plano número 7 intervido o 3-3-1997, que reforma e anula o correlatvio daquel, tendo que suxeitarse a determinadas condicións.

O que se fai público para a súa executividade subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte ó desta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 2 de novembro de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

10681