Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Galega de Armadores de Transporte de Viaxeiros (Agartravi).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación Galega de Armadores de Transporte de Viaxeiros (Agartravi), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser socios da asociación, ademais dos señores constituíntes, as persoas físicas ou xurídicas armadores de buques de cabotaxe dedicados ó transporte de persoas na Comunidade Autónoma galega.

Asinan a acta de constitución: Alfredo Fernández Prieto, actuando en representación de Acquavisión, S.A., e sete persoas máis, representando a outras tantas persoas xurídicas.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

10607