Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria con data do 30 de outubro de 1998, acordou aprobar inicialmente o proxecto modificado do proxecto de urbanización do sector 1 de Porto Avieira-A Gándara (Oroso) aprobado definitivamente polo Concello Pleno en sesión con data do 2 de agosto de 1993.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sometendo o proxecto aprobado a información pública polo prazo dun mes contado desde a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Oroso, 30 de outubro de 1998.

Eugenio Neira García

Alcalde-presidente

10667