En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación Gallega de Someliers-O Viñedo, que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á asociación os profesionais de hostalería e traballadores afíns, ou especialidades vinculadas a estes mesteres, que residan, exerzan ou exerceran a actividade na rexión galega ou fóra dela.
Asinan a acta de constitución: Jesús Sordo García e catro persoas máis.
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1998.
María José Cimadevila Cea
Directora xeral de Relacións Laborais
10697