Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.681

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Músicos Profesionales de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación de Músicos Profesionales de Galicia, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á mencionada asociación toda persoa dedicada especialmente á actividade musical e que sexa coñecida publicamente como profesional, así como os músicos titulados en calquera conservatorio oficial de música ou centro recoñecido, nacional ou estranxeiro.

Asinan a acta de constitución: Amador García Silva e seis persoas máis.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

10602