Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1998 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

En cumprimento do disposto no artígo 94.2º da Lei 13/1995, de 18 de maio, de contratos das administracións públicas, fanse públicas as adxudicacións definitivas dos seguintes contratos administrativos:

Subministración consistente na confección e elaboración de títulos de propiedasde resultantes da concentración parcelaria e impresos referentes ó proceso.

Orzamento base de licitación: nove millóns oitocentas setenta e dúas mil catrocentas corenta e cinco pesetas (9.872.445 ptas.), IVE incluído.

Data de adxudicación: 10 de setembro de 1998.

Contratista: Gráficas Sampar, S.L.

Importe de adxudicación: seis millóns trescentas sesenta mil duascentas oitenta pesetas (6.360.280 ptas.), IVE incluído.

Subministración consistente na adquisición de tubos de baleiro e agullas dun só uso para a realización do programa de saneamento gandeiro.

Orzamento base de licitación: trinta e tres millóns de pesetas (33.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Data de adxudicación: 13 de agosto de 1998.

Contratista: Becton Dickinson, S.A.

Importe de adxudicación: trinta e tres millóns de pesetas (33.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Subministración consistente na adquisición de marcas de identificación para gando vacún.

Orzamento base de licitación: vinteseis millóns duascentas cincuenta mil pesetas (26.250.000 ptas.), IVE incluído.

Data de adxudicación: 18 de setembro de 1998.

Contratista: Instrumental Quirúrgico y Material Ganadero, S.A.

Importe de adxudicación: vinteseis millóns duascentas corenta e nove mil setecentas pesetas (26.249.700 ptas.), IVE incluído.

Subministración consistente na adquisición de mobiliario e utensilios de oficina para centros de capacitación e axecias de extensión agraria.

Lote 1. Maquinas fotocopiadoras, de escribir, material de proxección, fax, cámaras fotográficas, calculadoras, etc.

Orzamento base de licitación: sete millóns cincocentas setenta e cinco mil pesetas (7.575.000 ptas.), IVE incluído.

Data de adxudicación: 29 de setembro de 1998.

Contratista: Nea Acsagal, S.L.U.

Importe de adxudicación: seis millóns seiscentas setenta mil duascentas pesetas (6.670.200 ptas.), IVE incluído.

Lote 2. Mobiliario de residencias, oficinas e lencería.

Orzamento base de licitación: seis millóns setecentas trinta e catro mil cento sesenta e cinco pesetas (6.734.165 ptas.), IVE incluído.

Data de adxudicación: 29 de setembro de 1998.

Contratista: Equipamientos Cavado, S.L.

Importe de adxudicación: cinco millóns trescentas sesenta mil pesetas (5.360.000 ptas.), IVE incluído.

Subministración consistente na adquisición de embrións de raza frisona para o Plan Integral de Mellora Xenética.

Orzamento base de licitación: trinta millóns de pesetas (30.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Data de adxudicación: 24 de setembro de 1998.

Contratista: Lote de 51 embrións: Semex España, S.A.

Lote de 50 embrións: LIL FARM CORP.

Importe de adxudicación: lote de 51 embrións: 16.780.275 ptas.

Lote de 50 embrións: 13.168.490 ptas.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997,

DOG nº 243, 17 de decembro)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

10340