Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/150-2, 5056 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. subterránea en Avda. Dr. Cabaneiro (A Pastoriza).

Situación: A Pastoriza.

Descricións técnicas: liña de media tensión aérea ó centro de transformación O Acebreiro a 20 kV sobre apoios metálicos e conductor LA-56 de 125 metros de lonxitude. Centro de transformación de intemperie do Acebreiro 20.000/380-220 V de 50 kVA. Rede de baixa tensión subterránea en Avda. Dr. Cabaneiro a 380/220 V en tubos de polietileno reticulado de alta densidade e conductor R.V. cunha lonxitude de 225 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 28 de outubro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

10192