Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESURES

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión con data do 26-10-1998, aprobou inicialmente o estudio de detalle de iniciativa particular, promovido por Clotilde María Pérez Castaño e irmáns, en calidade de herdeiros de Mª del Carmen Castaño Zabala, referido ó solo urbano, na área delimitada polas parcelas nº 35 e 37 do camiño de San Xulián. Así mesmo, acordouse a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito territorial da citada parcela, delimitada polo norte: vivenda de José Meniño Fraga, sur: edificio de Sara Isolina Genoveva Noya Pena, leste: camiño de San Xulián, e oeste: zona verde.

Durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá ser examinado o expediente nas oficinas municipais e formula-las alegacións que procedan.

Pontecesures, 10 de novembro de 1998.

Victoriano Trenco Romay

Alcalde

10622