Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Productores de Plantas Ornamentais de Galicia (Asproga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación de Productores de Plantas Ornamentais de Galicia (Asproga), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á mencionada asociación os profesionais da producción de plantas ornamentais, así como as persoas xurídicas das que os seus membros se dediquen igualmente á mesma producción e que teñan en funcionamento explotación propia.

Asinan a acta de constitución: Jesús Priegue Martínez, en representación de Viveros A Granxa e vintetrés persoas máis, actuando en nome propio, ou con poder suficiente de representación.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

10610