Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Técnicos Superiores en Salud Ambiental.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación Técnicos Superiores en Salud Ambiental, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros da asociación todas aquelas persoas que posúan a titulación de técnico superior en saúde ambiental.

Asinan a acta de constitución: Evangelina Quintás Blanco e cinco persoas máis.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

10608