Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 7 de outubro de 1998, aprobou a contratación mediante concurso para a adquisición de material de oficina para os diferentes servicios municipais, polo presente anuncio anúnciase a licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xeris.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a adquisición de material de oficina (material de escritura, papelería, accesorios e complementos entre outros).

b) Prazo de entrega (meses): o prazo máximo de entrega, nas instalacións municipais, será de 48 horas desde a súa petición polo Negociado de Contratación, coa excepción do material de imprenta, que será entregado nun prazo máximo de 7 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: será o resultado de aplicarlle ó material efectivamente subministrado, durante o ano, os prezos unitarios oferecidos polo adxudicatario, cos descontos que correspondan conforme a súa oferta.

5. Garantías.

Provisional: 200.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e CP: Lugo, 27001.

d) Teléfonos: 982 29 71 43, 982 29 71 86.

e) Telefax: 982 29 71 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados o prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sexta do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro, ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2. Domicilio: praza Maior, 1.

3. Localidade e CP: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores estimen convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: na primeira reunión da xunta de compras que se celebre, con posterioridade ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 16 de outubro de 1998.

Visto e prace

Joaquín Mª García Díez

Alcalde

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

10209