Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

Por resolución desta Alcaldía do día de hoxe, apróbase inicialmente o proxecto de estudio de detalle e o proxecto de compensación dunha parcela sita en Cacheiras, tramitado por instancia de Vilares Lugo, S.L.

A parcela ten unha superficie neta de 5.138,80 m e estrema:

Norte: Mª Teresa Filloy Chao, muro en medio, hoxe Bellavista Estradense, S.L.

Sur: Manuel Boo e parcela nº 350 de concentración parcelaria, Víctor Manuel Blanco do Souto, ambas con muro en medio.

Leste: medianil que, en parte, a separa de Manuel Boo.

Oeste: estrada de Santiago á Estrada e, en parte, a dita parcela de concentración parcelaria nº 350.

O expediente exponse ó público na secretaría do concello, polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Teo, 13 de novembro de 1998.

Armando Blanco Martínez

Alcalde

10650